Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 22 de outubro de 2019 Páx. 46278

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 69, do 7 de abril), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 3 de outubro de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 31 de maio de 2019 (DOG núm. 107, do 7 de xuño) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Realizar os trámites oportunos para publicar as cualificacións obtidas polos aspirantes que se presentaron ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, no lugar onde se realizou o exercicio, e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Segundo. De conformidade co establecido na base II.1.1.2 da orde da convocatoria, superaron o segundo exercicio os aspirantes que obtiveron unha cualificación mínima de quince (15) puntos.

Terceiro. Segundo o disposto na base II.1.2.7 da orde da convocatoria, as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes nos exercicios da oposición están publicadas no lugar onde se realizou a proba e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal. Os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas cualificacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. A teor da Comunicación do 19 de xullo de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, todos os aspirantes que superaron o segundo exercicio están en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro), pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

En consecuencia, de acordo co disposto na base II.1.1.3 da orde da convocatoria, decláranse todas as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio exentas de realizar o terceiro exercicio do proceso selectivo.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2019

Regina Losada Trabada
Presidenta do tribunal