Na sesión que tivo lugar o día 22 de outubro de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 17 de decembro de 2018 (DOG núm. 4, do 7 de xaneiro), modificada polas ordes do 7 de febreiro de 2019 (DOG núm. 33, do 15 de febreiro), 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 49, do 11 de marzo) e 8 de abril de 2019 (DOG núm. 75, do 17 de abril), acordou, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptar os seguintes acordos:
Primeiro. Por Resolución do 16 de setembro de 2019 deste tribunal e de acordo co establecido na base II.1.1.2 da convocatoria, con carácter previo á realización do terceiro exercicio, as persoas aspirantes deberían achegar á Dirección Xeral da Función Pública, no prazo máximo de dez (10) días, a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, un certificado médico oficial ou informe sobre o seu estado de saúde, asinado por un colexiado en exercicio, en que se fixese constar:
«que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico».
Unha vez comprobados todos os certificados achegados polas persoas aspirantes, quedan excluídos da realización do terceiro exercicio do proceso selectivo:
Nº |
DNI |
Apelidos e nome |
1 |
***7328** |
Rivas Fernández, José Antonio |
2 |
***1018** |
Ulloa Vázquez, José Manuel |
3 |
***2736** |
Vilarín González, Jesús |
Segundo. Convócanse as persoas aspirantes para a realización do terceiro exercicio do proceso selectivo os días 28 e 31 de outubro, en chamamento único, na empresa Prevención de Riesgos Laborales Qualtis, S.L.U., situada na Vía Pasteur, 45, polígono do Tambre, 15890 Santiago de Compostela (A Coruña) segundo a distribución que se indica a seguir:
– Día 28 de outubro de 2019, categorías 14 (bombeiro/a forestal), 14A (bombeiro/a forestal condutor):
• Ás 10.00 horas, de Soneira Fernández, Jesús Manuel a González Pérez, Ángel.
• Ás 15.30 horas, de González Requejo, Óscar a Rúa Pandelo, Manuel.
– Día 31 de outubro de 2019, categoría 10B (vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais), ás 15.00 horas, a totalidade das persoas aspirantes.
Terceiro. De acordo co disposto na base III.13, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2019
Ángel Romero Baleirón
Presidente do tribunal