Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 30 de outubro de 2019 Páx. 47036

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 25 de outubro de 2019 pola que se modifica a Orde do 19 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes, en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR) 2014-2020, e se convocan para o ano 2019.

A Orde do 19 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes, en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR) 2014-2020, e se convocan para o ano 2019, debe ser modificada para permitir que os beneficiarios poidan acollerse á ampliación do prazo de xustificación dos traballos subvencionados.

Consecuentemente con todo o anterior esta consellería, no exercicio das facultades conferidas polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPÓN:

Artigo único. Modificación da Orde do 19 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes, en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR) 2014-2020, e se convocan para o ano 2019.

A Orde do 19 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes, en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR) 2014-2020, e se convocan para o ano 2019, queda modificada como segue:

Un. No artigo 20.2 queda redactado como segue:

2. O prazo máximo para o remate e xustificación dos traballos será 4 meses desde a notificación da resolución de aprobación da subvención e, como máximo, ata o 31 de outubro do ano 2019. A ampliación do prazo de xustificación será por solicitude do beneficiario e este poderá exceder o 31 de outubro do ano 2019, ata un límite máximo de 1 mes e sete días a partir da devandita data, para todas as solicitudes presentadas antes do prazo de xustificación que remataba o 31 de outubro do ano 2019.

Disposición derradeira única. Esta orde producirá efectos desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2019

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural