Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 24 de outubro de 2019 Páx. 46536

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

ANUNCIO do 11 de outubro de 2019 polo que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convocan a concurso público prazas de persoal docente e investigador contratado.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril); no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario; nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), da Xunta de Galicia, modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro); no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, e na Normativa pola que se regula o procedemento para a selección de persoal docente e investigador interino e laboral contratado, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 30 de abril de 2014, esta reitoría resolve anunciar a publicación da convocatoria de concurso público para a contratación de persoal docente e investigador nas seguintes categorías:

• Profesor contratado interino de substitución: 5 prazas.

• Profesor asociado: 8 prazas.

A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude, etc.) pódese consultar no taboleiro electrónico oficial da UDC e na páxina web da Universidade:

http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/

O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de outubro de 2019

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 12.1.2016)
Alberto Valderruten Vidal
Vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente