En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Simbiosis, Sociedade Cooperativa Galega, acordada na asemblea xeral do 30 de xullo de 2019, no Rexistro Provincial da Coruña. O seu novo domicilio social é no polígono de Pocomaco, avenida Primeira, número 9, 1º, CP 15190, concello da Coruña, provincia da Coruña.
A Coruña, 22 de outubro de 2019
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña