Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 30 de outubro de 2019 Páx. 47032

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 27 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 20 de maio de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiada en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento SI449B) (Diario Oficial de Galicia número 101, do 29 de maio).

Advertido erro na Resolución do 27 de setembro de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 20 de maio de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, financiada en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia número 197, do 16 de outubro de 2019, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 45477, no anexo, onde di:

CIF

Entidade beneficiaria

Denominación da actividade

Importe concesión

G27414051

ANPA Abella do CEIP Casás

Familias e alumnado: igualdade/sexoloxía

4.140,00 €

Debe dicir:

CIF

Entidade beneficiaria

Denominación da actividade

Importe concesión

G27414051

ANPA Abella do CEIP Casás

Familias e alumnado: igualdade/sexoloxía

3.846,00 €