Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 28 de outubro de 2019 Páx. 46890

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de outubro de 2019 polo que se fai pública a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e o proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora de seguridade viaria (MSV) no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada PO-551, punto quilométrico 7+800 a 8+800, de clave PO/17/141.06.

Con data do 4 de outubro de 2019, a Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, por delegación da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade (Orde do 7 de setembro de 2017, Diario Oficial de Galicia do 20 de setembro), visto o informe das alegacións, resolveu o seguinte:

«Antecedentes de feito.

Primeiro. No Diario Oficial de Galicia núm. 96, do 22 de maio de 2018, publicouse o Anuncio do 18 de abril de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora de seguridade viaria (MSV) no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada PO-551, p.q. 7+800 a 8+800, de clave PO/17/141.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Segundo. As administracións afectadas emitiron os correspondentes informes, e no trámite de información pública formuláronse alegacións polas persoas interesadas.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción someteuse ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, someteuse a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente.

Terceiro. A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade é competente para resolver os expedientes de información pública en materia de estradas e informe das administracións afectadas, de acordo co Decreto 26/2019, do 7 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. Esta competencia atópase delegada na persoa titular da dirección da Axencia Galega de Infraestruturas, segundo o artigo 8.1.b) da Orde do 7 de setembro de 2017 sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería (DOG núm. 179, do 20 de setembro).

De acordo con todo o exposto, e tras os informes, certificados e alegacións presentadas,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora de seguridade viaria (MSV) no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada PO-551, p.q. 7+800 a 8+800, de clave PO/17/141.06, establecendo as seguintes modificacións:

• Relocalización da glorieta do p.q. 8+830 por outra no p.q. 8+985.

• Axuste da glorieta do p.q. 7+900 (baixada a Lapamán) tendo en conta criterios de visibilidade, económicos e de minimizar a afección aos predios privados.

• Mellora da intersección no p.q. 7+320 (Mesón do Arriero).

• Revisión da sinalización horizontal e vertical.

• Revisión dos pasos de peóns proxectados compatibles coa normativa.

Para poder levar a cabo estas modificacións, é necesario a expropiación parcial das seguintes parcelas:

Referencia catastral

Propietario (datos catastro)

Superficie expropiada (m2)

36026A05506011

Tomé Martínez, Adolfo, herdeiros de

123,85 muro de fábrica e cerramento exterior

36026A05500231

Lorenzo Freire, Manuel

4,50 muro de cachotaría

36026A05500225

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

3,13 muro de cachotaría

36004A04800303

Juncal Freire, Manuel, herdeiros de

63,00 muro de cachotería

36004A02900022

Carballo Calvo, Margarita

7,40

36004A02900027

Estévez Estévez, Mª Teresa

Freire Santaclara, José

Freire Estévez, Teresa

115,85

36004A02900028

Masso Bolibar, Mª Ángeles

67,50

36004A02900030

Soage Pastoriza, Agustín

1,80

Segundo. Consonte establece o artigo 23 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os concellos de Marín e Bueu deberán adaptar o seu planeamento urbanístico ao contido no proxecto, no que se establecerán as determinacións do planeamento urbanístico que deben ser modificadas como consecuencia da súa aprobación, no prazo que determine este último e, en todo caso, na súa primeira modificación ou revisión.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2019

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas