Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 17 de outubro de 2019 Páx. 45663

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumpriren coas obrigacións legais fixadas.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2019, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2019, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2019

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2019

Convenio

Achega económica da consellería (€)

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Sanxenxo para a execución do proxecto denominado Adquisición, transformación e equipamento de vehículo para a policía local, destinado a labores de protección do ambiente e información cidadá.

60.000 €

2.5.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello da Gudiña, para a execución do proxecto denominado Reforma e adaptación de nave para maquinaria do grupo de emerxencias supramunicipal.

30.750 €

9.5.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación de Cans de Salvamento de Galicia CASAGA en materia de protección civil.

11.000 €

10.5.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.

18.000 €

10.5.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia, O Concello de Baiona e Abanca Corporación Bancaria, S.A., para a celebración da Festa da Arribada da Carabela Pinta 2019.

10.000 €

13.5.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia, o Concello de Catoira e Abanca Corporación Bancaria, S.A., para a celebración da Romaría Viquinga 2019.

10.000 €

13.5.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia, Información e Comunicación Local, S.A. (Incolsa) e Abanca Corporación Bancaria, S.A., para a celebración das festas do Apóstolo 2019.

10.000 €

13.5.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia, O Concello de Ortigueira e Abanca Corporación Bancaria, S.A., para a celebración do Festival Internacional do Mundo Celta.

10.000 €

13.5.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia, o Concello de Ponteareas e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da festa do Corpus Christi 2019.

10.000 €

13.5.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia, o Concello de Vilagarcía de Arousa e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración das festas de San Roque 2019.

5.000 €

13.5.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia, o Concello de Xinzo de Limia e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración do Entroido.

5.000 €

13.5.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Arbo, para a execución do proxecto denominado Infraestruturas e saneamento no camiño á Granxa-Cabezudos e drenaxe no camiño Pedreira-Cabeiras.

59.992,19 €

15.5.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Mañón, para a execución do proxecto denominado limpeza de camiños e rutas de senderismo do Río Sor.

23.367,10 €

16.5.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia, a Asociación Cultural Festas do Mar de Muxía, e Abanca Corporación Bancaria, S.A., para a celebración da Romaría da Nosa Señora da Barca 2019.

5.000 €

16.5.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia, o Concello da Estrada e Abanca Corporación Bancaria, S.A., para a celebración da Rapa das Bestas de Sabucedo 2019.

10.000 €

16.5.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Axencia Turismo de Galicia, o Concello de Arbo e Abanca Corporación Bancaria, S.A., para a celebración da LIX Festa da Lamprea de Arbo.

5.000 €

16.5.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Universidade de Vigo, para o desenvolvemento de medidas do pacto de estado contra a violencia de xénero.

100.000 €

21.5.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Universidade de Santiago, para o desenvolvemento de medidas do pacto de estado contra a violencia de xénero.

100.000 €

21.5.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Universidade da Coruña, para o desenvolvemento de medidas do pacto de estado contra a violencia de xénero.

100.000 €

21.5.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Outeiro de Rei, para a execución do proxecto denominado Ampliación de nave para xestión das actuacións de mantemento ambiental e emerxencias.

120.000 €

23.5.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia para a posta en marcha dun servizo de quenda de garda social, especializada e permanente para mulleres e os seus fillos e fillas menores, que sofren violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia.

253.352 €

31.5.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps) para a realización do proxecto Prestación de axuda sanitaria na Wilaya de Bojador e construción do centro de cancro de mama, na Daira o 27 de febreiro na Wilaya de Bojador.

75.000 €

5.6.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Melón, no marco do disposto na disposición transitoria primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías de xulgados de Paz.

9.500 €

5.6.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, para a execución do proxecto Cooperación Local no Mundo Global.

60.000 €

7.6.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Fundación Meniños para a posta en marcha dun programa de intervención con mulleres vítimas de violencia sexual en Galicia.

50.000 €

7.6.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e a Asociación España con ACNUR (Comité Español do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os refuxiados) para o proxecto Protección e resposta á violencia sexual e de xénero de poboación refuxiada congoleña en Uganda.

130.000 €

12.6.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e a Axencia de Nacións Unidas para os refuxiados de Palestina en España (UNRWA España) para o proxecto Prevención da violencia de xénero a través de iniciativas de protección impulsadas polas comunidades de persoas refuxiadas de Palestina no Líbano.

130.000 €

12.6.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e a Asamblea de Cooperación pola Paz para o proxecto Reducir o risco e mellorar a resiliencia fronte á violencia machista das mulleres, nenas e nenos pertencentes á poboación refuxiada, desprazada ou retornada en asentamentos da rexión de Diffa, Níxer.

40.000 €

12.6.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e a Asociación AIDA, Axuda, Intercambio e Desenvolvemento, para o proxecto Jina Al Dar-Prevención da violencia de xénero en campamentos de refuxiados Sirios e Palestinos no Líbano.

40.000 €

12.6.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e a Fundación Educación e Cooperación, para o proxecto Resposta Crise Refuxiados Rohingya.

40.000 €

12.6.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e a Fundación Entreculturas Fe e Alegría, para o proxecto Identificación e creación de mecanismos para afrontar a violencia de adolescentes e mulleres refuxiadas na fronteira sur de México.

40.000 €

12.6.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e Farmacéuticos Mundi, para o proxecto Fortalecer os recursos locais de prevención e protección das mulleres e nenas superviventes de violencia sexual (VS) e violencia basada no xénero (VBX) nos asentamentos informais de poboación refuxiada en Eastliegh North, Nairobi, baixo un enfoque de restitución integral e promoción dos dereitos sexuais e reprodutivos (DSR).

40.000 €

12.6.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e Médicos do Mundo para o proxecto Persoas que se moven: as violencias de xénero que afectan as mulleres, nenas, nenos, poboación LGTBI e Indíxenas no proceso migratorio mesoamericano.

40.000 €

12.6.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación de Veciños María Magdalena de Cedofeita.

10.000 €

13.6.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello da Lama, para a execución do proxecto denominado Mellora de Pavimento na Vía Municipal 1C.1.0455 en Casavella-Seixido.

64.073,79 €

18.6.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Galega de Apicultura en materia de protección civil.

22.500 €

21.6.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Valga para o equipamento dos novos locais do xulgado de Paz.

10.000 €

24.6.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Portas para a execución do proxecto denominado Instalación de Bombeo en Xagobe-Vilavedra.

31.082,92 €

1.7.2019

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, e os concellos de Melide e Palas de Rei, para o mantemento dunha brigada de emerxencias (Protección Civil).

30.000 €

1.7.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e Unicef Comité Español para actuacións de inclusión social da infancia e da adolescencia na Habana Vella.

40.000 €

1.7.2019

Convenio entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e máis a Deputación Provincial da Coruña, relativo á Escola de Verán do Poder Xudicial, programa de formación continua dos/das integrantes da carreira xudicial para o ano 2019.

25.000 €

2.7.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados y Mariscos (Anfaco-Cecopesca) no marco da iniciativa de desenvolvemento do sector acuícola e pesqueiro artesanal na Baía de Sechura, Perú.

50.000 €

5.7.2019

Addenda de prórroga ao Convenio entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, o Ministerio de Xustiza, a Comunidade Autónoma de Galicia e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas externas en xulgados e tribunais.

0 €

15.7.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar (Fundación Cetmar) no marco da iniciativa de desenvolvemento do sector acuicola e pesqueiro artesanal na Baía de Sechura, Perú.

317.097,87 €

16.7.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Fundación Ayuda en Acción, no marco da iniciativa de desenvolvemento do sector acuícola e pesqueiro artesal na Baía de Sechura, Perú.

200.000 €

16.7.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Crecente para a execución do proxecto denominado Mellora da rede de abastecemento en Albeos, Vilar e O Freixo.

36.289,92 €

16.7.2019

Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería do Mar para reforzar ao persoal de Gardacostas na loita contra o furtivismo na Comunidade Autónoma.

60.000 €

18.7.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello do Rosal para a execución do proxecto denominado Adquisición de vehículo de Policía Local para tarefas ambientais.

35.000 €

26.7.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Aliad-Ultreia para o mantemento dun dispositivo de acollida para a atención a mulleres vítimas de explotación sexual e trata no marco do pacto de estado contra a violencia de xénero.

35.000 €

26.7.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Allariz en materia de prevención de riscos nos camiños Francés, Portugués e da Vía da Prata e axuda aos/ás peregrinos/as.

3.111,16 €

1.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Ames en materia de prevención de riscos nos camiños Francés, Portugués e da Vía da Prata e axuda aos/ás peregrinos/as.

1.894,74 €

1.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Amoeiro en materia de prevención de riscos nos camiños Francés, Portugués e da Vía da Prata e axuda aos/ás peregrinos/as.

1.688,75 €

1.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Baños de Molgas en materia de prevención de riscos nos camiños Francés, Portugués e da Vía da Prata e axuda aos/ás peregrinos/as.

1.558,94 €

1.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Boqueixón en materia de prevención de riscos nos camiños Francés, Portugués e da Vía da Prata e axuda aos/ás peregrinos/as.

2.583,14 €

1.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Caldas de Reis en materia de prevención de riscos nos camiños Francés, Portugués e da Vía da Prata e axuda aos/ás peregrinos/as.

4.286,38 €

1.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Coles en materia de prevención de riscos nos camiños Francés, Portugués e da Vía da Prata e axuda aos/ás peregrinos/as.

1.586,01 €

1.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil de Cualedro-Monterrei en materia de prevención de riscos nos camiños Francés, Portugués e da Vía da Prata e axuda aos/ás peregrinos/as.

4.986,74 €

1.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Mos en materia de prevención de riscos nos camiños Francés, Portugués e da Vía da Prata e axuda aos/ás peregrinos/as.

3.450,46 €

1.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Padrón en materia de prevención de riscos nos camiños Francés, Portugués e da Vía da Prata e axuda aos/ás peregrinos/as.

4.328,17 €

1.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Palas de Rei en materia de prevención de riscos nos camiños Francés, Portugués e da Vía da Prata e axuda aos/ás peregrinos/as.

6.110,95 €

1.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Piñor en materia de prevención de riscos nos camiños Francés, Portugués e da Vía da Prata e axuda aos/ás peregrinos/as.

2.255,01 €

1.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Portas en materia de prevención de riscos nos camiños Francés, Portugués e da Vía da Prata e axuda aos/ás peregrinos/as.

1.778,64 €

1.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Portomarín en materia de prevención de riscos nos camiños Francés, Portugués e da Vía da Prata e axuda aos/ás peregrinos/as.

6.802,59 €

1.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Riós en materia de prevención de riscos nos camiños Francés, Portugués e da Vía da Prata e axuda aos/ás peregrinos/as.

3.011,61 €

1.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de San Cristovo de Cea en materia de prevención de riscos nos camiños Francés, Portugués e da Vía da Prata e axuda aos/ás peregrinos/as.

3.041,88 €

1.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Sarreaus en materia de prevención de riscos nos camiños Francés, Portugués e da Vía da Prata e axuda aos/ás peregrinos/as.

1.881,49 €

1.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Teo en materia de prevención de riscos nos camiños Francés, Portugués e da Vía da Prata e axuda aos/ás peregrinos/as.

2.962,85 €

1.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Vilamarín en materia de prevención de riscos nos camiños Francés, Portugués e da Vía da Prata e axuda aos/ás peregrinos/as.

1.982,63 €

1.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Vilar de Barrio en materia de prevención de riscos nos camiños Francés, Portugués e da Vía da Prata e axuda aos/ás peregrinos/as.

1.995,38 €

1.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Xinzo de Limia en materia de prevención de riscos nos camiños Francés, Portugués e da Vía da Prata e axuda aos/ás peregrinos/as.

3.033,11 €

1.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Pontevedra en materia de prevención de riscos nos camiños Francés, Portugués e da Vía da Prata e axuda aos/ás peregrinos/as.

5.113 €

2.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello do Porriño en materia de prevención de riscos nos camiños Francés, Portugués e da Vía da Prata e axuda aos/ás peregrinos/as.

6.550,31 €

2.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello da Gudiña en materia de prevención de riscos nos camiños Francés, Portugués e da Vía da Prata e axuda aos/ás peregrinos/as.

4.606,05 €

2.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Redondela en materia de prevención de riscos nos camiños Francés, Portugués e da Vía da Prata e axuda aos/ás peregrinos/as.

5.679,57 €

2.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Federación de asociacións de persoas xordas de Galicia (FAXPG) para garantir unha atención integral ás mulleres xordas que sufran violencia de xénero, no marco do pacto de Estado contra a violencia de xénero.

40.000 €

5.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Augas de Galicia e a Fundación Universidade da Coruña para o proxecto Fortalecemento de capacidades técnicas e operativas para a mellora da xestión dos recursos hídricos en Mozambique (AQUA-MOZ).

100.000 €

6.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Porqueira para a execución do proxecto denominado Protección e mantemento de espazos públicos.

15.000 €

7.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Lalín en materia de prevención de riscos nos camiños Francés, Portugués e da Vía da Prata e axuda aos/ás peregrinos/as.

3.726 €

8.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Monterroso en materia de prevención de riscos nos camiños Francés, Portugués e da Vía da Prata e axuda aos/ás peregrinos/as.

3.920,75 €

8.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Vilaboa en materia de prevención de riscos nos camiños Francés, Portugués e da Vía da Prata e axuda aos/ás peregrinos/as.

2.312,69 €

8.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Ourense en materia de prevención de riscos nos camiños Francés, Portugués e da Vía da Prata e axuda aos/ás peregrinos/as.

3.000,46 €

8.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Nós Mesmas para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais).

4.000 €

8.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Comité Cidadán Antisida da Coruña (CASCO) para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais).

4.000 €

8.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e a Asociación de familias de menores trans (ARELAS) para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais).

4.000 €

8.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación pola liberdade afectiva e sexual da Coruña (ALAS CORUÑA) para o desenvolvemento de actividades dirixidas ao colectivo LGTBI (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais).

4.000 €

8.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Noia para a execución do proxecto denominado Adquisición de vehículo híbrido para tarefas no eido ambiental.

27.871,50 €

9.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Meaño para a execución do proxecto denominado Instalación de climatización e mellora enerxética da iluminación da escola infantil de Meaño.

17.008,37 €

13.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e máis a Fundación Galega contra o Narcotráfico, para a xestión de bens comisados en delitos contra o narcotráfico e conexos.

15.000 €

14.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Agrupación de Persoal Voluntario de Protección Civil do Concello de Xunqueira de Ambía en materia de prevención de riscos nos camiños Francés, Portugués e da Vía da Prata e axuda aos/ás peregrinos/as.

2.679,50 €

14.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Mos para a execución do proxecto denominado Limpeza de gabias e marxes de camiños municipais.

50.000 €

20.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Antas de Ulla para a execución do proxecto denominado Brigada ambiental para a xestión da auga e protección e mantemento de espazos naturais.

20.547 €

22.8.2019

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e os concellos de Melide e Palas de Rei, para o mantemento dunha brigada de emerxencias (Protección Civil).

0 €

26.8.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e a Asociación AIDA, axuda, intercambio e desenvolvemento para atención sanitaria a nenos con necesidades especiais e defensa dos dereitos da paciente en Guinea Bissau.

85.078,50 €

26.8.2019

ANEXO II

Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2019

Convenio

Importe €

Data da sinatura

Segunda Addenda ao Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias, sobre a detección de supostos de vulnerabilidade con ocasión do lanzamento de vivenda familiar e medidas de carácter social e sobre cesión de datos nos procedementos de desafiuzamento e execución hipotecaria.

0 €

9.4.2019