Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 28 de outubro de 2019 Páx. 46901

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria para a cobertura de prazas vacantes no cadro de persoal funcionario desta deputación incluídas na oferta de emprego público do ano 2018.

No Boletín Oficial da provincia nº 203, do 22 de outubro de 2019, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público do ano 2018:

– Unha praza de topógrafo, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integrada no grupo C1, por quenda libre.

– Unha praza de técnica ou técnico auxiliar de deseño gráfico, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, integrada no grupo C1, por quenda libre.

– Unha praza de auxiliar de deseño gráfico, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase funcións especiais, integrada no grupo C2, por quenda libre.

– Unha praza de oficiala ou oficial sanitario, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C2 por quenda libre.

– Unha praza de auxiliar de laboratorio, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase funcións especiais, integrada no grupo C2, por quenda libre. Reservada a persoas con discapacidade.

– Unha praza de auxiliar de laboratorio, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase funcións especiais, integrada no grupo C2, por quenda libre.

– Un posto de traballo de auxiliar de comunicación, clasificado no grupo C2, por quenda libre.

– Tres prazas de ordenanza, encadradas na escala de Administración xeral, subescala subalterna, integradas no grupo E, por quenda libre.

– Unha praza de axudante agrícola, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo E, por quenda libre.

– Catro prazas de operaria ou operario, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integradas no grupo E, por quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 22 de outubro de 2019

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución presidencial 2019014186, do 1.8.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado da Área de Réxime Interior, Economía,
Facenda, Novas Tecnoloxías e Oral