Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 4 de novembro de 2019 Páx. 47480

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 23 de outubro de 2019, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2019/0244-4 e dous máis.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores correspondentes.

Dispoñen dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar as resolucións (que non poñen fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8-2º andar en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Fáiselles saber ás interesadas que poden formular recurso de alzada perante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselles que de non interpoñelos no tempo e na forma que procedan, deberán aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización dos impresos que poderán solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.

Expediente: RL 2019/0244-4.

Acta: I362019000042283.

Empresa: MCS Fresh Pizza Vigo, S.L.

NIF/CIF: B-27797729.

Enderezo: r/ Arquitecto Pérez Bellas, 1, baixo, Vigo.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 16 e 26 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

Preceptos sancionadores: artigos 12.1.b), 39 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data resolución: 17.9.2019.

Resolución: multa de 2.046 €.

Expediente: RL 2019/0281-4.

Acta: I362019000053805.

Empresa: Geconsa entidade sen personalidade.

NIF/CIF: E-27493899.

Enderezo: avda. das Américas, 2 ent. porta B, Lugo.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 14.2 e 16.2 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e anexo IV, parte C, punto 12.a) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.1.b), 39.3.a) e c) e 40.2.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data resolución: 14.10.2019.

Resolución: multa de 4.000 €.

Expediente: RL 2019/0282-4.

Acta: I362019000054613.

Empresa: Geconsa entidade sen personalidade.

NIF/CIF: E-27493899.

Enderezo: avda. das Américas, 2 ent. porta B, Lugo.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigos 14.2 e 23.3 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e artigo 3.a) da Orde do 16 de decembro de 1987 pola que se establecen modelos para a notificación de accidentes e dita instrucións para a súa cumprimentación e tramitación.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.3, 39.3.a) e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data resolución: 14.10.2019.

Resolución: multa de 3.000 €.

Vigo, 23 de outubro de 2019

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra