Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 24 de outubro de 2019 Páx. 46537

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (137/2018).

Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento de seguridade social 137/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Eugenia Franqueira Candal contra Mutua Maz, Instituto Nacional da Seguridade Social, Shivshi, S.L., Adm. concursal de Shivshi, S.L., sobre seguridade social, se ditou Resolución do 30.9.2018, contra a cal non se pode interpor recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo do establecido no artigo 191.3 da LRXS.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Shivshi, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de outubro de 2019

O letrado da Administración de xustiza