Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 30 de outubro de 2019 Páx. 47099

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2019 pola que se anuncia a licitación do concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos, para a remodelación da recepción de visitas e humanización e mellora da accesibilidade para unha sede aberta do Parlamento de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Persoal e Réxime Interior.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Persoal e Réxime Interior do Parlamento de Galicia.

2) Enderezo: rúa do Hórreo, 63.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

4) Teléfono: 981 55 13 00.

5) Telefax: 981 55 14 09.

6) Correo electrónico: contratacion@parlamentodegalicia.gal

7) Enderezo da internet do perfil de contratante: https://www.plataformacontratosGalicia

8) Data límite de obtención de documentación e información: 20 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

d) Número de expediente: SRI-PA-13/2019.

2. Obxecto do concurso.

a) Tipo: concurso de proxectos.

b) Descrición: concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxectos, para a remodelación da recepción de visitas e humanización e mellora da accesibilidade para unha sede aberta do Parlamento de Galicia.

c) División por premios: dous premios e tres accésits.

d) Lugar de execución:

1) Enderezo: rúa do Hórreo, 63.

2) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

e) Prazo de execución: segundo as fases e calendario establecidos nas bases.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV: 71200000 (servizos de arquitectura e servizos conexos).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto simplificado.

c) Criterios de adxudicación: 1) Valor arquitectónico e calidade do deseño (40 puntos); 2) Avaliación técnica e económica da proposta (25 puntos); 3) Protección do ambiente, eficiencia enerxética e innovación tecnolóxica, asociadas á idea que se propón (20 puntos); 4) Adecuación da proposta de funcionalidade transitoria durante a execución das obras (15 puntos).

4. Orzamento total de premios (importes sen IVE).

a) Primeiro premio e gañador do concurso: 14.876,03 euros.

b) Segundo premio: 7.024,79 euros.

c) Primeiro accésit: 2.644,63 euros.

d) Segundo accésit: 2.644,63 euros.

e) Terceiro accésit: 2.644,63 euros.

5. Valor estimado total: incluídos premios e contrato de servizos que pode derivarse do concurso: 99.958,69 euros.

6. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: non se exixe.

c) Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista: os establecidos nas bases.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 20 días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Se o último día da presentación fose inhábil, ampliarase o prazo ata o día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro do Parlamento de Galicia. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao Parlamento de Galicia a remisión de devandita proposición mediante correo electrónico á dirección: rentrada@parlamentodegalicia.gal, no mesmo día.

2) Dirección: rúa do Hórreo, 63.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

4) Enderezo electrónico: rentrada@parlamentodegalicia.gal

c) Admisión de variantes: non se admiten.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses desde a terminación do prazo de presentación de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: sesión pública, sobres A.

b) Enderezo: rúa do Hórreo, 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15701.

d) Data e hora: no día e na hora que oportunamente se comunicará a participantes e publicará na páxina web do Parlamento de Galicia.

10. Gastos de publicidade: non hai gastos de publicidade.

11. Outras informacións: poderanse visitar as instalacións do Parlamento e recibir información adicional, os cinco días hábiles seguintes á publicación deste anuncio no DOG, ás 9.00 e ás 13.00 horas, previa solicitude ao Servizo de Persoal e Réxime Interior mediante correo electrónico (contratacion@parlamentodegalicia.gal), realizada cunha antelación mínima de 24 horas. Aceptaranse un máximo de dúas visitas por concursante.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2019

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia