Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 4 de novembro de 2019 Páx. 47466

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 23 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada presentada por Explotaciones Porcinas Porto do Souto, S.C., para unha explotación porcina de ceba de porco ibérico para 3.016 prazas en Porto do Souto, no concello de Ponteceso, provincia da Coruña (expediente 2017-IPPC-I-70).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de outubro) faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– Autorización ambiental integrada a unha granxa porcina de ceba. Concello de Ponteceso (A Coruña). Solicitude. Promotor: Explotaciones Porcinas Porto do Souto, S.C.

Para que calquera interesado poida consultalos e, se é o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que estime oportunas, o documento estará a disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademáis poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/→medioambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2019

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO I

Memoria resumo

Clave do expediente: 2017-IPPC-I-70.

Peticionario: Explotaciones Porcinas Porto do Souto, S.C.

CIF: J70222070.

Enderezo social: rúa Aduana, nº 14, 1º D, 15110 Ponteceso, A Coruña.

Localización da instalación: Lg. Porto do Souto, 15110 Ponteceso, A Coruña.

Actividade: explotación porcina de ceba de porco ibérico.

Descrición: o proxecto consiste nunha explotación porcina para unha capacidade de 3.016 prazas de porco ibérico de ceba. A instalación consta de cinco naves de cebo en uso, unha fosa de xurros exterior de 1.775,60 m3 e outra fosa exterior que se construirá de 500 m3 as cales se prevé cubrir. As augas de limpeza das naves e as augas fecais son conducidas ás fosas de xurro. As augas pluviais vértense directamente ao terreo. O xurro xerado na instalación será valorizado en parcelas agrícolas.

Inclúese na documentación presentada o grao de implantación das mellores técnicas dispoñibles, atendendo ao recollido na Decisión de execución (UE) 2017/302 da Comisión do 15 de febreiro de 2017 pola que se establecen as conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles (MTD) no marco da Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello respecto á cría intensiva de aves de curral ou de porcos.