Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 24 de outubro de 2019 Páx. 46555

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2019/174-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Xunta de Compensación do polígono 2 do SUP 2 de Cornes.

Domicilio social: rúa Xeneral Pardiñas, 18-entrep. D-E, 15701 Santiago de Compostela.

Denominación: proxecto de liñas subterráneas de alta tensión e CT de 400 kVA para dotar de servizo eléctrico a urbanización do polígono 2 SUP-2 en Cornes.

Situación: rúa Manuel Beiras, s/n, Polígono 2 SUP-2 en Cornes, 15706. Santiago de Compostela.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea de 20 kV con inicio e fin no centro de transformación de distribución 15CI57, logo de entrar no centro de transformación proxectado CT3 e saír no CT1, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x240 mm2) Al, lonxitude total 969 m.

Tres centros de transformación:

– CT1 e CT2 subterráneos prefabricados, manobra interior 2L 1P telecontrolado con transformador de 400 kVA, refrixeración natural, en baño de aceite mineral e relación de transformación 20/0,40 kV.

– CT3 non prefabricado en local de planta baixa, manobra interior 2L 1P telecontrolado con transformador de 400 kVA, refrixeración natural, en baño de aceite mineral e relación de transformación 20/0,40 kV.

Unha vez cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Esta autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que poida incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra este acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 11 de outubro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña