Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 30 de outubro de 2019 Páx. 47104

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO da convocatoria do posto de condutor de pa retroescavadora de carácter laboral interino 1031/1.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 220, do 24 de setembro de 2019, publícanse integramente as bases reguladoras do acceso ao posto de condutor de pa retroescavadora de carácter laboral interino 1031/1.

De conformidade co previsto na base 8ª das referidas bases, o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios realizaranse no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo.

Ribadeo, 7 de outubro de 2019

Fernando Suárez Barcia
Alcalde