Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 18 de outubro de 2019 Páx. 45947

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de notificación de orde de execución ao titular do predio coa referencia catastral 32076A002002150000UI.

Ao non ser posible a notificación de forma habitual, e segundo o establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como o establecido no artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e polo artigo 20 da Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, ponse en coñecemento de Manuel Rodríguez Pérez o seguinte:

«Unha vez visto o expediente 820/2019, con data do 12 de abril de 2019, relativo ao incumprimento das obrigas previstas no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, respecto ao predio coa referencia catastral 32076A002002150000UI, cunha extensión de 19.851 m², e inscrito no Catastro a nome de Manuel Rodríguez Pérez.

En cumprimento do disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, requírese o propietario, arrendatario ou usufrutuario da parcela coa referencia catastral 32076A002002150000UI, localizada na Farixa e inscrita no Catastro a nome de Manuel Rodríguez Pérez, para que no prazo de quince (15) días execute os traballos de limpeza da maleza existente no predio de referencia, coa advertencia da facultade do concello da realización da execución subsidiaria ou ben forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas, e advírteselle que está obrigado a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa».

San Cibrao das Viñas, 9 de outubro de 2019

M. Pedro Fernández Moreiras
Alcalde