Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 21 de outubro de 2019 Páx. 46182

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño

EDICTO (79/2018).

Eu, José Antonio Romasanta Ageitos, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño (Ourense), mediante este edicto anuncio que, en virtude do acordado no procedemento 79/2018, e de conformidade co artigo 497.2 da Lei de axuizamento civil (LAC), se lle notifica a Sara Graciele Santana a Sentenza 43/2018, do 24 de setembro de 2018, contra a cal cabe recurso de apelación no prazo de vinte días.

Fáiselle saber que a dita resolución estará á súa disposición nas oficinas do xulgado.

O Carballiño, 6 de setembro de 2019

O letrado da Administración de xustiza