Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 25 de outubro de 2019 Páx. 46661

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 10 de outubro de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto nas bases II.1.1.3 e II.1.2.8 da convocatoria e unha vez efectuada a corrección do terceiro exercicio, publicar a cualificación da aspirante convocada ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018.

Apelidos e nome

NIF

Cualificación

Soto Barreira, Vanessa

***0902**

Apta

Segundo. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, a aspirante poderá presentar as alegacións que considere oportunas con relación á súa cualificación, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Segundo o disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2019

Dámaso Pérez Vale
Presidente do tribunal