A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.
En consecuencia, por proposta da Consellería de Política Social, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 17 de outubro de 2019, adoptou o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.
Segundo. Clasifícase de libre designación o posto que a seguir se relaciona, en aplicación do criterio de excepcionalidade que á marxe se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e segundo o previsto no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.
Libre designación
Código do posto |
Denominación do posto |
Criterio |
PS.C03.00.000.15770.125 |
Responsable área de escolas infantís |
Especial responsabilidade de conformidade co artigo 7.b) do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia |
Terceiro. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 17 de outubro de 2019, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Política Social, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2019
O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública