Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 18 de outubro de 2019 Páx. 45890

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2019 pola que se nomean funcionarios/as de carreira das distintas escalas polo sistema de promoción interna.

Vista a proposta elevada polos tribunais cualificadores das probas selectivas para o ingreso, polo sistema de promoción interna, nas distintas escalas da Universidade da Coruña, convocadas mediante a Resolución do 20 de agosto de 2018 (DOG do 13 de setembro).

Verificada a concorrencia nos/nas aspirantes aprobados/as dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.

De acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, e nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro.

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, e da delegación de competencias operada por Resolución reitoral do 12 de xaneiro de 2016,

RESOLVE:

Primeiro. Nomear funcionarios/as de carreira das distintas escalas da Universidade da Coruña os/as aspirantes aprobados/as polo sistema de promoción interna que se relacionan no anexo.

Segundo. Para adquiriren a condición de funcionario/a de carreira, as persoas que se relacionan deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición, ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 7 de outubro de 2019

Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

Subgrupo A1-Escala técnica superior

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Puntuación total

1

***5315**

Bouzas Gómez, José Antonio

102,65

Subgrupo A1-Escala técnica superior-subescala arquitecto técnico

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Puntuación total

1

***1744**

Arias Vázquez, María Dolores

118,75

Subgrupo A1-Escala técnica superior-subescala documentalista

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Puntuación total

1

***6071**

Fernández Fernández, Mª del Mar Rita

100,37

Subgrupo A1-Escala técnica superior-subescala informática

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Puntuación total

1

***0698**

Moar Graña, Ana Belén

116,45

2

***0148**

López Rivas, Antonio Daniel

114,98

3

***1955**

González Mirón, Miguel

113,78

4

***3584**

Paniagua Fernández, José Luis

107,38

5

***6815**

Marqués Solla, Ricardo

104,67

6

***0040**

Pais Suárez, Francisco

104,52

7

***1880**

Alfonso Pita, María del Rocío

99,58

8

***9549**

Álvarez López, Delia Josefina

91,25

9

***0404**

Rodríguez Díaz, Carlos

84,65

Subgrupo A2-Escala técnica de grao medio

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Puntuación total

1

***7494**

Fernández Galdo, Pablo José

63,66

Subgrupo A2-Escala técnica de grao medio-subescala informática

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Puntuación total

1

***7484**

Rodríguez Casal, Francisco

75,85

2

***1226**

Cobelo Juncal, Marcos

72,50

3

***7419**

López-Cortón Díaz, Carlos

71,65

4

***4532**

Chico Porca, Francisco Javier

65,10

Subgrupo A2-Escala técnica de grao medio-subescala secretario técnico

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Puntuación total

1

***6693**

Docampo Ramos, María Isabel

85,86

Subgrupo C1-Escala técnica de especialistas-subescala conserxe

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Puntuación total

1

***3714**

Calviño Añón, Francisco Javier

72,61