Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 24 de outubro de 2019 Páx. 46525

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2019, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna e cambio de categoría, na categoría 033 (bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 182, do 25 de setembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 22 de outubro de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 17 de decembro de 2018 (DOG núm. 4, do 7 de xaneiro), modificada polas ordes do 7 de febreiro de 2019 (DOG núm. 33, do 15 de febreiro), 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 49, do 11 de marzo) e 8 de abril de 2019 (DOG núm. 75, do 17 de abril), acordou, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptar os seguintes acordos:

Primeiro. Por Resolución do 16 de setembro de 2019 deste tribunal e de acordo co establecido na base II.1.1.2 da convocatoria, con carácter previo á realización do segundo exercicio, as persoas aspirantes deberían achegar á Dirección Xeral da Función Pública, no prazo máximo de dez (10) días a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, un certificado médico oficial ou informe sobre o seu estado de saúde, asinado por un colexiado en exercicio, en que se fixese constar:

«que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico».

Unha vez comprobados todos os certificados achegados polas persoas aspirantes, quedan excluídos da realización do segundo exercicio do proceso selectivo:

DNI

Apelidos e nome

1

***2096**

González García, Juan José

2

***7282**

Montenegro y Laguela, Luis

3

***7328**

Rivas Fernández, José Antonio

Segundo. Convócanse as persoas aspirantes para a realización do segundo exercicio do proceso selectivo os días 29 e 30 de outubro, en chamamento único, na empresa Prevención de Riesgos Laborales Qualtis, S.L.U., situada na Vía Pasteur, 45, polígono do Tambre, 15890 Santiago de Compostela (A Coruña) segundo a distribución que se indica a seguir:

– Día 29 de outubro de 2019:

• Ás 14.45 horas, de Salvado Botana, Alejandro a Calvo Bello, Marcial José.

• Ás 17.45 horas, de Castro Canosa, José Ángel a Gómez Fernández, Pedro.

– Día 30 de outubro de 2019:

• Ás 14.45 horas, de Gómez Sánchez, Francisco Javier a Pérez Mourín, Jesús.

• Ás 17.45 horas, de Pico Blanco, Cosme a Rúa Vázquez, Miguel.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.13, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2019

Ángel Romero Baleirón
Presidente do tribunal