Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 18 de outubro de 2019 Páx. 45946

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de notificación de orde de execucion á titular do predio coa referencia catastral 32076A005000640000UY.

Ao non ser posible a notificación de forma habitual, e segundo o establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como o establecido no artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e polo artigo 20 da Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, ponse en coñecemento de Josefa Barandela Grande o seguinte:

«Unha vez visto o expediente 1125/2019, relativo ao incumprimento das obrigas previstas no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, respecto ao predio coa referencia catastral 32076A005000640000UY, localizado no polígono 5, parcela 64, aldea de Outeiro Calvo, cunha extensión de 373 m2, e inscrito no catastro a nome de Josefa Barandela Grande.

En cumprimento do disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, requírese a propietaria, arrendataria ou usufrutuaria da parcela coa referencia catastral 32076A005000640000UY, localizada no polígono 5, parcela 64, e inscrita no Catastro a nome de Josefa Barandela Grande, para que no prazo de quince (15) días execute os traballos de limpeza da maleza existente no predio de referencia, coa advertencia da facultade do Concello da realización da execución subsidiaria ou ben forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas, e advírteselle que está obrigada a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa».

San Cibrao das Viñas, 9 de outubro de 2019

M. Pedro Fernández Moreiras
Alcalde