Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 24 de outubro de 2019 Páx. 46602

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meaño

ANUNCIO polo que se publica a Resolución do 16 de setembro de 2019, referente á convocatoria para prover dúas prazas.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 186, do 27 de setembro de 2019, publicouse o texto íntegro das bases que rexerán a convocatoria para prover:

– Unha praza de operario, pertencente á escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, encadrada nas agrupacións profesionais, mediante o sistema de concurso-oposición, na quenda libre (OEP 2019).

– Unha praza de limpador/a encargado/a, do cadro de persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición, na quenda libre (OEP 2018).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello de Meaño.

Meaño, 16 de setembro de 2019

Carlos Viéitez Fernández
Alcalde