Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 28 de outubro de 2019 Páx. 46899

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria para a cobertura de prazas vacantes no cadro de persoal funcionario desta deputación incluídas na oferta de emprego público dos anos 2017, 2018 e 2019.

No Boletín Oficial da provincia nº 203, do 22 de outubro 2019, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público dos anos 2017, 2018 e 2019:

– Unha praza de enxeñeira ou enxeñeiro de mobilidade, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior e integrada no grupo A1 por quenda libre.

– Unha praza de técnica ou técnico medio de xestión económica, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase media e integrada no grupo A2, por quenda libre.

– Dúas prazas de técnica ou técnico informático de nivel 1, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar e integradas no grupo C1, por quenda libre.

– Catro prazas de oficiala ou oficial de control e vixilancia, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios e integradas no grupo C2, por quenda libre.

– Unha praza de oficiala ou oficial de control e vixilancia, encadrada na escala de Administración especial, servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no grupo C1, por quenda libre.

– Unha praza de oficiala ou oficial de costura, encadrada na escala de Administración especial, servizos especiais, clase persoal de oficios e integrada no grupo C2, por quenda libre. Reservada para persoas con discapacidade intelectual.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 22 de outubro de 2019

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución presidencial 2019014186, do 1.8.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado da Área de Réxime Interior, Economía,
Facenda, Novas Tecnoloxías e Oral