Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 30 de outubro de 2019 Páx. 47033

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 135/2019, do 17 de outubro, polo que se aproba o cambio de titularidade, a prol do Concello de Celanova, de distintos treitos de estradas da Rede autonómica de estradas de Galicia.

Segundo o teor do artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

No ano 2016, o Concello de Celanova solicita a cesión de distintos treitos autonómicos das estradas OU-531 e OU-540 ao seu paso polo núcleo urbano de Celanova.

Posteriormente, nas reunións mantidas co Concello de Celanova para chegar ao acordo dos puntos entre os cales se fai a transferencia, o Concello solicita de xeito verbal que se engada á solicitude anterior a cesión da OU-162 na súa totalidade (250 metros), a cal é unha variante antiga da OU-540.

O resto da estrada OU-531, situado no lugar de Mandrás e coñecido como variante de Portiño, conecta co punto quilométrico 23+680 MD e remata no punto quilométrico 23+880 MD da actual estrada autonómica OU-531, carece de funcionalidade dentro da rede autonómica de estradas. O mesmo ocorre coa estrada autonómica OU-162, que tamén constitúe un treito antigo da OU-540.

A vía de alta capacidade AG-31 constitúe unha alternativa viaria á estrada autonómica OU-540 no concello de Celanova, polo que o treito situado entre o punto quilométrico 24+200 (intersección da avda. Francisco González Rey coa estrada C-531) ata o punto quilométrico 25+470 (intersección da rúa da Encarnación coa OU-531) é susceptible de transferirse ao Concello, quedando garantida a continuidade e a coherencia da Raega.

Por outra banda, estase estudando a execución dunha variante ao núcleo de Celanova que enlace o ramal da AG-31 (denominado AG-31/15 tramo RCL) coa estrada OU-540 no seu punto quilométrico 24+200 (intersección da OU-540 coa estrada C-531). Esta variante tería continuidade ao longo da estrada C-531 ata conectar coa estrada OU-531 na glorieta existente no punto quilométrico 26+790 desta última. Desta forma, o treito da estrada OU-531, situado entre o punto quilométrico 26+110 (intersección da avda. Francisco González Rey coa avda. San Rosendo) ao punto quilométrico 26+790 (glorieta intersección da avda. Francisco González Rey con varias rúas) pode ser transferido.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo cos informes emitidos polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade solicitada polo Concello de Celanova.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezasete de outubro de dous mil dezanove,

DISPOÑO:

Artigo 1

– Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Celanova:

Clave

Denominación

PQi

Coordenadas

UTM (ETRS89)

PQf

Coordenadas UTM (ETRS89)

Resto da OU-531

Resto da OU-531 marxe dereita

23+680

X=587.546

Y=4.666.374

23+880

X=587.352

Y=4.666.407

OU-162

OU-540-Celanova-OU-540

0+000

X=586.693

Y=4.667.847

0+250

X=586.563

Y=4.667.666

OU-531

Xinzo de Limia (N-525)-Cortegada (OU-801)

26+110

X=586.353

Y=4.667.410

26+790

X=586.229

Y=4.667.841

OU-540

Ourense-fronteira de Portugal (A Madalena)

24+200

X=586.534

Y=4.667.631

25+470

X=586.142

Y=4.666.659

– Modificar o Decreto 308/2003 polo que se aproba a relación de estradas de titularidade autonómica da Comunidade Autónoma de Galicia:

• Suprimir a nomenclatura da estrada OU-162.

• Engadir a denominación da estrada AG-31, que queda do seguinte xeito:

Estrada

Rede

Denominación

AG-31

VAC

Saída 217 (A-52)-Celanova (OU-540)

Artigo 2

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Celanova deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade a que se refire este decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Artigo 4

Correspóndenlle ao Concello de Celanova, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular das estradas.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezasete de outubro de dous mil dezanove

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade