Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 669/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Cristina Costa Espiñeira contra a empresa Adolfo Fragoso Gómez y otros, S.C., Juan Manuel Fragoso Gómez e Adolfo Fragoso Gómez, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:
Que, estimando integramente a demanda interposta por Cristina Costa Espiñeira contra Adolfo Fragoso Gómez y otros, S.C., Adolfo Fragoso Gómez e Juan Manuel Fragoso Gómez, debo condenar e condeno os demandados a que lle aboen solidariamente á demandante a suma de 7.426,37 euros polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta sentenza, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) respecto da dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) a partir da presente resolución.
Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.
Para que lles sirva de notificación en legal forma a Adolfo Fragoso Gómez y otros, S.C., Juan Manuel Fragoso Gómez e Adolfo Fragoso Gómez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.
Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2019
A letrada da Administración de xustiza


