Expediente administrativo: 2018/X999/000065.
Unha vez aprobado inicialmente o Plan parcial do sector solo urbanizable S-UBLE 1, mediante o Acordo da Xunta de Goberno do 16 de setembro de 2019, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do seu regulamento, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello:
Ligazón: http://www.concellodelaxe.com/portalcidadan/noticia.php?id_seccionweb=2&id_noticia=940&id_language=1
Durante o dito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou para obter copias.
Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.
As áreas afectadas son as seguintes:
– 0148501NH0804N0001KI.
– 0148502NH0804N0001RI.
– 0448509NH0804N0000LU.
– 0448507NH0804N0001WI.
Laxe, 4 de outubro de 2019
José Luis Pérez Añón
Alcalde