Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 17 de outubro de 2019 Páx. 45734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 4 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de ampliación de explotación avícola, ata 76.751 polos de engorda, na parroquia de Lama Má, no concello de Baños de Molgas (Ourense) (expediente 2019/0013).

De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 4 de outubro de 2019, do proxecto de ampliación de explotación avícola, ata 76.751 polos de engorda, na parroquia de Lama Má, no concello de Baños de Molgas (Ourense), promovido por David Meno Fernández.

A dita declaración poderase consultar na ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático