Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 28 de outubro de 2019 Páx. 46898

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria para a cobertura de prazas vacantes no cadro de persoal funcionario desta deputación incluídas na oferta de emprego público dos anos 2018 e 2019.

No Boletín Oficial da provincia nº 203, do 22 de outubro de 2019, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público dos anos 2018 e 2019:

– Dúas prazas de coordinadora ou coordinador de brigadas, encadradas na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integradas no grupo C1, por quenda de promoción interna.

– Un posto de traballo de encargada ou encargado de montaxe, clasificado no grupo C1, por quenda de promoción interna.

– Un posto de traballo de encargada ou encargado de carpintaría, clasificado no grupo C1, por quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 22 de outubro de 2019

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución presidencial 2019014186, do 1.8.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado da Área de Réxime Interior, Economía,
Facenda, Novas Tecnoloxías e Oral