Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 21 de outubro de 2019 Páx. 46180

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (DCT 965/2017).

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, polo presente, anuncio:

No presente procedemento de divorcio contencioso 965/2017 seguido por instancia de Mª José Castro Carrera fronte a Gin San Junior se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza nº 248

En Vigo, 27 de xuño de 2019.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Vigo e o seu partido viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 965/2017 sobre disolución por matrimonio por divorcio, actuando como demandante María José Castro Carrera, representada polo procurador dos tribunais Francisco Javier Soaje Renard e con asistencia letrada Patricia Álvarez Alonso, contra Gin San Junior, declarado en situación de rebeldía procesual, e no que interveu o Ministerio Fiscal, sobre a base dos seguintes (seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolvo:

Na demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. Soaje Renard, en nome e representación de María José Castro Carrera, contra Gin San Junior, declarado en situación de rebeldía procesual, estimo esta e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado os referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración, e realizo os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. A garda e custodia dos fillos menores atribúese á Sr. Castro Carrera, e a patria potestade será compartida por ambos os proxenitores.

Segundo. O Sr. San Junior poderá relacionarse e ter na súa compañía os seus fillos nos termos establecidos no fundamento de dereito cuarto da presente resolución.

Terceiro. O Sr. San Junior satisfará en concepto de alimentos para os seus fillos a cantidade de 300 euros mensuais, que se ingresarán dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que para o efecto designe a nai. A dita actualizase anualmente conforme a variación que experimente o índice de prezos do consumo que fixe o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.

Cuarto. Ambos os dous proxenitores aboarán por metade os gastos extraordinarios dos menores, entre eles, os médicos non cubertos pola Seguridade Social. Non se considerarán gastos extraordinarios os libros de texto, material escolar, uniformes, comedor, transporte escolar nin as actividades extraescolares.

Quinto. O uso da vivenda e enxoval familiar atribúese á Sra. Castro Carrera.

Non procede facer especial pronunciamento sobre as costas.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Así, por esta a miña sentenza da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o devandito demandado, Gin San Junior, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 26 de setembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza