Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 22 de outubro de 2019 Páx. 46266

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do xurado de selección que analizará e valorará as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2018/19.

En virtude da autorización conferida pola disposición derradeira primeira da Orde do 17 de setembro de 2019 pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2018/19, e de conformidade co establecido no artigo 11 desa orde, en relación coa composición do xurado de selección encargado da análise e valoración das solicitudes,

DISPOÑO:

Primeiro. Designar os membros do xurado de selección que deberá analizar e valorar as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2018/19 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo. O xurado poderá dispoñer a constitución dunha comisión técnica especializada para colaborar na valoración dos méritos dos aspirantes.

Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2019

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

Xurado de selección

a ) Modalidade de Música.

Presidente: Álvaro Ariño Roure, xefe do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial, por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

Rosalía Polo Cal, inspectora de Educación.

Gustavo Lorenzo Prozzo, inspector de Educación.

Ana María López Díaz, asesora de ensinanzas de réxime especial.

Secretaria: María Rosario Ureña Lara, asesora de ensinanzas de réxime especial.

b) Modalidade de Danza.

Presidente: Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

Álvaro Ariño Roure, xefe do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial.

Rubén Vázquez Rodríguez, inspector de Educación.

María Ángeles Gayoso Diz, profesora de Música e Artes Escénicas.

Secretaria: María Rosario Ureña Lara, asesora de ensinanzas de réxime especial.

c) Modalidade de Artes Plásticas e Deseño.

Presidente: Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

Álvaro Ariño Roure, xefe do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial.

Jesús Risueño López, inspector de Educación.

Gonzalo Porral Mato, profesor de Artes Plásticas e Deseño.

Secretaria: María Rosario Ureña Lara, asesora de ensinanzas de réxime especial.