Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 17 de outubro de 2019 Páx. 45722

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (PO 177/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Jesús Tejo Nieto contra Elecnor, S.A ., Malga, S.L., Pedro Moreno Vázquez, (Fogasa) Fondo de Garantía Salarial, en reclamación por ordinario, rexistrado co nº de procedemento ordinario 177/2017, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar Malga, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 16.12.2019 ás 10.45 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio na rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, aos cales poden comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidos de avogado ou representados tecnicamente por graduado social colexiado, ou representados por procurador, porán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Malga, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza