Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 17 de outubro de 2019 Páx. 45676

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se redistribúen os créditos orzamentarios recollidos na Orde do 17 de abril de 2019 pola que se procede á primeira convocatoria do procedemento TR301K pola que se subvencionan as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para os exercicios 2019 e 2020.

Mediante a Orde do 17 de abril de 2019, que se publicou no Diario Oficial de Galicia número 86, do 7 de maio, convocáronse subvencións para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia para os exercicios 2019 e 2020.

No artigo 2 da orde de convocatoria recóllese o financiamento das axudas previstas con cargo ás aplicacións orzamentarias 09.41.323A.460.1, 09.41.323A.471.0 e 09.41.323A.481.0, cunha contía inicial de 36.000.000 € distribuída entre as anualidades 2019 (6.000.000 €) e 2020 (30.000.000 €) correspondentes a fondos finalistas do Estado.

No mesmo artigo 2 establécese que eses créditos poderán ser obxecto de modificacións nos supostos e nas condicións previstos nos artigos 30 e 31 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Unha vez instruídos os expedientes e obtida a relación de solicitudes que cumpren coas condicións establecidas nas bases reguladoras para adquirir a condición de entidade beneficiaria, faise necesario realizar unha redistribución do crédito entre as distintas aplicacións orzamentarias.

De acordo co disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro de 2009) cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da devandita distribución non precisará de nova convocatoria pero sí das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás axudas convocadas pola Orde do 17 de abril de 2019 pola que se procede á primeira convocatoria do procedemento TR301K pola que se subvencionan as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para os exercicios 2019 e 2020, redistribuíndo o antedito crédito da seguinte maneira, sen variar o orzamento total:

Anualidade 2019:

Aplicación orzamentaria

Orzamento inicial

Modificacións

Orzamento final

09.41.323A.460.1

600.000,00

35.929,09

635.929,09

09.41.323A.471.0

3.600.000,00

281.421,15

3.881.421,15

09.41.323A.481.0

1.800.000,00

-317.350,24

1.482.649,76

Total

6.000.000,00

6.000.000,00

Anualidade 2020:

Aplicación orzamentaria

Orzamento inicial

Modificacións

Orzamento final

09.41.323A.460.1

2.130.000,00

306.980,13

2.436.980,13

09.41.323A.471.0

21.870.000,00

-1.909.482,27

19.960.517,73

09.41.323A.481.0

6.000.000,00

1.602.502,14

7.602.502,14

Total

30.000.000,00

30.000.000,00

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2019

Pablo Casal Espido
Director xeral de Orientación e Promoción Laboral