Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Luns, 4 de novembro de 2019 Páx. 47365

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa o procedemento para declarar ben de interese cultural o mosteiro de San Martiño Pinario e delimitar o contorno para a súa protección e o da Catedral metropolitana, a igrexa de San Francisco do Val de Deus, o Hospital Real e a súa capela, o Pazo arcebispal de Xelmírez, a Biblioteca Pública Ánxel Casal e as sedes do Museo das Peregrinacións e de Santiago de Compostela.

O mosteiro bieito de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela é o conxunto barroco máis valioso existente en Galicia e un dos centros monásticos máis importantes deste territorio, referente na súa organización social, espiritual, económica, política e cultural ao longo da súa historia, e centro dunha profusa actividade vinculada ao coñecemento que continúa hoxe en día, en especial polo seu labor como seminario e centro docente.

Así mesmo, no ámbito patrimonial da riqueza do conxunto histórico de Santiago de Compostela, incluído na Lista do patrimonio mundial da Unesco, é abondosa a presenza de inmobles que teñen a consideración de bens de interese cultural polo seus sobranceiros valores culturais para o patrimonio cultural de Galicia. É o caso da Catedral metropolitana, a igrexa de San Francisco de Valdedeus, o Hospital Real e a súa capela, o Pazo arcebispal de Xelmírez, a Biblioteca Pública Ánxel Casal e as sedes do Museo das Peregrinacións e de Santiago de Compostela, declarados entre 1896 e 1985. Ningún deles dispón dun contorno de protección específico nos instrumentos polos que foron declarados.

A Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do artigo 149.1.28 da Constitución, e segundo o teor do artigo 27 do Estatuto de autonomía, asumiu a competencia exclusiva en materia de patrimonio cultural. No seu exercicio aprobouse a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (LPCG).

No artigo 8.2 da citada lei indícase que: «Terán a consideración de bens de interese cultural aqueles bens e manifestacións inmateriais que, polo seu carácter máis sobranceiro no ámbito da Comunidade Autónoma, sexan declarados como tales por ministerio da lei ou mediante decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da consellaría competente de patrimonio cultural, de acordo co procedemento establecido nesta lei. Os bens de interese cultural poden ser inmobles, mobles ou inmateriais».

O artigo 10.1.a) define o monumento como «a obra ou construción que constitúe unha unidade singular recoñecible de relevante interese artístico, histórico, arquitectónico, arqueolóxico, etnolóxico, industrial ou científico e técnico».

O artigo 87 establece que o patrimonio arquitectónico está formado «polos inmobles e os conxuntos destes, e as obras da arquitectura e da enxeñaría histórica ás cales se lles recoñeza un papel relevante na construción do territorio e na súa caracterización cultural e sexan testemuño dunha época histórica ou dos cambios na forma de entendela», e no artigo seguinte, 88.1.b), menciónase que concorre un significativo valor arquitectónico, entre outros, nos «edificios relacionados co culto relixioso católico e doutras confesións, aínda que perdesen o seu uso, como catedrais, mosteiros, conventos, colexiatas, igrexas, ermidas, capelas, seminarios ou casas reitorais, construídos con anterioridade a 1836».

De igual xeito, o artigo 88.1.c) manifesta que: «Os edificios e construcións propios da arquitectura civil que servisen para uso público comunitario, como casas consistoriais, pazos provinciais, teatros, hoteis, hospitais, sanatorios, alfándegas, mercados, fundacións en Galicia de agrupacións de emigrantes ou centros de ensino, construídos con anterioridade a 1926» e o artigo 88.1.d) establece o seguinte: «Os edificios destinados ao uso privado ou os conxuntos dos ditos edificios, de carácter rural ou urbano, construídos con anterioridade a 1803, que constitúan testemuño relevante da arquitectura tradicional rural ou urbana ou que configuren o carácter arquitectónico, a fisionomía e o ambiente dos centros históricos das cidades, vilas e aldeas e dos núcleos tradicionais».

Ademais, en relación cos ben mobles existentes neste monumento cómpre ter conta o especificado no artigo 83.1 da LPCG, que establece que integran o patrimonio artístico de Galicia as manifestacións pictóricas, escultóricas, cinematográficas, fotográficas, musicais e das restantes artes plásticas, de especial relevancia, de interese para Galicia.

Segundo o artigo 106 integran o patrimonio científico e técnico os bens e coleccións, de valor relevante, que as ciencias empregaron para xerar e transmitir o saber, incluídos os instrumentos e aparellos científicos, as coleccións de animais e vexetais, minerais, figuras plásticas para o estudo anatómico humano ou animal, modelos planetarios, cristalográficos e outros...

Así mesmo, o artigo 110.1 especifica que o patrimonio bibliográfico galego está constituído polos fondos e coleccións bibliográficas e hemerográficas de especial valor cultural e os parágrafos 2.b) e c) do mesmo artigo, determinan que se inclúen no patrimonio bibliográfico as obras literarias, históricas, científicas ou artísticas, xa sexan impresas ou manuscritas, (...) que sexan anteriores a 1901 con características singulares que lles outorguen un carácter único.

O ámbito urbano, os inmobles, vías e espazos públicos e os terreos e predios que quedan incluídos na delimitación constituirán o contorno de protección previsto no artigo 11.2 da Lei 16/1985, do patrimonio histórico español, e o no artigo 12.2 da LPCG, correspondente a todos e cada un dos bens de interese cultural devanditos. O artigo 22.2.c) da lei autonómica, referido ao contido da declaración, que incluirá a delimitación motivada do ben declarado e, para os casos en que resulte necesario, o contorno de protección e a zona de amortecemento, que non terán a consideración de ben de interese cultural.

Á vista da importancia de todo o conxunto monástico de arquitectura extraordinaria, subliñada pola excepcionalidade de zonas representativas como o claustro das procesións, a botica, e a igrexa, o emprego de solucións construtivas innovadoras en elementos como as escaleiras e as extraordinarias dimensións da edificación, que o colocan entre os máis grandes do territorio nacional, identifican o mosteiro de San Martiño Pinario como ben sobranceiro do patrimonio cultural de Galicia, polo que semella oportuna e necesaria a declaración como ben de interese cultural do elemento na categoría de monumento.

Así mesmo, á vista do feito da carencia de contornos de protección específicos dos monumentos declarados no seu ámbito inmediato, estímase tamén xustificada a delimitación dun contorno de protección que, pola súa proximidade, será común a todos eles.

A directora xeral de Patrimonio Cultural, no exercicio da competencia que lle atribúe o artigo 16 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (DOG núm. 92, do 16 de maio) e o artigo 11.d) do Decreto 163/2018, do 13 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Turismo (DOG núm. 243, do 21 de decembro),

RESOLVE:

Primeiro. Obxecto

Incoar o procedemento para declarar ben de interese cultural coa categoría de monumento, o denominado mosteiro de San Martiño Pinario no termo municipal de Santiago de Compostela, segundo a descrición do ben que figura no anexo I.

Incoar no mesmo acto o procedemento para a delimitación do contorno de protección do conxunto do mosteiro de San Martiño Pinario e dos monumentos xa declarados da Catedral metropolitana, a igrexa de San Francisco de Valdedeus, o Hospital Real e a súa capela, o Pazo arcebispal de Xelmírez, a Biblioteca Pública Ánxel Casal e as sedes do Museo das Peregrinacións e de Santiago de Compostela, segundo a descrición gráfica e literal exposta no anexo II.

Incoar no mesmo acto o procedemento para a inclusión no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia dos bens mobles do no anexo III.

Definir entre as medidas de salvagarda necesarias para a conservación e protección de San Martiño Pinario a obriga de elabor un plan director do monumento que entre as súas determinacións inclúa, ademais da previsión e priorización das intervencións de mantemento e conservación, un inventario polo miúdo das súas partes integrantes, así como a planificación dos seus usos existentes e potenciais, e a ordenación dos espazos libres de edificación, segundo o avanzado no anexo IV.

Segundo. Inscrición

Ordenar que se anoten as devanditas incoacións de forma preventiva no Rexistro de bens de interese cultural de Galicia e no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia.

Terceiro. Caducidade

O expediente deberá resolverse no prazo máximo de vinte e catro meses desde a data de emisión desta resolución, ou producirase a caducidade do trámite e o remate do réxime provisional establecido.

Cuarto. Publicidade

Ordenar a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

Quinto. Información pública

Abrir un período de información pública durante o prazo dun mes, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación, co fin de que as persoas que poidan ter interese examinen o expediente e aleguen o que consideren conveniente.

A consulta poderá realizarse, despois de solicitar cita no Servizo de Inventario da Subdirección Xeral de Conservación e Restauración de Bens Culturais, no teléfono 881  99 50 24 ou no enderezo electrónico inventario.cultura@xunta.gal, na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, no Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, bloque 3, piso 2º, en Santiago de Compostela (A Coruña).

Sexto. Notificación

Notificar esta resolución ás persoas interesadas e ao Concello de Santiago de Compostela por ser o termo municipal en que se localiza o mosteiro.

Sétimo. Comunicación

Comunicar a incoación dos procedementos ao Rexistro de bens de interese cultural e ao Inventario xeral de bens mobles da Administración xeral do Estado.

Disposición derradeira primeira. Réxime provisional

Aplicar de forma inmediata e provisional o réxime de protección que establece a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia e, en concreto, o recollido no anexo V desta resolución.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2019

Mª Carmen Martínez Ínsua
Directora xeral de Patrimonio Cultural

ANEXO I

Descrición do ben

Fontes de información.

Os fundamentos principais para a descrición e caracterización do sobranceiro valor cultural do conxunto urbano de San Martiño Pinario fundaméntanse no traballo de síntese dos técnicos do Servizo de Inventario da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, que teñen analizado e valorado a documentación técnica e administrativa existente para propoñer as liñas xerais de definición do ben. Este proceso válese dos traballos realizados para a elaboración do Plan director do monumento, en especial do estudio histórico dirixido por Fernando López Alsina, coa finalidade de obter una descrición clara e exhaustiva das partes integrantes do mosteiro beneditino, así como unha relación dos bens mobles alí contidos que sexan de singular relevancia, para conformar un instrumento unitario de protección. Tamén se empregan traballos de investigación e publicacións, tanto en forma de monografías como Arte benedictino en los caminos de Santiago, coordinado por Fernández Castiñeiras e Monterroso Montero, como separatas científicas ou divulgativas, asinadas por especialistas das distintas materias tales como o catedrático de Historia da Arte, Alfredo Vigo Trasancos. Finalmente, sinálase o uso de publicacións realizadas pola S.A. Xacobeo, especialmente as realizadas nos anos 90 do século XX con motivo das intervencións no mosteiro que permitiron crear espazos expositivos e recuperar parte do patrimonio de Pinario.

Pola especial vinculación deste ben coa Igrexa Católica, tómanse en consideración os termos dos acordos asinados entre o Estado español e a Santa Sé, en especial o Acordo do 3 de xaneiro de 1979 sobre ensino e asuntos culturais e o Acordo de colaboración entre o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Igrexa Católica para o Plan nacional de abadías, mosteiros e conventos do 25 de marzo de 2004.

1. Denominación: mosteiro de San Martiño Pinario.

2. Localización: praza da Inmaculada, Santiago de Compostela (A Coruña). O punto central do edificio, localizado no cumio da bóveda do cruceiro da igrexa do mosteiro corresponde coas coordenadas no sistema UTM Datum ETRS 89 Fuso UTM 29 X: 537.213; Y: 4.747.817.

3. Resumo histórico.

O mosteiro de San Martiño relaciónase desde a súa orixe co descubrimento do sepulcro do Apóstolo, xa que desde os primeiros anos do século X existía este cenobio baixo a autoridade do abade Guto, nas proximidades da catedral, en Santa María da Corticela, e era esta comunidade a encargada da custodia do culto apostólico, o que determinou que a parte central do mosteiro e a igrexa estivesen dentro do lugar santo.

Por razóns de espazo, a comunidade mudouse a un segundo soar, ao norte do Locus Sanctus, no lugar que acabará sendo a rúa da Acibecharía, situado entre a primeira e a segunda muralla da cidade medieval, razón pola que recibiu o nome de San Martiño «de Fóra». Este soar ocupaba un lugar denominado Pignario, topónimo que parece aludir a presenza de piñeiros nas inmediacións.

Así pois, desde os tempos do bispo Sisnando II os monxes debían desprazarse diariamente desde o soar de Pinario, situado extramuros, á igrexa da Corticela, o que lles ocasionaba grandes incomodidades. Por iso, a finais do século X, o bispo Pedro de Mezonzo e os señores do Lugar Santo acordaron que se fabricase dentro do claustrum de Pinario un pequeno habitaculum Dei, en honra do bispo e confesor Martiño de Tours.

Por tanto, o primeiro elemento arquitectónico edificado no soar de Pinario foi o claustro, cunha comunidade de monxes aínda moi vinculada á Igrexa de Santiago, da cal paulatinamente se distanciará ata chegar a conformar as novas instalacións e unha comunidade completamente segregada daquela, para converterse en mosteiro beneditino, seguramente entre o 1070 e o 1080, baixo o goberno do abade Adulfo, quen cedeu a Corticela ao bispo Diego Peláez.

Consta na documentación que a primeira igrexa románica do mosteiro foi consagrada, o 2 de novembro do 1102, polo bispo don Diego II, en honra de San Salvador, Santa María Virxe, San Pedro apóstolo, San Martiño bispo, Santa María Magdalena, San Xoán Bautista, Santo André apóstolo, San Vicente levita, San Bieito abade, santos Facundo e Primitivo e San Xoán Evanxelista. A partir deste momento, debeuse iniciar a construción dun novo claustro encostado á igrexa, seguramente pola nave meridional.

Co paso do tempo, os monxes bieitos foron perdendo protagonismo na custodia do sepulcro do apóstolo en beneficio dos cóengos da catedral que, mediante a Concordia de Antealtares (1077), se converteron en únicos responsables do culto na catedral.

A partir do século XII o mosteiro viviu unha época de auxe que o levou a converterse no máis rico e poderoso de Galicia, con rendas en toda a rexión e uns ingresos cuantiosos. Pero esta etapa de expansión viuse freada pola relaxación moral e relixiosa, que propiciou a decadencia económica da abadía.

A crise espiritual, económica e material dos mosteiros galegos durante o medievo conduciu á desaparición dos abades comendatarios por imposición dos Reis Católicos, que determinaba que o mosteiro reformado de San Martiño Pinario quedaba en condiciones de ser incorporado á Congregación de San Bieto de Valladolid, cuxos monxes entran no mosteiro compostelán no mes de febreiro de 1494.

O mosteiro moderno nace da suma das tres abadías medievais estreitamente vinculadas ao culto de Santiago: Pinario, Antealtares e San Pedro de Fóra, consolidando deste xeito unha comunidade beneditina, grazas ás encomendas dos Reis Católicos, para garantir a atención aos peregrinos, converténdose en casa matriz da rexión. Con esta reforma encomendada polos Reis Católicos incrementouse a importancia do cenobio na vida monacal galega, especialmente na orde beneditina, chegando a converterse no máis importante mosteiro beneditino de Galicia e nun dos máis significativos da congregación de Valladolid.

Foron anos de prosperidade económica procedente de rendas e terras, que propician una grande actividade intelectual e un esplendor da actividade artística, ligada ás reformas e obras novas que se irán realizando ao longo dos anos, traendo a Santiago grandes artistas procedentes de toda a Península Ibérica: arquitectos casteláns, como Peña de Toro; trasmeranos, como Juan de Herrera o de Gajano e Melchor de Velasco; portugueses como Mateo López ; andaluces como Ginés Martínez de Aranda o Bartolomé Fernández Lechuga e mestres galegos como frei Tomás Alonso, Diego de Romay ou Fernando de Casas. O resultado da achega destes grandes mestres foi a reforma dunha das fábricas máis poderosas de Galicia, que se constitúe en imaxe de poder fronte á catedral e a cidade. Para conseguilo, dótase o novo templo beneditino dun estilo innovador, nunha cidade dominada pola estética medieval.

A Desamortización supuxo a exclaustración do mosteiro e seu abandono definitivo en 1835, o que supón, desde o punto de vista patrimonial, unha renovación das ocupacións do mosteiro, que comeza a sufrir un proceso de utilización civil e serve como sede a institucións diversas. Tras uns anos en que alberga distintas instalacións militares, en 1866 gran parte das dependencias de Pinario destínanse a seminario conciliar e 30 anos despois instálase a sede da Universidade Pontificia.

Estes usos implican un proceso de habilitación progresiva das distintas dependencias do mosteiro para adaptarse ás novas necesidades, feito que terá como consecuencia a conservación e restauración patrimonial do monumento. Esta formulación de actuacións de rehabilitación adquire unha dinámica máis intensa desde os anos sesenta do século XX ata a actualidade, mantendo unha coherencia entre o pasado do edificio e os novos usos.

A maioría das intervencións, en liñas xerais, foron especialmente respectuosas co inmoble; consérvanse as súas trazas primitivas e a organización estrutural, nuns proxectos de reforma que afectan fundamentalmente as divisións interiores, non as estruturais. Por outra banda, o mosteiro dotouse con novas infraestruturas de instalacións acordes cos novos tempos.

Co aumento na matrícula de alumnos seminaristas a mediados do século XX, desde o arcebispado exponse o cambio do antigo seminario conciliar polo seminario maior, como centro oficial da formación superior e, simultaneamente, ten lugar a primeira intervención de entidade no mosteiro para adaptalo ás novas necesidades.

O edificio debe dotarse de aulas, dormitorios e demais ámbitos residenciais, respectando a protección a que estaba suxeito polo Patrimonio Artístico Nacional, que limitaba calquera modificación estrutural e de ocos.

Os arquitectos Arregui, Francisco Pons Sorolla e Arturo Zas Aznar redactan en setembro de 1962 un informe previo ao proxecto, cun aproveitamento do inmoble acorde co investimento económico, para o que consideraron imprescindible unha reestruturación interior total baseada na creación de dormitorios-celas individuais axustadas baixo a cuberta, desprazando no posible a posición do último piso, e modificando lixeiramente a pendente de leste sen afectar o aspecto exterior do edificio.

Conséguese, ao mesmo tempo, dar cabida a 412 dormitorios de alumnos e profesores, todos eles individuais e con aseo para cada un, a reconstrución da totalidade das cubertas e o aproveitamento dos espazos perdidos baixo elas.

A área de actuación ocupa a zona noroeste do conxunto, flanqueada polo gran patio onde se atopan as instalacións deportivas do seminario e a rúa Val de Deus, paralela á de San Francisco.

O espazo da planta baixa destinouse a cociña e comedor, mentres que para as aulas dos seminaristas se dispuxeron as dependencias que rodean o patio interior nas plantas primeira e segunda. Para a construción da capela, situada na planta terceira e no ático, houbo que elevar a cuberta.

En abril de 1975, o arcebispo compostelán Ángel Suquía Goicoechea, crea o Arquivo Histórico Diocesano, aproveitando como lugar de localización os espazos dispoñibles non proxectados inicialmente para uso do seminario maior, con acceso directo polo patio de deportes, e non alteraba a circulación nin o funcionamento do seminario.

A creación a fins da década dos setenta duns lugares expositivos denominados Museo Diocesano promoveu a habilitación das zonas libres do mosteiro cunhas instalacións modernas, acordes coas novas técnicas arquivísticas e museolóxicas.

En febreiro de 1980 os arquitectos Rafael Baltar Tojo, José Antonio Bartolomé Argüelles e Carlos Almuíña Díaz redactan un proxecto de reconstrución interior dunha parte do antigo mosteiro de San Martiño Pinario, que cambiaba os pisos de madeira por outros de formigón armado, sen alterar o volume nin as fachadas do edificio.

Xa no período autonómico proséguese co programa de ocupación do edificio instalando novos centros, como a sede da Delegación da Pastoral Universitaria, situada na antiga botica do mosteiro, inaugurada en 1986, data en que se abre o curso.

En setembro de 1982 ultimouse o proxecto da biblioteca do Seminario Conciliar e a sede do Instituto Teolóxico Compostelán, que comezou a ser operativo no curso 1981/82 e supoñería a implantación da Facultade de Teoloxía en Santiago de Compostela.

A última planta da área, onde se empraza o instituto, habilitouse para a Escola Universitaria de Traballo Social.

Catro anos máis tarde, en 1990, instálase o Centro do Proxecto Home en Galicia e, en 1992, a Delegación Pastoral Vocacional, ano en que tamén se crea e inaugura a libraría Egeria, a Escola Universitaria de Traballo Social, a residencia de estudantes, así como outras ocupacións que non supoñen cambios físicos substanciais no inmoble orixinal.

En 1990 retómase o proxecto de 1980 que prevía a dotación dunhas novas instalacións adecuadas para o Arquivo Histórico e a creación dos locais do chamado Museo Diocesano. As novas actuacións centráronse no claustro das procesións, na igrexa de San Martiño e na fachada leste do mosteiro. Durante a última década do pasado século continuouse o programa iniciado en 1990 respecto ao Museo Diocesano, aproveitando a macro, exposición «Galicia no tempo», que inicia a celebración de grandes exposicións temporais neste local.

O proxecto de rehabilitación na igrexa e as súas inmediacións continuou evolucionando debido a esta sucesión de mostras, que amplía paulatinamente o percorrido habilitado para expoñer e que, despois dos eventos efémeros, quedaban como salas permanentes integradas no museo. Neste contexto materialízase a formulación museográfica da botica do mosteiro e das salas de instrumentos científicos, así como da igrexa, sancristía e salas anexas.

En 1997 proxectouse o traslado do Arquivo Diocesano, que estaba situado nos baixos do inmoble, á torre oriental da fachada principal do antigo mosteiro. O proxecto que quedara esbozado na reforma de 1990 incluía o deseño e construción dos depósitos para a documentación, as salas de consulta e os despachos e oficinas para o director, o persoal técnico e administrativo.

4. Descrición formal.

4.1. Situación.

A orixe da comunidade cenobítica de San Martiño Pinario remóntase probablemente á época do bispo Sisnando I, nos últimos anos do s. IX ou primeiros do s. X, cando un grupo de bieitos se asentou, pouco despois do descubrimento dos restos do Apóstolo Santiago, no lugar chamada Pignario, próximo á capela da Corticela. A ampla extensión do conxunto inserido na cidade histórica, que na actualidade conserva unha enorme parcela de máis de dúas hectáreas, evidencia a relevancia de San Martiño Pinario no devir histórico de Santiago de Compostela.

O conxunto abrangue desde o límite co conxunto catedralicio e os pazos arcebispais ao sur, ata o límite da traza da antiga muralla da cidade ao norte, ocupando o templo unha posición central que separa as construcións urbanas das hortas, nunha localización privilexiada pola súa relación directa cos principais accesos á cidade, a través da porta de Subfratribus (debaixo dos frades) polo oeste; a porta da Pena polo leste e a rúa Acibecharía, pola que os peregrinos do camiño francés acadaban a catedral desde a porta do Camiño.

4.2. Igrexa.

A igrexa de San Martiño Pinario foi o primeiro templo que os bieitos levantaron en Galicia tras o Concilio de Trento, na Idade Moderna, e por iso nela ensaiaron solucións novas que marcarán o posterior desenvolvemento das construcións da orde, establecendo un modelo eclesial de ampla difusión na península: un plan de cruz latina dunha soa nave con capelas laterais no corpo e cabeceira recta cun amplo presbiterio entre dúas sancristías.

O proxecto xeral da igrexa foi encargado ao portugués Mateo López, que xa traballara noutras abadías beneditinas galegas, e idea para Pinario un alzado de grande altura, un cruceiro moi pouco desenvolvido, capelas comunicadas entre si e un testeiro recto dunha capela entre dúas sancristías. No alzado, Mateo López ensaiou por primeira vez en Compostela o xogo de grandes masas e a concatenación de amplos espazos, que se suceden desde os pés da igrexa ata a capela maior, centro focal de toda a construción e inusualmente profunda.

Fachada da igrexa.

A fachada da igrexa do mosteiro de San Martiño Pinario, realizada polo arquitecto luso Mateo López en 1597, presenta un gran retablo pétreo estruturado en tres corpos e tres rúas, separadas estas últimas por columnas estriadas con motivos decorativos e xeométricos, no que se desprega un complexo programa iconolóxico en que interveñen profetas, apóstolos e, no pano central, os máis preclaros varóns bieitos baixo a protección da Virxe María.

As esculturas cos apóstolos San Pedro e San Paulo, e cos profetas Xeremías e Isaías, distribuídos en parella, flanquean a porta. Centra o corpo superior a Virxe María, custodiada por San Bieito, fundador da orde beneditina, e por San Martiño de Tours, patrón do mosteiro, ambos acompañados por santos senlleiros: Plácido e Mauro, os dous discípulos predilectos de San Bieito, e San Rosendo e San Pedro de Mezonzo, estreitamente vinculados coa sé de Santiago.

No corpo superior do retablo unha xanela oval condiciona a configuración do espazo e ao redor dela sitúanse os bustos dos catro evanxelistas no corpo central e nos laterais, os doutores da Igrexa latina –Santo Ambrosio e San Gregorio á dereita, e San Xerome e Santo Agostiño á esquerda–. Remata o ático un frontón triangular coa figura de Deus Pai beicendo; nas rúas laterais represéntase uns pequenos templos, en cuxas bases aparecen Daniel, Ezequiel, David e Salomón, personaxes vinculados ao Antigo Testamento. Un grande frontón serve para enmarcar todo o retablo pétreo, onde preside o conxunto a figura de San Martiño de Tours partindo a súa capa cun pobre.

A mediados do século XVII contratouse o arquitecto salmantino Peña de Toro para consolidar a fachada, quen propuxo engadirlle dúas torres, que nunca chegaron a executarse pola forte oposición do cabido catedralicio compostelán, para evitar que a fachada de San Martiño fose máis alta que a da propia catedral, que aínda mantiña na Acebicharía a portada románica.

A pegada de Peña de Toro quedou nas ventás laterais, datadas en 1652, que non poden pasar desapercibidas porque presentan as primeiras sartas de froitas do barroco compostelán, utilizadas posteriormente e profusamente polo seu discípulo, Domingo de Andrade.

Escaleiras barrocas.

No exterior do templo de San Martiño cobra protagonismo o acceso resolto cunhas escaleiras barrocas que, partindo dunha forma elíptica, crean un teatral descenso ata a mesma porta da igrexa. Son o resultado dunha obra, terminada en 1771, que obrigou a modificar a fachada de Mateo López e desmontar a escaleira interior.

En 1770 o abade do mosteiro, frei Eustaquio Riesco presenta unha idea á comunidade e solicita do concello o terreo necesario para executala, situado entre a igrexa e a fonte de San Miguel. Frei Manuel dos Mártires, un leigo dominico, foi o autor da traza e frei Plácido de Camiña o executor da obra, que consistiu en transformar a porta de acceso e construír unha nova a nivel inferior.

A escaleira foi concibida co desenvolvemento curvo dos seus tramos, segundo os gustos do barroco tardío, conseguindo que o visitante quede inmerso nunha estrutura envolvente, que descende ata o nivel do chan, onde pode apreciar a altura real do edificio.

A escaleira convértese así nun elemento protagonista que preside a praza, ocupando case a totalidade dela nun alarde de dominio escenográfico.

Interior da igrexa.

O interior da igrexa de San Martiño Pinario, deseñado por Mateo López, presenta unha única nave lonxitudinal, cuberta con bóveda de canón de falsos casetóns. Na nave central ábrense seis capelas laterais, tres a cada lado da nave principal, comunicadas entre si e cubertas con bóvedas de canón casetonadas. A planta remátase cun inusual presbiterio de cabeceira recta, menor altura que a nave e grandes proporcións. Aos pés, sobre os dous últimos tramos da nave, sitúase o coro alto, sustentado por unha bóveda plana casetonada realizada xa no século XVIII, que presenta a peculiaridade da alternancia de pedra e madeira que imita pedra para aliviar o seu peso.

O cruceiro, que serve de transición entre a tensión horizontal da nave e a vertical da cúpula convértese en lugar predilecto para os enterramentos, xeralmente de monxes, recoñecibles pola identificación numérica que presentan gravada na pedra.

Á morte de Mateo López, a comunidade relixiosa contrata un novo arquitecto, o baezano Bartolomé Fernández Lechuga, que realizará variadas obras en todo o mosteiro, entre as que se encontra a enorme cúpula sobre pendentes que remata o cruceiro da igrexa, dividida con doce nervios e sen tambor, que será substituído por doce xanelas que se abren desde o arranque.

En 1685 realizaríanse os balcóns laterais que parten do coro alto e chegan ata o cruceiro, apoiados estes nunhas incribles ménsulas con decoración vexetal que se torna humana, e parecen relacionadas coas realizadas para a fachada do Hospital dos Reis Católicos.

Seguindo a tradición portuguesa, a capela maior de San Martiño presenta un alongamento moi pronunciado para o que era habitual en España, que foi aproveitado polos monxes para colocar o retrocoro tras o altar maior, que tamén serviu para situar baixo o pavimento unha cripta panteón destinada a albergar os restos dos monxes da comunidade.

A este espazo accedíase a través dunha escaleira, hoxe tapiada, que foi descuberta en 1991, coas obras de restauración realizadas con motivo da exposición «Galicia no tempo». Así pois, este espazo convértese en extraordinario, ao ser de uso exclusivo da comunidade, que comparte os seus rezos e cánticos cos monxes que xa non están con eles. Neste lugar, atópase por tanto o cadeirado de San Martiño Pinario, estreitamente ligada á oración e estruturado para respectar a xerarquía tradicional monástica. Mateo de Prado realizou a obra entre 1639 e 1647, seguindo modelos de Gregorio Fernández. Son cento corenta e nove taboleiros de nogueira, trinta e cinco na parte baixa, corenta e cinco na alta e os restantes no gardapó ou noutros paneis decorativos nas entradas e recunchos.

Nos asentos da parte baixa nárranse as principais escenas da vida da Virxe María, tomando como modelo a serie de gravados do Officium Beatae Mariae Virginis e seguindo unha secuencia de esquerda á dereita dos seguintes episodios: a Árbore de Jessé, o Abrazo ante a porta dourada, a Natividade de María, a Presentación de María no templo, María facendo voto de virxindade, a Educación de María no templo, os Desposorios da Virxe, a Anunciación, a Visitación, o Censo de Belén, a Natividade de Xesús, a Adoración dos pastores, a Circuncisión, a Inmaculada Concepción centrado a composición, a Presentación de Xesús no templo, a Matanza dos inocentes, a Fuxida a Exipto, Xesús entre os doutores, a Ascensión, Pentecoste, o Tránsito de María, a Sepultura de María, María levada ao ceo polo fillo e a Coroación da Virxe.

No cadeirado alto represéntase a igrexa militante, na cal ocuparán un lugar preponderante os membros da Orde Beneditina, todos eles protexidos pola presenza da Virxe na parte inferior. San Bieito ocupa o lugar central, acompañado polas figuras ecuestres de Santiago e San Millán da Cogolla; a partir de aí, distribúense San Pedro e San Paulo, os evanxelistas, os doutores da Igrexa latina, fundadores de ordes relixiosas, monxas beneditinas fundadoras de mosteiros femininos e santos galegos, como San Paio, San Rosendo ou Santa Mariña. No gardapó, a partir do eixo central que crea una fornela co relevo de San Martiño partindo a súa capa cun pobre, sucédense as escenas da vida de San Bieito narradas en Vita et Miracula Sanctisimi Patris Benedicti, representada en espazos cuadrangulares separados por columnas.

No eixo lonxitudinal do balcón que coroa o conxunto de cadeiras, un retablo de fornela única cun altorelevo policromado da Inmaculada Concepción, obra de José Gambino datada cara ao 1766. Sobre este balcón, nos lados maiores da estancia, colocáronse, arredor do ano 1773, dous órganos enfrontados, seguindo a tradición ibérica. O corpo principal de ambos os órganos organízase en sete rúas, todas elas cóncavas, menos a central. Ben que o conxunto desenvolve unha grande verticalidade, está perfectamente axeitado á arquitectura e percorre a cuberta do retrocoro. O entallador Miguel de Romay concibe un conxunto combinando anxos músicos con motivos ornamentais vexetais no cal desenvolve a parte musical frei Manuel Rodríguez Carvajal. Na actualidade carecen de mecanismo metálico interior, expoliado durante a Guerra da Independencia (1808-1814) para ser fundido con fins militares.

No interior da igrexa, todas as capelas están adornadas con retablos do século XVIII. Comezando polos pés da nave no lado da Epístola e tomando como referencia o sentido inverso ao xiro horario, en primeiro lugar, nunha pequena estancia contigua á capela de Virxe do Socorro que pasa desapercibida, encóntrase o retablo de Santa Catarina de Alexandría, realizado en 1763 polo escultor José Gambino, presidido por unha fornela coa santa triunfante sobre a figura do emperador que deu a orde de martirizala, e actualmente carente dos atributos que lle son propios. Coroa o retablo unha imaxe de San Domingos de Guzmán que non estaría no conxunto orixinal, datada a finais do XVIII e atribuída a José Ferreiro.

Capela da Virxe do Socorro.

Ao redor de 1739, Fernando de Casas y Novoa comeza a construción da capela da Virxe do Socorro, organizada en planta lonxitudinal, pero co espazo centralizado coa cúpula casetonada sobre pendentes. Os muros están decorados con diferentes materiais policromados e xaspes que dan ao espazo unha aparencia suntuosa, reforzada co retablo do presbiterio, dourado e decorado con sartas de froitas, cartelas e volutas, deseñado tamén por Fernando de Casas e comezado no ano 1746.

A estrutura adáptase perfectamente á arquitectura e articúlase con pilastras e columnas salomónicas arredor dunha fornela central e coa imaxe da Virxe do Socorro, sobre a cal o ático serve para mostrar un altorelevo co episodio da Presentación de María no templo.

Nesta capela tamén hai dous retablos laterais xemelgos, atribuídos a José Ferreiro e datados entre 1787 e 1789. Seguindo a estética neoclásica, realízanse en madeira policromada que imita mármore, presentan dous medallóns centrais que copian, neste caso, mármore branca. No lenzo do muro leste represéntase a San Xoaquín coa Virxe nena, baixo un frontón dominado por unha nube cun grupo de anxos portadores das táboas da lei. No lado oposto, enfrontado con este, o retablo presenta no medallón a San José co Neno, baixo a nube co Agnus Dei. O chan da capela, xusto na intersección dos tres retablos, baixo a cúpula, utilízase para algúns enterramentos, dos cales destaca o de frei Pablo Martínez, falecido en 1860.

O ciclo de pinturas murais desta capela, realizadas por Juan Antonio García de Bouzas no século XVIII, representan a San Gregorio Magno, San Bieito, Santo Ildelfonso e San Bernaldo, e os profetas do Antigo Testamento nos tondos das pendentes. Conservábanse moi deterioradas e restauráronse nunha pequena área: a parte inferior das pilastras do arco de triunfo no lado oeste da capela. Os traballos realizados entre novembro de 1990 e xaneiro do 1991, dirixidos polas restauradoras Esperanza González do Nascimento e Vitoria Arias Díaz-Eimil, consistiron na limpeza, eliminación de repintes e consolidación das camadas pictóricas sobre o soporte orixinal. A seguir procedeuse a estucar as lagoas e á restauración con acuarelas. Ademais, procedeuse á aplicación dun tratamento alguicida para evitar a proliferación de algas.

Capela de Santa Escolástica.

A seguir está a capela de Santa Escolástica, cun retablo de estética neoclásica trazado por frei Plácido Camiña entre 1773 e 1777, con grandes columnas corintias de madeira, policromadas simulando mármore, que sosteñen un entaboamento sobre o cal se apoian unhas pilastras tamén corintias que serven de base a un frontón semicircular.

Detrás da santa, irmá xemelga de San Bieito e fundadora da rama feminina da orde, unha superficie acristalada que permite o paso de claridade, crea xogos de luces e sombras. A imaxe da santa, realizada por José Ferreiro, preséntase no seu ascenso aos ceos, axudada por un anxo, mentres que outro a espera coa coroa da gloria nas súas mans.

Cruceiro da igrexa.

O cruceiro da igrexa está ocupado por un extraordinario conxunto formado por tres retablos, o maior custodiado por dous laterais xemelgos, realizados no século XVIII polo entallador Miguel de Romay con deseños de Fernando de Casas y Novoa, e presenta una síntese da iconografía e doutrina da orde beneditina.

En 1742 comezan os traballos dos retablos laterais, situados un fronte a outro, ambos coa mesma distribución en tres rúas e ático, columnas salomónicas xigantes, superposición de fornelas cóncavas nas rúas laterais e, como base, un alto banco. No decorativo, tamén son moi similares e presentan volutas, sartas de froitas, ménsulas decorativas, fitas e senllos frontóns semicirculares partidos dos cales emerxe unha figura piramidal.

No muro da Epístola, o retablo de San Bieito, está presidido por este santo, representado segundo a súa iconografía habitual: hábito negro da orde, o báculo na man dereita, o libro da regra beneditina na esquerda, a mitra aos pés como símbolo de renuncia á dignidade episcopal e o corvo co pan envelenado no bico.

Sobre el aparecerá o sol, subliñando a dignidade do personaxe e aludindo á iluminación que recibiu o santo para escribir a regra beneditina, escena representada no relevo do ático sobre o escudo da Congregación de Valladolid. Coroa todo o conxunto no seu corpo central a imaxe de San Miguel.

Nas rúas laterais, comezando pola parte inferior, flanquean a imaxe de San Bieito os seus dous discípulos predilectos San Plácido e San Mauro, encima destes, Santo Anselmo e San Tomé de Aquino, representantes do pensamento teolóxico, e no ático, pero dispostos en peañas exentas da rúa central, os fundadores de dúas ordes con importante presenza en Santiago de Compostela: Santo Agostiño de Hipona e San Francisco de Asís, curiosamente representado portando unha cesta de peixes, en recordo do pagamento anual que os franciscanos debían facer aos bieitos por cederlles o terreo para construír o convento. Aos pés deste retablo hai una serie de tumbas decoradas, que pertencen a abades que buscan a protección de San Bieito.

Emparellado con este retablo e ocupando unha posición simétrica no muro do Evanxeo, o retablo da Virxe inglesa está presidido por unha imaxe sobre peaña da Virxe co neno tallada en Inglaterra na primeira metade do século XVI e que, como tantas outras, foi traída a España a partir da iconoclastia introducida naquel país, mediante a Reforma protestante en 1550, que ordena a destrución da imaxinaría.

Sobre ela, a lúa, símbolo virxinal, cunha inscrición do mesmo versículo do Eclesiastés que a cita do sol do retablo de San Bieito. Encima, o escudo de San Martiño Pinario e, no ático, o relevo coa escena da imposición da casula a Santo Ildefonso, estreitamente vinculado ao culto mariano, coroado pola escultura en vulto redondo do arcanxo San Rafael.

Nas rúas laterais refórzase o programa iconográfico mariano, de tal xeito que ocupan as catro fornelas distribuídas en dous pisos personaxes estreitamente relacionados con ela. Xoán Juan Bautista, profeta da chegada de Cristo e San Xosé co neno, ocupan o piso inferior, mentres que o superior se reserva para os pais de María: San Xoaquín e Santa Ana, ambos coa Virxe nena.

Do mesmo xeito que ocorría no retablo de San Bieito, custodian o retablo do ático dúas esculturas de vulto redondo de fundadores de ordes relixiosas con sede en Santiago de Compostela: San Domingos de Guzmán e San Ignacio de Loyola.

No cruceiro, tres das catro pilastras que soportan a cúpula serven de soporte para outros tantos púlpitos, dos cales os dous que custodian o altar maior foron realizados arredor de 1772 para substituír uns de ferro do século anterior, aproveitando deles os atrís con forma de aguia realizados polo broncista Mateo Rey. Concíbense con claras influencias italianizantes, nos xogos dos mármores de cores e de xaspes que conforman diferentes motivos xeométricos.

Están cubertos cuns tornavoces dourados realizados por Gambino no 1761 como parte da ampliación do retablo maior. A principios do século XX, o Seminario Diocesano encarga o púlpito que se atopa máis preto da nave, para achegarse aos fieis, no lado oposto ao púlpito barroco do Evanxeo.

O deseño é copia literal dos de frei Manuel dos Mártires, aínda que emprega madeira policromada que imita xaspes, seguindo a tradición de Placido Camiña.

Reixas.

Esta zona do cruceiro da igrexa está rotundamente separada da nave da igrexa por unha espectacular reixa de 12 metros de largo por 2,60 de altura, forxadas entre 1730 e 1733 seguindo o deseño de Fernando de Casas Novoa. A súa superficie está ricamente decorada con róleos, volutas e curvas en forma de C. Posteriormente, cara a 1785, frei Plácido Camiña realiza as reixas que pechan as capelas laterais da nave, seguindo o modelo de Fernando de Casas, aínda que cun debuxo menos elaborado.

Retablo maior.

O retablo maior, concibido como retablo-baldaquino, presenta dúas caras, a posterior cara ao trascoro e a principal cara á nave central da igrexa. A estrutura de madeira dourada remata nunha forma piramidal que chega ata a bóveda de canón policromada que cobre a zona do presbiterio e presenta unha decoración realizada a base de columnas salomónicas, volutas, perlarios, follas de acanto e miúda decoración vexetal.

O discurso iconográfico articúlase a partir do grupo escultórico central da Trindade coroando a Virxe, flanqueada por San Pedro e San Paulo. Encima, o escudo real utilizado en España entre o 1700 e o 1761, co escudete central da Casa de Borbón, flanqueado nos extremos polas figuras ecuestres de Santiago Matamouros e San Millán de la Cogolla.

Nun nivel superior, unha grande estrutura rectangular que acubilla a escultura de vulto redondo da Apoteose de San Martiño de Tours como bispo, acompañado por dous anxos portando cadansúa bandeirola da orde relixiosa do Temple e a militar de Calatrava, respectivamente. Todo o conxunto está coroado por un San Martiño ecuestre partindo a capa cun pobre.

Arredor de 1760, os monxes encargan o peche dos laterais do retablo maior a José Gambino, que colocará sobre as portas que dan acceso ao trascoro as imaxes de Santo André, baixo o seu irmán San Pedro, e San Xoán Evanxelista, irmán de Santiago, no lado da Epístola. Ademais, incrusta a ambos os dous lados dous grandes altorrelevos con milagres de San Martiño de Tours, acompañados cadansúa fornelas cos arcanxos San Gabriel e San Rafael.

No lado da epístola, entre os medallóns cos bustos de San Mauro e Santa Xertrude, represéntase o Milagre do piñeiro, no momento en que San Martiño cun sinal da cruz consegue que o piñeiro ao que estaba atado e ordenou cortar cambie a traxectoria e caia sobre os pagáns. No Evanxeo, entre os medallóns de San Plácido e Santa Escolástica, preséntase o momento do milagre da Resurrección do neno, en que o santo devolve o neno á súa nai, despois de resucitalo.

Na parte posterior deste retablo, que dá cara ao coro da igrexa, custodian o baldaquino central, na súa parte superior, as imaxes de San Bernaldo e San Gregorio Magno, deixando entre elas o escudo do mosteiro de San Martiño Pinario, que dá paso nun nivel superior a un San Xosé co neno. Volvendo cara aos pés do templo polo lado do Evanxeo, enfronte da capela de Santa Escolástica, un retablo de estética neoclásica, emparellado con este, decórase imitando mármores policromados.

Capela do Cristo da Paciencia.

Na capela do Cristo da Paciencia, José Ferreiro crea para o oco central do retablo en 1784 un calvario de vulto redondo sobre un fondo plano e decorado, completado coa imaxe na esquina superior dereita dun anxo que se achega a recoller o sangue das súas feridas cun cáliz.

O Cristo crucificado, de pómulos prominentes conforme o máis puro «estilo Ferreiro», leva un pano de pureza, atado no lado dereito e pouco cinguido á súa anatomía.

Capela de Santa Xertrude a Magna.

Do mesmo autor e cronoloxía é a capela de Santa Xertrude a Magna, representada na súa apoteose, o que permite ao artista crear unha composición dinámica na cal a santa acompañada por anxos sobe aos ceos, onde a esperan Cristo, a Virxe e San Xoán. Curiosamente, a parte central deste retablo ábrese para converterse en porta de acceso ao claustro procesional.

Capela de San Bernaldo.

Xa á altura da entrada da igrexa polo seu muro sur, a capela de San Bernaldo, trazada por frei Plácido Camiña, imita na súa estrutura a de Santa Catarina, que se atopa xusto enfronte, e presenta na fornela central unha imaxe do santo que podería encadrarse no taller de José Ferreiro. Cara a 1990, neste retablo abriuse a porta que se atopaba disimulada e que comunicaba a igrexa coa á leste do mosteiro.

Coro alto.

Desde o ano 2002-2004 o coro alto exhibe o cadeirado realizado para a catedral de Santiago, que foi encargado polo arcebispo San Clemente entre 1603 e 1604 para substituír o antigo coro pétreo alí existente, construído e labrado polo mestre Mateo e o seu taller sobre 1200 e que ocupaba os primeiros catro tramos da nave maior.

As pezas deste vello coro pétreo reutilizáronse durante os primeiros anos do s.XVII na propia catedral compostelá, en especial na Porta Santa algunhas, e outras como imaxes de culto. Pero a maioría serviron de material de construción nas diversas obras en curso: escalinata do Obradoiro, recheo do patio e coxías do claustro e edificios anexos. Outras saíron da catedral e empregáronse en diversos lugares do territorio galego.

Á derruba deste coro medieval sucedeulle un novo cadeirado de madeira máis acorde coas novas disposicións tridentinas; en especial coidouse que a cadeira do arcebispo ocupase un lugar preeminente que coincidise co centro do testeiro.

Os encargados desta obra foron os escultores Xoán Davila e Gregorio Español, que o remataron o 11 de xullo de 1608. Partindo dun eixo central formado pola cadeira arcebispal limitado por unhas escaleiras, desenvólvense trinta e cinco cadeiras na súa parte inferior para os titulares, que representan bustos en relevo dos pais da Igrexa latina e da oriental xunto a catro das virtudes, mártires, virxes e santos fundadores de ordes relixiosas. Enriba, corenta e nove cadeiras destinadas aos cregos.

O gardapó mestura a forma rectangular da escena coa separación de columnas para presentar feitos heroicos levados a cabo polos membros da igrexa anteriormente presentados, presididos pola fornela enmarcada nun frontón en que se mostra Santiago ecuestre.

Este coro lígneo cumpriu a súa función ata mediados do s. XX cando, despois de varias vicisitudes, a Dirección Xeral de Belas Artes, en 1944 ordenou retirar unha parte do coro, xa parcialmente desmontado. Ao non dispor a catedral dun espazo suficiente para a súa montaxe trasladouse ao coro alto do mosteiro de San Martiño Pinario, pero nos anos 70 volveuse trasladar ata o presbiterio da igrexa de Sobrado dos Monxes, no cal permanecu ata 2003, cando se decidiu volver ao coro alto de San Martiño, onde foi restaurado e volto a montar.

Oratorio de San Felipe Neri.

Completando a cabeceira, a ambos os dous lados da capela maior atópanse a capela de San Filipe Neri, no muro meridional e a statio no setentrional, dúas estancias concibidas por Mateo López e construídas nos primeiros momentos da obra co intención de establecer unha relación estreita entre estes espazos e a nave, aínda que por mor da construción dos claustros, ambas as dependencias foron ampliadas por Bartolomeu Fernández Lechuga. O oratorio de San Filipe Neri responde á tipoloxía das sancristías renacentistas e debeu funcionar como tal nos seus primeiros tempos, cando Fernández Lechuga crea este aditamento para comunicar os novos claustros coa igrexa. Posteriormente debeu ser sede da congregación do mesmo nome destinada á instrución da mocidade e a asistencia de indixentes, peregrinos e presos. Nos anos 90 do século XX substituíuse a moqueta e o pavimento antigo por outros novos, tras colocar un sistema de calefacción radiante como na zona das tullas. Procedeuse a retirar a madeira das arcadas e limpáronse as paredes, a bóveda e os medallóns de pedra nas pendentes dos arcos decorados cos Reis de Israel, que foron dotados dun novo sistema de iluminación. No segundo mandato de frei Isidoro de Arriaga (1694-1697), dentro dun plan de ampliación do mosteiro que dirixiu frei Gabriel de Casas, dispúxose a construción dunha sancristía nova, que viría substituír a proxectada por Mateo López. O proxecto engloba a antesancrístia, a sancristía, a theca ou capela de reliquias, e a escaleira á libraría.

Statio.

A statio, de planta rectangular e cuberta por unha bóveda de canón casetonada, é de formas máis austeras e cumpriu simplemente a función de lugar de paso desde o mosteiro á igrexa, á cal está encostada polo seu muro setentrional. Como lugar de paso inmediato á sancristía, pasou a exercer tamén funcións de antesancristía, utilizándose para que os monxes entrasen organizados ao templo para celebrar a eucaristía. Actualmente utilízase como sala de exposicións e conserva as portas que pechan a estancia, realizadas a finais do XVIII por Manuel Landeira Bolaño. Esta estancia conserva o retablo da Virxe do Pilar, datado a finais do XVIII e principios do XIX, coas imaxes de Santiago o Maior adorando a Virxe do Pilar, de cronoloxía anterior ao retablo, así como un relicario de San Clemente realizado en cera, datado a finais do XVIII. Expóñense tamén nesta sala, parte dos anxos que portan os instrumentos da Paixón de Cristo pertencentes ao Monumento de Xoves Santo, construído en 1772 por frei Plácido Camiña, o escultor José Ferreiro e o pintor Manuel Landeira Bolaño. Na parte central da sala expóñense as vestiduras litúrxicas utilizadas no mosteiro entre os séculos XVII e XX, xunto co cáliz e patena que Benedicto XVI regalou ao Seminario Maior, actual custodio do antigo mosteiro, durante a súa visita en novembro de 2010.

Sancristía.

A sancristía de San Martiño Pinario, comezada por frei Gabriel de las Casas en 1696 e rematada por Fernando de Casas Novoa en 1740, presenta unha arquitectura maxestosa a partir dunha planta de cruz grega, con pilastras nos ángulos, bóvedas de canón nos brazos da cruz e unha cúpula central ornamentada con casetóns e motivos florais. Sobre os piares e o arranque do entaboamento que serve de apoio ás bóvedas, na sancristía tamén se atopan figuras que proveñen do xa citado Monumento de Xoves Santo, a representación dos catro evanxelistas e as virtudes teologais e as cardinais.

Actualmente, na zona central da estancia expóñense pezas de ourivaría. A finais do XVIII, frei Plácido Camiña realiza dúas gabeteiras de madeira vista para os muros leste e oeste, emparelladas e enfrontadas, compostas por cinco módulos de catro caixóns cada una, sobre os cales descansan uns taboleiros encostadas á parede, cunha fornela central de arco de medio punto, que debían exhibir unhas tallas de Cristo crucificado de José Ferreiro, actualmente desaparecidas. Desde este eixo central, unha moldura agrupa marcos rectangulares con alternancia de tamaño, a razón de catro a cada lado da fornela central de cada unha das gabeteiras. Nestes marcos colocábase a colección de óleos sobre cobre detallada no anexo III de bens mobles.

Para os outros dous muros da sancristía, frei Plácido Caamiña incrusta dous retablos enfrontados en dous grandes arcosolios laterais de medio punto, asentados sobre outras tantas gabeteiras con tres módulos de catro caixóns cada unha. O retablo articúlase en tres rúas separadas por parellas de pilastras ou columnas, segundo o moble, que alternan a imaxinaría coa pintura e desenvolven un programa iconográfico dedicado á Virxe María no muro leste e a Cristo no oeste. Ambos os tipos de gabeteiras de sancristía, emparelladas dúas a dúas, gardan relación entre si polos elementos decorativos empregados e forman un conxunto unitario.

Theca e acceso.

No muro leste da sancristía ábrense dúas portas que dan acceso á theca e ás escaleiras de acceso ao coro alto, respectivamente. A theca, ou antiga capela das reliquias, é contemporánea da sancristía e concíbese en planta rectangular cuberta por unha bóveda de casetóns policromados. Na actualidade emprégase para a exposición de restos arqueolóxicos e arquitectónicos.

4.3. Mosteiro.

Exterior do mosteiro.

O afán dos monxes de San Martiño por facer o seu mosteiro máis grande atopou a oposición dos cóengos da catedral na zona da praza da Acibecharía. Debido a este enfrontamento, as obras da portaría do mosteiro estiveron paralizadas desde 1677 ata 1681, cando, tras o acordo coa catedral, frei Gabriel de las Casas realiza o deseño da portada do mosteiro, centrada no lenzo do muro oeste do mosteiro e resaltada en altura polo corpo superior, presidido polo escudo real sobre a inscrición 1738, e rematado pola figura ecuestre de San Martiño partindo a capa, que engadiu Fernando de Casas.

Frei Gabriel de las Casas repetiu ao exterior o esquema interior do claustro procesional, utilizando na fachada un par de columnas toscanas que enmarcan a rúa central, dividida en altura en tres tramos, pola porta, a fornela de San Bieito e o balcón voado. Nos laterais, o enorme lenzo mural desenvolve a altura en catro pisos, que se abren ao exterior por medio de vans rectangulares cuxa monotonía se ve interrompida con arcadas cegas no baixo e uns corpos cúbicos que sobresaen nas esquinas.

Nesta chamada Porta Real, destacan dous elementos escultóricos: por unha parte, a imaxe pétrea de San Bieito abade, policromada, de vulto redondo e portando todos os atributos iconográficos que lle atribúe a Lenda Dourada (cogula negra, báculo que sostén na súa man dereita, o libro da Regra na esquerda e, aos seus pés, a mitra e o corvo co pan envelenado no bico).

Realizada a finais do século XVII para unha profunda fornela, denota frontalidade compensada pola intensidade expresiva do rostro. Doutra banda o pente de remate tamén domina a fachada acadando unha considerable altura coa escultura de vulto redondo dun San Martiño ecuestre, na escena da partición da súa capa co pobre.

Esta escultura barroca xa mostra un santo cabaleiro, vestido co boato barroco, que xira o seu corpo en sentido contrario ó movemento do cabalo para poñerse fronte ao necesitado que vai socorrer.

Trasladado o Colexio de San Xerome á praza do Obradoiro, esta fachada do mosteiro configurou o espazo da praza da Inmaculada, tal e como o coñecemos hoxe en día. O dominio desta fachada sobre a praza era tal que os cóengos emprenderon pouco despois a reforma da portada norte da catedral, fronte a San Martiño. Fernando de Casas remata o claustro procesional en 1743, coa construción do lado leste e dándolle unha maior altura á fachada da tulla, que percorre a actual rúa da Moeda Vella, ata a fachada da igrexa na praza de San Martiño, en cuxo punto de encontro se abre unha entrada para facilitar o acceso ao claustro procesional desde a rúa, a chamada Porta dos Carros. Concibida con carácter funcional e de servizo, evoca a dignidade do edificio e da súa comunidade, coa decoración dun relevo de San Martiño bispo, rematado cun frontón semicircular partido no cal se instala unha epígrafe labrada coa data de 1740. Este relevo de San Martiño, ataviado con capa pluvial, mitra e báculo, como corresponde á súa dignidade de bispo, aparece orlado cunha decoración de curioso gusto manierista.

Seguindo o mesmo sentido de circulación, ao superar a fachada-retablo da igrexa, o muro do mosteiro queda oculto tras unhas vivendas que ten encostadas a citada praza de San Martiño, seguindo pola rúa da Porta da Pena ata a confluencia coa Costa Vella, en cuxa parte alta aínda quedan vestixios daquel Pignario que outrora dera nome a este lugar. Alí, un piñeiro de grandes dimensións coroa a encosta. Desde este punto recupérase a vista do muro que baixa cara ao Campiño de San Francisco, onde converxe co muro oeste do edificio, que discorre paralelo á rúa Val de Deus, dominada polo enorme muro do mosteiro correspondente co occidental, último na actividade construtiva do exterior do edificio.

Desde aquí, continúa pola rúa das Dúas Portas ata a esquina suroccidental da fachada principal do mosteiro, onde se reutilizan doelas da fábrica baixomedieval asentadas como material de recheo.

Portaría.

O ingreso principal ao mosteiro realízase pola portaría, espazo creado para dar acollida ás persoas que se achegan ao mosteiro, como testemuña da importancia que a regra beneditina dá á hospitalidade.

Claustro regular.

Desde a portaría, accédese ao claustro regular, tamén chamado da portaría ou claustro das procesións, que actúa coma célula distribuidora do mosteiro, e se presenta como unha obra senlleira, que supuxo o emprego por primeira vez en Galicia das dobres columnas xigantes, enlazando o corpo de arquerías co piso alto. Iniciado en 1627 baixo a dirección de Bartolomé Fernández Lechuga, conclúese na década de 1740, na época de Fernando de Casas, despois de máis dun século de construción, de cuxas campañas construtivas e os seus artífices quedan testemuños nas inscricións das métopas de cada unha das fachadas.

No centro a fons vitae, habitual nos claustros monásticos, reinstalada neste claustro nos anos 70 do século XX coa intervención que Pons Sorolla fixo no mosteiro.

A fonte foi deseñada por Casas y Novoa para este lugar, pero foi desprazada ao claustro das oficinas no momento da construción porque a presión da condución natural de auga non conseguía a altura necesaria para acadar a saída superior da fonte.

Claustro das procesións.

O claustro das procesións, pavimentado á mesma altura que as naves da igrexa, á cal se encosta no seu muro meridional, desenvolve unha planta cadrada con dúas alturas, de seis tramos en cada lado delimitados por un par de enormes columnas toscanas sobre un estilóbata de altura notable. O corpo inferior articúlase con arcos sobre pilastras dóricas cuxa rosca presenta unha moldura que se alonga sobre a liña de imposta, coincidente coa cornixa que o separa da parte alta. O piso superior organízase cun balcón cun tragaluz elipsoidal sobre o lintel. Soamente se interrompe esta pauta nas esquinas, onde se dispón unha soa columna no ángulo. O conxunto remátase con pirámides e bólas. O piso inferior ábrese interiormente ao patio central mediante una arcaría corrida e cobre as súas pandas por unhas sólidas bóvedas de aresta atravesadas nos seus tramos por uns arcos de sección semicircular, o que crea una pauta regular nas coxías.

Arquivo Histórico Diocesano.

Na panda meridional ábrese cara á esquina leste o Arquivo Histórico Diocesano, instalado nestas dependencias desde 1975. Nunha coxía inmediata a este acceso, unha inscrición no muro, coñecida popularmente como o «víctor de frei Rosendo», conmemora o centenario da partida de frei Rosendo Salvado, beneditino que pronunciou os seus votos en Pinario e que en 1845 partiu cara a Australia para evanxelizar e onde fundou Nova Nursia.

Escaleiras da cámara.

No ángulo noroeste do claustro principal iníciase a construción das chamadas escaleiras da cámara cara ao ano 1681, proxectadas por frei Gabriel de las Casas. Na varanda hai unha rica ornamentación de elementos vexetais que continúa na cuberta, onde os elementos vexetais están coutados por molduras rectilíneas.

Escaleira do refectorio.

No lado norte do claustro das oficinas frei Tomás Alonso proxecta a escaleira do refectorio, concluída no 1681. De oco ao aire, cuxa rampla carece dun soporte central, apoiando a caixa soamente nos muros, que é cadrada de catro tramos. Cóbrese cunha cúpula octogonal sobre trompas, totalmente decorada con sartas de froitas e róleos vexetais. As trompas decóranse cos escudos do mosteiro, o de Castela e León, o de Compostela e o da Congregación de Castela, sostidos por seres fantásticos.

Torre do campanario.

En 1675 estaba a construírse a torre do campanario atribuída a frei Tomás Alonso, quen deseña un modelo atípico para estas construcións en Santiago, seguramente derivado dos conflitos co cabido catedralicio, cando Peña de Toro tentou a construción das torres campanario na portada da igrexa.

O resultado foi unha sinxela espadana, desprazada con respecto á igrexa, de planta rectangular cos seus lados máis largos cara aos claustros e os máis estreitos visibles desde a Acebicharía e a Porta da Pena, quedando camuflada ao exterior tras os novos edificios que se estaban erixindo.

Claustro das oficinas.

Entre 1655 e 1660 iniciáronse as obras do segundo claustro, con trazas de José Peña de Toro, no cuadrante suroccidental do mosteiro de San Martiño Pinario, ao oeste do gran claustro procesional, sobre o soar que ocupou a igrexa.

As obras remataron baixo a dirección de frei Tomás Alonso en 1677, segundo consta na inscrición do piso superior deste claustro das oficinas. Desde os inicios foi concibido como o claustro dedicado á comunidade e arredor do cal se desenvolvía a vida regular da oración dos monxes e actuaba como o núcleo distribuidor desde o cal se accedía ás dependencias dos monxes e ao redor do cal se dispoñía a cociña, o refectorio, a botica e a grande escaleira, que daba acceso ao andar superior, onde estaban as celas dos monxes.

O claustro das oficinas desenvolve unha arquitectura de extraordinaria sinxeleza e un perfecto equilibrio, a partir de formas clasicistas presentadas con grande austeridade. Superpóñense dous corpos de dúas plantas cada un deles, enlazadas por pilastras pareadas de orde toscana.

O corpo inferior e único orixinariamente proxectado presenta no nivel do chan unha galería de arcos asentados sobre un banco que percorre todo o patio, e o superior con xanelas con montante, todos eles separados por pilastras estriadas; sobre esta estrutura engadíronse dúas plantas, que repetiron a organización da parte inferior, aínda que utilizando pilastras toscanas de fustes casetonados.

Seguindo a estrutura habitual herdada dos claustros medievais, no centro hai unha fonte, e no espazo restante, un pequeno xardín. Ao redor da fonte, inscrito no círculo que eleva a altura do pavimento uns centímetros, pode verse con claridade a pegada da anterior instalación da fonte de Fernando de Casas, traslada ao claustro procesional.

No xardín retiráronse algunhas das árbores que creceran demasiado e que pareceu conveniente trasladar á horta do mosteiro e recuperouse o murete que o delimitaba. Deseñáronse as distintas áreas axardinadas, para finalmente restaurar a fonte que ocupa o centro do patio. Co paso do tempo, coa adaptación do edificio ás necesidades que ían xurdindo, o claustro das oficinas perdeu o seu carácter aberto de patio porticado para converterse nun patio de luces cego e as galerías que rodeaban perimetralmente o xardín que deron lugar a pasadizos carentes de luz.

A finais do século XX substituíronse estes muros de cachotaría por grandes vidros montados ao aire co fin de que as carpintarías non deteriorasen a imaxe que orixinalmente tivo o claustro cando os arcos estaban abertos. Así mesmo, procedeuse á limpeza e saneamento dos muros.

Refectorio.

Entre 1663 e 1669 construíuse o refectorio novo, situado na galería occidental do claustro e ocupando parte do soar da igrexa antiga, desmontada neses anos. Sen que se poida dar por seguro, a traza deste claustro podería atribuírselle a Peña de Toro e a execución da obra a Francisco Gutiérrez de Lamasoa.

Tras unha simple portada enmarcada por unhas pilastras toscanas, accédese a unha dependencia sinxela e funcional, ampla e cuberta por unha bóveda de canón divida en tramos por potentes arcos faixóns apoiados en ménsulas.

Como única decoración aparece no testeiro unha fornela enmarcada por volutas das cales penden unhas sartas de froitas, que servía coma embocadura da escaleira que permitía o acceso desde as celas ao comedor, desmontada no século pasado. Na actualidade toda esta á occidental do mosteiro está ocupada por instalacións da hospedaría, onde a cociña separa este refectorio, utilizado para xantares, e o comedor pequeno, onde se serven os almorzos.

Botica.

Tamén é frecuente nos mosteiros a botica que formaba os boticarios e prestaba atención sanitaria ás comunidades dependentes deles e á poboación en xeral, suplindo a carencia de hospitais. Desde finais do século XVI, documéntase a presenza dunha botica no claustro das oficinas do mosteiro de San Martiño rexida por un monxe da comunidade, que ao principio atendía unicamente o propio mosteiro e posteriormente, algúns peregrinos e enfermos pobres, pero non será ata 1648 cando se abra ao gran público, converténdose na segunda botica máis importante de España despois da do mosteiro de Silos.

Máis tarde, a comezos do s. XIX ampliáronse as súas dependencias de xeito que o despacho tivese acceso desde a fachada principal do mosteiro de Pinario para facilitar a atención ao público desde o exterior, na estancia coñecida como botica nova.

Partindo da información contida en documentación diversa e en especial nos libros de receitas médicas dalgunhas monxas e dos obxectos amontoados despois da desamortización, no local orixinario da botica e a rebotica co seu gabinete de química, consérvanse as instalacións e, a partir dalgúns gravados e pinturas, reconstruíuse o forno de destilación de plantas. Este espazo, que no seu día estivo integrado na exposición Galicia Dixital, na actualidade pasa case desapercibido nunha estancia ocupada pola tenda. Nas estancias da parte alta da igrexa do mosteiro que se presentan hoxe en día como salas de exposición permanente exponse o enxoval propio do uso farmacéutico, así como o mobiliario que lle era inherente.

Tanto o moble de estilo neoclásico, do século XIX, –realizado, seguramente para o dispensario, en madeira de caoba, cerdeira e castiñeiro, de dous corpos, o inferior con gabeteiras e o superior con diferentes andeis separados por columnas e centrados na actualidade por unha figura de Santiago Apóstolo, cuxo lugar ocuparía, en principio, un óleo da Virxe do Socorro– como as gabeteiras que ocupaban orixinariamente a rebotica. Sen dúbida, esta é a botica máis completa e mellor conservada deste tipo en Galicia, do que no seu día foi todo un complexo, composto non só polo dispensario e dependencias propias da botica senon tamén polo xardín botánico en que os monxes producían as súas propias plantas medicinais. Así pois, demais dos elementos que integran o inmoble, concrétanse no anexo III de bens mobles que se xunta a este informe.

Imprenta.

A partir de xaneiro de 1881 a imprenta del Boletín Eclesiástico aloxada en dependencias do Pazo Arcebispal trasladouse a un local do Seminario Maior. Desde este momento, a imprenta consolida a súa actividade para todo tipo de publicacións e encadernacións e acada unha relevancia tal que se converte nun dos primeiros centros tipográficos de Compostela, que se mantivo activo ata 1990. Parte da maquinaria consérvase almacenada en condiciones precarias no local orixinal, pero non é visitable.

Nas mesmas condicións parecen atoparse as pranchas xilográficas para gravados e as placas de fototipias e linotipias. En calquera caso, este uso do mosteiro, que manifesta a adaptación do edificio ao longo da historia, deixa testemuño no legado do mosteiro, incrementado polas xilografías, calcografías e fotogravados catalogados con motivo do Xacobeo 99 e que constan na relación de bens mobles no anexo I e III deste informe.

4.4. Potencialidade arqueolóxica do monumento.

A evolución do complexo ao longo dos tempos sinala a necesidade dunha valoración técnica da potencia arqueolóxica do espazo actualmente ocupado polo mosteiro, cuxo edificio conserva algúns fragmentos de construcións procedentes do propio mosteiro e dos antigos edificios estremeiros, como é o caso do desaparecido Hospital de Santiago e o Colexio de San Xerome.

Ben que neste punto se mencionan as evidencias desprendidas da análise histórico-artística, suxírese a realización dun informe por parte dun técnico competente que poida examinar a riqueza arqueolóxica do mosteiro de San Martiño Pinario. O desnivel natural en sentido leste-oeste que se ve obrigado a salvar o actual claustro das oficinas fai posible que baixo o pavimento da súa planta inferior poidan atoparse materiais de edificios anteriores, reutilizados como recheo na parte máis occidental do claustro.

Tamén é moi posible que algún punto do claustro das oficinas, incluído o propio patio central, poida esconder restos dos muros da igrexa monástica ou das dependencias claustrais, ou mesmo parte dos muros. É moi posible que, baixo o claustro construído no século XVII, estean as tres naves da igrexa románica, as ábsidas, os seus altares, as capelas laterais construídas ao longo da Idade Media, o acceso occidental desde o exterior e gran cantidade de sepulturas. Tamén poderían aparecer restos das estruturas de dependencias medievais anexas ao claustro medieval ou restos do claustro do s. XVI.

Xunto aos elementos arquitectónicos, presúmese a presenza dunha grande cantidade de material arqueolóxico diverso relacionado cos diferentes momentos da vida da comunidade ata o mesmo século XVII, en que debeu de deixarse de utilizar o claustro medieval.

É previsible a aparición de numerosas moedas, pezas de cerámica, restos de alimentos e material téxtil, insignias de peregrinación, etc.

Ao longo do perímetro do edificio, nos seus sectores meridional e oriental, deberían aparecer boa parte dos restos das vivendas con que se urbanizou a partir do século XIII esta zona do primitivo solar monacal, incluído o trazado de parte da rúa do Rego. Os materiais existentes baixo o claustro das procesións corresponderían con toda probabilidade á vida cotiá dos habitantes de Santiago do período baixomedieval, entre os séculos XIII e primeiras décadas do século XVI. En toda a parte meridional deben atoparse testemuñas das sucesivas canalizacións de auga procedentes da cisterna de San Miguel, cuxas máis temperás referencias se sitúan no século X.

A igrexa actual, ao ser levantada na parte do soar monacal nunca edificada, é posible que só conserve no seu subsolo algún resto das canalizacións de auga. En calquera caso, é preciso ter en conta que para asentar a parte máis oriental da igrexa foi preciso rebaixar considerablemente o nivel de ocupación da praza da Fonte de San Miguel.

Finalmente, no perímetro occidental da parcela na parte interior do actual muro de peche cara á Costa Vella, poden atoparse elementos do sistema defensivo da cidade, tanto restos da muralla coma dalgunha das súas torres, no tramo comprendido entre a Porta de San Francisco e a Porta da Pena, documentadas na planimetría da cidade do século XVI.

4.5. Outros bens.

Consideracións previas.

Ademais da relación de bens mobles, pertenzas e accesorios relacionados co inmoble é conveniente citar outros obxectos agrupados por bloques temáticos en coleccións, tanto para clasificar e organizar os bens, como para, se for o caso, elaborar o futuro inventario polo miúdo de bens mobles.

Téñense realizado traballos de documentación específicos, en especial os xa citados anteriormente do Catálogo da exposición Santiago, San Martiño Pinario, realizada entre maio e decembro de 1999 e San Martiño Pinario, Inventario, publicado en xullo de 2000 e complementario do anterior, os dous da S.A. Xacobeo. Ambos enumeraban as pertenzas e sistematizaron o estudo dunha parte importante do patrimonio do mosteiro, que ata ese momento pasara desapercibido ao atoparse case que oculto e disperso, pero fundamental no estudo deste centro monástico que tamén foi centro de estudos.

Así pois, xunto cos bens habituais de arte sacra neste tipo de inmobles, tales como vestiduras litúrxicas, imaxinaría, ourivaría e repertorio pictórico, inclúense coleccións heteroxéneas que dan testemuño da intrahistoria do mosteiro: pezas da imprenta, enxoval da botica, fondos dos gabinetes de física e química e historia natural do Seminario Conciliar...

Bens mobles.

Os distintos usos e diversidade de institucións que tiveron ou teñen sede no mosteiro forman parte do devir histórico do mosteiro, que dan sentido pleno ao monumento presente na actualidade co seu discurso dinámico que provoca a continuidade do complexo monumental.

Por tanto, o vínculo que se establece entre os bens mobles e o inmoble é de natureza histórica, artística, arqueolóxica, científica, funcional ou cultural, sen que en ningún caso supoña alteración ningunha da súa propiedade ou vinculación singular a algunha das institucións que acolle ou que poida acoller o monumento, que sempre deberá tomar en consideración a súa relación específica tanto desde un punto de vista histórico como funcional.

Para determinar os bens culturais que hoxe en día se custodian en San Martiño Pinario e se incluen nesta relación, ademais dos traballos anteriormente referidos, pártese dun traballo encargado á Universidade de Santiago e posto en común co Arcebispado de Santiago, para facer constar as especiais condicións que poidan ter cada un deles.

Para garantir a súa protección e recoñecer o seu valor cultural, identifícase a relación de bens mobles relacionados coas diferentes etapas históricas do monumento de San Martiño Pinario e proponse a clasificación como bens mobles catalogados os enumerados na relación que se achega no anexo III.

A relación de bens mobles non é un conxunto pechado, xa que procede dun estudo preliminar e das fontes documentais existentes, pero debe ser completada coa obriga de elaborar un plan director do monumento que entre as súas determinacións inclúa o inventario polo miúdo das súas partes integrantes, en especial o referido a:

a) Fondo documental e bibliográfico.

b) Imprenta.

c) Botica.

d) Coleccións musicais.

e) Patrimonio científico e técnico relacionado coa actividade docente.

f) Roupas litúrxicas.

a) Fondo documental e bibliográfico.

O patrimonio documental e bibliográfico relacionado co monumento e a súa comunidade relixiosa deben mencionarse, aínda que, polo devir histórico, en moitos casos non se atopen conservados in situ. San Martiño Pinario de Santiago, e os seus priorados dependentes, é unha das abadías beneditinas galegas que máis documentación xerou o que propiciou a aparición dun arquivo monástico propio, como en calquera comunidade, onde pode acharse a documentación regular conformada pola regra, as constitucións e o Livro de Usos e Costumes, O Costumeiro, así como as noticias biográficas, xa que adoitan conservar os libros de Compostela. Neste arquivo recóllense todos os datos sobre a vida cotián da comunidade: profesións, notas necrolóxicas, xestión e administración do patrimonio monástico, ademais de noticias sobre as súas obras de arte e ourivaría, ornamentos litúrxicos, música, libros litúrxicos e bibliotecas. Tras a exclaustración, moita da documentación de Pinario dispersouse por todo territorio nacional, tanto no Arquivo Histórico Nacional de Madrid como no fondo do antigo arquivo do mosteiro de San Benito El Real de Valladolid, especialmente polo que respecta ao último cuarto do século XV e primeiro do XVI. Tamén nos arquivos diocesanos e nos históricos provinciais se poden atopar documentos pertencentes a San Martiño, sobre todo o de Ourense, que custodia catro dos seus libros.

Fondos de San Martiño Pinario.

Expostos nunha das salas do mosteiro, e que se acompañan dunha serie de instrumentos para a encadernación, a reprodución dun hábito monástico e escritorio da época.

• Real Executoria dos Reis Católicos (1499).

• Real Executoria de Felipe II (1570).

• Libro de cédulas de profesión (1502-1823), fai referencia ás diferentes profesións que se desempeñaron no mosteiro.

• Thesoro d´el orbe de la tierra, obra de 1602 de Abraham Ortelio, considerado o primeiro atlas moderno e publicado nunha imprenta flamenga.

• Crónica Xeral da Orde de San Bieito, onde o padre Antonio de Yepes narrará en sete tomos a historia da orde beneditina; o primeiro volume publicouse en 1609.

• Ano cristián ou exercicios devotos para todos os días de ano.

Instituto Teolóxico Compostelán.

Con sede no mosteiro e como consecuencia do desenvolvemento das súas funcións docentes e formativas, propiciouse a creación da Biblioteca de Estudos Teolóxicos de Galicia, que integra nos seus fondos os procedentes do Seminario Conciliar Central de Santiago de Compostela, a Universidade Pontifica e o Seminario Maior. Na actualidade, a biblioteca dispón de sala de lectura, expositores de revistas e unhas valiosas coleccións de fondos clasificados da seguinte maneira:

• Fondo bibliográfico de Ángel Amor Ruibal e de Eduardo Gorrochategui Alonso.

• Fondo antigo e de pergamiños, a maior parte destes libros pertencen aos séculos XVI, XVII e XVIII.

• Libros de temática variada, na cal destaca a especializada no ámbito teolóxico.

• Libros de música e 5.900 partituras

• Unha colección de 169 publicacións periódicas.

• Un fondo de folletos constituído por 2.000 unidades.

Outros.

Por outra banda cómpre facer referencia a outro patrimonio bibliográfico e documental relacionado coa historia de San Martiño Pinario. O mosteiro é sede desde o ano 1975 do Arquivo Histórico Diocesano, que custodia todo o acervo documental da diocese, especialmente a parroquial. Dada a magnitude deste fondo documental, non se inclúe no anexo III, ao contar co réxime especial de protección previsto para o patrimonio documental e os arquivos nos artigos 109 e seguintes da LPCG. Así mesmo, cómpre relacionar unha serie de documentos bibliográficos orixinarios de San Martiño Pinario que na actualidade se atopan na Biblioteca Xeral de Santiago de Compostela, como:

• Os libros de reportata con listas de estudantes dos colexios de San Martiño Pinario.

• Os libros de toma de hábito de 1503 a 1883, con datos sobre as profesións de todos os monxes.

• Vita et miracula Sanctissimi Patris Benedicti.

• O Libro de horas de Fernando I, salterio e libro de cánticos seguido dunha serie de Horas.

b) Imprenta.

Derivado do longo proceso de adaptación aos novos usos e funcións que sufriu o edificio, desde os últimos anos do século XIX ata 1990, o arcebispado deixará de acudir a imprentas alleas á súa dirección e adquire unha propia, que se instala nun local do Seminario Maior, con sede en Pinario, e pasa a denominarse Imprenta del Seminario Conciliar Central, converténdose nun dos primeiros centros tipográficos de Compostela.

Adquiriu moderna maquinaria alemá que asegura a rendibilidade dun establecemento dedicado a partir de agora á imprenta, encadernación e libraría e que atende encargos da Igrexa pero tamén doutra clientela como institucións, sociedades e círculos profesionais, divulgando tratados científicos, discursos académicos, ensaios políticos, historia, novela ou teatro e poesía.

Ao amparo desta actividade xorden ilustradores e gravadores de primeiro nivel, cuxa obra quedou inmortalizada tanto nos gravados como nas pranchas de madeira.

As xilografías, calcografías e fotogravados da antiga imprenta do Seminario, xunto coas maquinarias e pranchas, constitúense como elementos referenciais do acervo histórico cultural galego.

c) Botica.

Tal e como xa se expuxo na descrición, a botica tivo unha importante actividade ata épocas moi próximas. Aínda podemos ver a moblaxe realizada en madeiras de caoba, castiñeiro e cerdeira para o despacho da botica, así como pequenas gabeteiras.

Tamén se conserva una excelente colección de frascos, conserveiras, redomas e aparellos.

d) Coleccións musicais.

Na orde bieita, durante catorce séculos de existencia, favoreceuse o estudo da música, tanto no canto como na polifonía e o emprego de instrumentos musicais nas celebracións litúrxicas, en especial o órgano, instrumento que tradicionalmente tiña un lugar preeminente na liturxia romana. En consecuencia, aínda que non dispoñemos dun inventario de documentos musicais, non debe esquecerse que o canto é unha constante no quefacer diario deste mosteiro, polo que a música cobra unha importancia especial, tanto na súa materialidade física en partituras ou libros de cantos, como no seu valor intanxible que a dota de significado e do cal non se pode disociar.

Esta actividade musical de San Martiño Pinario deixou tal cantidade de nomes para a historia de grandes músicos bieitos que indica a grande importancia que tivo desde o inicio da comunidade. Cabe mencionar a Martiño de Holanda, Juan Beltrán, Juan Fernández, Mauro Ojea, Leandre Serventi, Juan de Zúñiga, Bernardo Cabrera, José Camba, Jacobo Gutiérrez Bustillo, Miguel Martinez, Miguel Méndez, Ángel Ortega, Antonio de Pozo, Manuel Rodríguez Carvajal, Pedro Sorribas, Francisco Badía, Bertolomé Hermida, Antonio Hermosilla, Felipe Prieto, Frutos San Miguel Salvado e Rosendo San Miguel Salvado.

e) Patrimonio científico e técnico.

Segundo o artigo 106 da LPCG integran este patrimonio os bens e coleccións de valor relevante que as ciencias empregaron para xerar e transmitir o saber, incluídos os instrumentos e aparellos científicos, as coleccións de animais e vexetais, minerais, figuras plásticas para o estudo anatómico humano ou animal, modelos planetarios, cristalográficos e outros...

En San Martiño Pinario tamén se conservan importantes coleccións procedentes dos estudos impartidos polo Seminario Conciliar. Os seus plans adaptáronse aos da universidade e os seus gabinetes de física e química e de historia natural empezaron a organizarse e a dotarse de instrumental, cuxo testemuño constatan as coleccións destes gabinetes, como a de densímetros e volúmetros, de preparacións microscópicas, de aves, de mamíferos, de fósiles, de minerais e rochas...

f) Roupas litúrxicas.

O mosteiro de San Martiño Pinario tamén custodia unha significativa colección de téxtiles datados entre o século XVI e o século XX. Destaca un grupo de ornamentos confeccionados con damascos nos séculos XVI, XVII e XVIII. Tamén merecen mención un grupo de fins do século XIX e comezos do XX realizados con diferentes tecidos labrados, encargados a destacados establecementos do panorama nacional.

4.6. Imaxanería dos retablos.

Retablo maior no testeiro da igrexa.

1. Asunción e coroación da Virxe. Clasificación: escultura. Escola: taller de Miguel de Romay. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1730-1733.

2. San Pedro. Clasificación: escultura. Autor/escola: taller de Miguel de Romay. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1730-1733.

3. San Paulo. Clasificación: escultura. Autor/escola: taller de Miguel de Romay. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1730-1733.

4. Santiago ecuestre. Clasificación: escultura. Autor/escola: taller de Miguel de Romay. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1730-1733.

5. San Millán de La Cogolla. Clasificación: escultura. Autor/escola: taller de Miguel de Romay. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1730-1733.

6. Anxo con estandarte da orde de cabalería de Calatrava. Clasificación: escultura. Autor/escola: taller de Miguel de Romay. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1730-1733.

7. Anxo con estandarte da orde de Malta. Clasificación: escultura. Escola: taller de Miguel de Romay. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1730-1733.

8. Apoteose de San Martiño. Clasificación: escultura. Autor/escola: taller de Miguel de Romay. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1730-1733.

9. San Martiño de Tours partindo a capa cun pobre. Clasificación: escultura. Autor/escola: taller de Miguel de Romay. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1730-1733.

10. San Gregorio Magno. Clasificación: escultura. Autor/escola: taller de Miguel de Romay. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1730-1733.

11. San Bernaldo. Clasificación: escultura. Autor/escola: taller de Miguel de Romay. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1730-1733.

12. San Xosé. Clasificación: escultura. Autor/escola: taller de Miguel de Romay. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1730-1733.

13. Anxo con estandarte da orde do Temple. Clasificación: escultura. Autor: taller de Romay. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1730-1733.

14. Anxo con estandarte. Clasificación: escultura. Autor/escola: taller de Miguel de Romay. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1730-1733.

15. Santo André. Clasificación: escultura. Autor/escola: José Gambino. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1761.

16. San Xoán Evanxelista. Clasificación: escultura. Autor/escola: José Gambino. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1761.

Cadeirado do coro.

17. Inmaculada Concepción. Clasificación: escultura. Autor: José Gambino. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1673. Localización: igrexa. Testeiro.

Retablo da Virxe do Rosario ou Virxe Inglesa.

18. Nosa Señora do Rosario. Clasificación: escultura. Autor/escola: descoñecido. Materia: madeira. Técnica: policromada. Cronoloxía: século XV.

19. San Xosé. Clasificación: escultura. Autor/escola: Benito Silveira? Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1742.

20. San Xoaquín. Clasificación: escultura. Autor/escola: descoñecido. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1742.

21. Santa Ana. Clasificación: escultura. Autor/escola: descoñecido. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1742.

22. San Domingos de Guzmán. Clasificación: escultura. Autor: descoñecido. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1742.

23. San Ignacio de Loyola. Clasificación: escultura. Autor: descoñecido. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1742.

Retablo de San Bieito.

24. San Anselmo. Clasificación: escultura. Autor/escola: Descoñecido. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1742.

25. San Mauro. Clasificación: escultura. Autor/escola: descoñecido. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1742.

26. San Plácido. Clasificación: escultura. Autor/escola: descoñecido. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1742.

27. San Bieito. Clasificación: escultura. Autor/escola: descoñecido. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1742.

28. San Tomé de Aquino. Clasificación: escultura. Autor/escola: descoñecido. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1742.

29. Santísima Trindade. Clasificación: escultura. Autor/escola: Benito Silveira e obradoiro. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1742.

30. Arcanxo San Gabriel. Clasificación: escultura. Autor/escola: Benito Silveira e obradoiro. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1742.

31. Santo Agostiño. Clasificación: escultura. Autor/escola: Benito Silveira e obradoiro. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1742.

32. San Francisco. Clasificación: escultura. Autor/escola: Benito Silveira e obradoiro. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1742.

33. Arcanxo San Miguel. Clasificación: escultura. Autor/escola: Benito Silveira e obradoiro. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1742.

Retablo Maior da capela da Virxe do Socorro.

34. San Gabriel. Clasificación: escultura. Autor/escola: descoñecido. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1746-1749.

35. Arcanxo San Miguel. Clasificación: escultura. Autor/escola: descoñecido. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1746-1749.

36. San Rafael. Clasificación: escultura. Autor/escola: descoñecido. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1746-1749.

37. Anxo da Garda. Clasificación: escultura. Autor/escola: descoñecido. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1746-1749.

38. Virxe do Socorro. Clasificación: escultura. Autor/escola: contorno de Mateo de Prado. Pedro de Taboada?. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: ca 1668?

Retablo de Santa Escolástica.

39. Tránsito de Santa Escolástica. Clasificación: escultura. Autor/escola: José Ferreiro. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1773-1777.

Retablo do Cristo da Paciencia.

40. Cristo da Paciencia. Clasificación: escultura. Autor/escola: José Ferreiro. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1784.

Retablo de Santa Xertrude a Magna.

41. Apoteose de Santa Xertrude a Magna. Clasificación: escultura. Autor/escola: José Ferreiro. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1783.

Retablo de San Bernaldo.

42. San Bernaldo. Clasificación: escultura. Autor/escola: Taller de José Ferreiro. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: Ca 1786.

Retablo de Santa Catarina.

43. Santa Catarina. Clasificación: escultura. Autor/escola: José Gambino. Materia: madeira. Técnica: policromada. Datación: 1764.

44. San Domingos. Clasificación: escultura. Autor/escola: taller de José Ferreiro? Materia: madeira. Técnica: policromada. Cronoloxía: finais século XVIII. Datación.

Retablo de Nosa Señora do Pilar da statio.

45. Virxe do Pilar. Clasificación: escultura. Autor/escola: José Ferreiro e frei Plácido Caamiña. Materia: madeira. Técnica: policromada.

Retablo do Cristo da sancristía.

46. Neno Xesús coa coroa de espiñas. Clasificación: escultura. Autor/escola: descoñecido. Materia: madeira. Técnica: policromada.

47. Cristo neno meditando sobre a súa morte. Clasificación: escultura. Autor: descoñecido. Materia: madeira. Técnica: policromada. Cronoloxía: século XVIII.

48. A Santa Face. Clasificación: pintura. Autor.: descoñecido. Materia: lenzo. Técnica: óleo.

49. Neno Xesús. Clasificación: escultura. Autor/escola: descoñecido. Materia: madeira. Técnica: policromada.

50. Cristo crucificado. Clasificación: pintura. Autor/escola: descoñecido. Materia: lenzo. Técnica: Óleo. Cronoloxía: finais século XVIII.

Retablo da Virxe da Sancristía.

51. San Xoán Bautista neno. Clasificación: escultura. Autor/escola: descoñecido. Materia: madeira. Técnica: policromada.

52. Virxe do Socorro. Clasificación: escultura. Autor/escola: descoñecido. Materia: madeira. Técnica: policromada.

53. Virxe da Soedade. Clasificación: pintura. Autor/escola: descoñecido. Materia: lenzo. Técnica: óleo.

54. Neno Xesús de Praga. Clasificación: escultura. Autor/escola: descoñecido. Materia: madeira. Técnica: policromada.

55. Dolorosa. Clasificación: pintura. Autor: descoñecido. Materia: lenzo. Técnica: óleo.

5. Usos.

Usos existentes.

O monumento ten unha historia complexa e longa que amosa en si mesma o relato dos cambios sociais económicos e políticos da súa singular biografía propia, nos cales destacan os usos culturais ou relixiosos, os residenciais e os formativos.

A Desamortización e a saída da comunidade de monxes, a reutilización civil como sede de institucións diversas e un uso tamén como instalacións militares marcan unha época de heteroxénea transformación ata que é de novo adquirido pola Igrexa Católica para a instalación dun Seminario Conciliar e Universidade Pontificia e posteriormente do Seminario Maior.

Este uso incorpora o uso residencial e o docente, cunhas dimensións e capacidade de importancia, así como a incorporación de instalacións auxiliares como cociñas e comedores ou as áreas deportivas nos espazos libres exteriores.

Tamén é a sede do Arquivo Histórico Diocesano, polo que incorpora servizos asimilables aos administrativos, e un museo, polo que se adapta aos usos culturais e expositivos e incluso amosa a capacidade para acoller eventos efémeros vinculados aos usos culturais.

Finalmente relaciónase unha pluralidade de usos relacionados coa actividade relixiosa e formativa, como as sedes da Delegación da Pastoral Universitaria, o Centro do Proxecto Home en Galicia, a Delegación Pastoral Vocacional, a librería Egeria, a Residencia de Estudantes, a Biblioteca do Seminario Conciliar, o Instituto Teolóxico Compostelán e a Facultade de Teoloxía e a Escola Universitaria de Traballo Social.

En resumo, un edificio amplo e complexo que acolle unha pluralidade tamén diversa de usos, que se complementan entre si, entre os cales destacan o relixioso, o residencial e o docente, e que tamén compaxina co asistencial, o cultural e o administrativo e comercial, así como as instalacións e espazos complementarios para o seu funcionamento e outros que potencialmente poden acoller novos usos ou ser aproveitados para a ordenación e optimización dos existentes.

Determinacións do Plan especial do conxunto histórico.

O Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica do concello de Santiago de Compostela, aprobado definitivamente o 24.3.1997, identifica o conxunto de San Martiño Pinario como un equipamento múltiple e remite a ordenación da súa zona libre de edificación no seu artigo 158 á unidade de execución UI-3.

Entre os parámetros de ordenación desta unidade prevese a reconstrución da antiga cuberta de estrutura metálica en paralelo aos abancalamentos e permitindo un peche diáfano recuado respecto á liña de columnas de fundición.

Cuantifica os espazos exteriores en 6.400 m2, autoriza a ocupación de 660 m2 para a edificación devandita con usos vinculados ao resto de equipamento e un tratamento de zona verde para unha extensión mínima de 3.000 m2.

Ben que estes parámetros se estiman compatibles cos valores culturais do monumento, os seus termos máis específicos e concretos deberán ser avaliados e reconsiderados no desenvolvemento dun plan director do monumento, que poderá mantelos ou modificados de forma xustificada.

Implantación e mantemento de usos.

A continuidade nos usos do complexo monumental explica que San Martiño Pinario fora un dos poucos deste tipo que superaron o proceso de ruína desencadeado pola desamortización, en grande parte pola vontade e capacidade para incorporar e adaptarse a novos usos.

Os distintos usos que manteñen vivo o mosteiro son absolutamente compatibles coa súa integridade e respectuosos cos antecedentes históricos para que xurdiron e debe promoverse a súa continuidade de forma compatible e coordinada con outros novos, de carácter temporal ou permanente, que colaboren no seu mantemento.

6. Conservación e actuacións de restauración.

A exclaustración do mosteiro derivada do proceso de desamortización supón un momento de cambios críticos na conservación do conxunto, que, despois dun proceso de abandono, acolle unha serie de usos civís e militares e volve ser recuperado para usos relixiosos, coa implantación do seminario inicialmente e un proceso de habilitación progresiva das distintas dependencias do mosteiro para adaptarse ás novas necesidades.

A maioría das intervencións conservaron as disposicións xerais e estruturais do inmoble e a organización estrutural, e afectaron principalmente as divisións interiores e instalacións, e non as estruturais.

O proxecto de Arregui, Francisco Pons Sorolla e Arturo Zas Aznar, de 1962, define unha reestruturación interior total baseada na creación de 412 dormitorios-celas individuais con aseo, a reconstrución das cubertas e o aproveitamento dos espazos baixo delas. O espazo da planta baixa destinouse a cociña e comedor, mentres que para as aulas dos seminaristas dispuxéronse as dependencias que rodean o patio interior nas plantas primeira e segunda, e a construción da capela na planta terceira e o ático. A degradación nalgunhas cubertas do mosteiro de San Martiño Pinario orixina cara a 1970 que Fernando Pons Sorolla redacte un proxecto para a súa reparación, no cal tamén se incluían restauracións no corpo claustral e fachada principal do mosteiro. En 1971 reparouse a fachada do mosteiro e rehabilitáronse uns cuartos no piso superior do claustro das oficinas para residencia dos bispos auxiliares.

En 1974 realizouse unha intervención de restauración integral da fachada da igrexa, realizada baixo a dirección de Francisco Pons Sorolla, motivada polo desprendemento da escultura de Santo Ambrosio do mesmo retablo, producido polo movemento de cantaría ocasionado polo crecemento da vexetación. Utilizouse impermeabilizante líquido, seguramente sobre unha camada de cera global aplicada anteriormente.

Despois de 1975 habilítanse espazos para o Arquivo Histórico Diocesano con acceso independente polo patio de deportes e lugares expositivos para o Museo Diocesano.

En febreiro de 1980 os arquitectos galegos Rafael Baltar Tojo, José Antonio Bartolomé Argüelles e Carlos Almuíña Díaz redactan un proxecto de reconstrución interior dunha parte do antigo mosteiro de San Martiño Pinario, que cambiaba os pisos de madeira por outros de formigón armado sen alterar o volume nin as fachadas do edificio.

En 1982 proxectan a habilitación da biblioteca do Seminario Conciliar, que implicou a demolición dos pisos de madeira das zonas afectadas e a construción doutros novos de formigón armado, modificando a estrutura sen alterar o volume primitivo. Aproveitando a actuación na estrutura, subdividiuse, ademais, a altura libre da planta baixa para depósito de libros introducindo unha entreplanta co fin de aumentar a superficie de almacenamento dispoñible.

En xuño de 1984, o mesmo equipo redacta un novo proxecto de reconstrución da cuberta na zona suroeste para corrixir o mal estado da madeira, que se substitúe por un sistema de placas e vigas de formigón armado que se apoian nos muros de carga.

En 1986 desenvolven o proxecto para Facultade de Teoloxía e posterior habilitación para Escola Universitaria de Traballo Social nas dependencias situadas ao redor do claustro baixo. Nas fachadas exteriores do mosteiro sur e oeste e nas do claustro pequeno fixéronse ocos para xanelas, incluíndo a apertura de todas as cegadas.

En 1990 o arquitecto Iago Seara, redacta uns proxectos para novas instalacións do Arquivo Histórico e Museo Diocesano. As novas actuacións centráronse no claustro das procesións, a igrexa de San Martiño e a fachada leste do mosteiro. Acondiciónanse as salas de San Filipe Neri e da antiga tulla, así como as plantas altas e a á leste do mosteiro de San Martiño Pinario.

Na zona da tulla construíuse un eixo de comunicación vertical composto por un ascensor hidráulico con laterais panorámicos e unha escaleira cuxa traza coincidiu coa realizada en 1696 por frei Gabriel de Casas, demolida unhas décadas antes debido ao seu estado ruinoso.

Tamén baixo a súa dirección se rehabilitaron zonas da residencia de estudantes que aínda quedaban pendentes de intervencións anteriores, como as salas de xogos e outros lugares de lecer para os alumnos, ademais dun novo comedor no terceiro andar.

En 1996 desprendeuse do retablo pétreo da fachada da igrexa de San Martiño Pinario a escultura granítica de San Pedro, situada á esquerda da portada. Por mor da caída, orixinada pola fisura da base da súa peaña, a imaxe pétrea fragmentouse en moitos puntos, cunha perda de volume importante e irreversible.

No informe previo á restauración sinalábase que este proceso puido acelerarse por unha inadecuada intervención de conservación que selou os poros da pedra, e impediu a circulación cara ao exterior dos sales solubles que ao cristalizaren na superficie provocan unha forte degradación. Este informe suxería, por tanto, que non se trataba dun incidente illado senón máis ben dunha manifestación sobre o posible estado de conservación do resto da fachada.

En 1997 proxectouse o traslado do Arquivo Diocesano, que estaba situado nos baixos do inmoble, á torre oriental da fachada principal do antigo mosteiro.

O proxecto que quedara esbozado na reforma de 1990 incluía o deseño e a construción dos depósitos para a documentación, as salas de consulta e os despachos e oficinas para o director, o persoal técnico e administrativo.

En setembro de 1998 os arquitectos Juan Manuel Doce Porto e Dulcemaría Trigo Cousillas redactan un proxecto de restauración destinado a atallar os graves problemas orixinados principalmente pola auga (humidade manifestada no interior da igrexa, tanto por filtracións desde a cuberta por falta de mantemento) ou por erros no deseño, como por capilaridade procedente do subsolo, así como a limpeza das fachadas.

Desde o ano 2000, os mesmos arquitectos desenvolveron os proxectos para a restauración e posta en valor dos arcos do claustro das oficinas e do xardín. A limpeza en profundidade do retablo pétreo queda pendente para unha actuación futura, que se baseará nos informes edafolóxicos e líticos que se expresarán no proxecto de restauración previo. A última actuación que se acometeu no proxecto de urxencia foi sobre o conxunto das escaleiras exteriores de acceso á igrexa, de fins do século XVII, obra de frei Manuel de los Mártires.

Xa en datas máis recentes, en 2009 realízanse obras de reparación e mantemento no pavimento de acceso exterior e interior, en 2010 obras de conservación no claustro da portaría e en 2013 restáurase o campanario do mosteiro, que fóra derrubado por un lóstrego, proxectadas e dirixidas por Iago Seara.

ANEXO II

Delimitación do mosteiro de San Martiño Pinario e do seu contorno de protección
e o da Catedral metropolitana, igrexa de San Francisco de Valdedeus,
Hospital Real e capela, Pazo arcebispal de Xelmírez, Biblioteca Pública
Ánxel Casal e as sedes do Museo das Peregrinacións
e de Santiago de Compostela

Para a proposta de delimitación do ben e do seu contorno de protección, que determinan a aplicación dos réximes de protección derivados da súa consideración como ben de interese cultural, procurouse a maior integración coas determinacións vixentes do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica do concello de Santiago de Compostela.

Delimitación do mosteiro de San Martiño Pinario.

A delimitación do mosteiro de San Martiño Pinario como monumento inclúe as construcións principais, a cerca e o espazo libre que ocupaban as hortas. Tamén se consideran parte do monumento as escalinatas de acceso pola súa formalización e relevancia no carácter e funcionalidade do edificio. Desenvolvendo este criterio, defínese a delimitación do monumento nos seguintes termos:

1. A partir da súa fachada principal á praza da Inmaculada, recolle no seu interior desde o arranque dos seus banzos a plataforma elevada coas escaleiras de acceso á porta principal.

2. Desde aquí vira pola travesía das Dúas Portas e continúa pola rúa de Val de Deus ata saír á rúa do Campiño de San Francisco fronte á igrexa deste convento, xira cara ao leste e sobe pola rúa da Costa Vella, seguindo o límite do perímetro que marca o muro da horta de San Martiño, e torce cara ao sur polo muro que o separa das hortas e das traseiras das vivendas que dan fronte á rúa da Porta da Pena.

3. Sae á praza de San Martiño, tanxente ao muro de entrada á horta do convento e recolle, desde o encontro deste muro coa fachada da igrexa, a plataforma inferior da praza de San Martiño onde se atopan as escaleiras barrocas de entrada á igrexa, servindo de límite do perímetro do contorno o muro que separa os dous niveis superior e inferior da praza. Incorpora a fonte e os bancos encostados ao muro e deixa fóra as escaleiras e os elementos de acceso a este nivel.

4. Continúa polo interior do muro que forma a rampla ao sur, e desde o seu arranque prolóngase ata a esquina da fachada da igrexa que comunica coa rúa da Moeda Vella.

5. Continúa agora por esta rúa da Moeda Vella e recolle as escaleiras laterais encostadas ao edificio e segue por esta rúa ata saír á praza da Inmaculada.

Delimitación do contorno de protección conxunto.

O mosteiro de San Martiño Pinario, desde a primeira erección do edificio conventual, supuxo a transformación da contorna urbana, en especial nas sucesivas ampliacións do mosteiro, que supuxeron unha serie de permutas, compras e demolicións dos inmobles adxacentes para poder levantar o edificio tal e como o vemos na actualidade. Ao mesmo tempo, moitas vivendas limítrofes encóstanse á súa horta, reordenando esta paisaxe urbana e configurando os seus lindes. Este proceso, dilatado no tempo, culmina a mediados do século XVIII, cando se define o complexo monástico actual en todo o seu perímetro.

A vinculación co seu contorno inmediato é tan estreita e determinante que o mosteiro orixina as prazas que lle dan acceso desde o exterior, creando unha especial posta en escena.

A influencia do mosteiro vese tamén nas infraestruturas da cidade, determinando a prolongación da canalización soterrada de auga procedente da fonte de San Miguel ata o claustro de Pinario, desde onde abastecía o mosteiro e distribuía caudal cara á catedral e o pazo arcebispal.

Esta profunda recreación do espazo urbano que exerce San Martiño, vai alén do espazo circundante, que en 1751, concluídas as obras do mosteiro, asume o acondicionamento do acceso desde o centro da cidade ata a súa parte máis nobre, a Porta Real.

A posición do mosteiro ten unha íntima relación coa posición e evolución do resto do tecido urbano que comparte con outros edificios e institucións moi relevantes na cidade. Por tanto, debe analizarse un contorno de protección non autónomo senón común aos bens con que comparte espazo. Para isto realizouse un traballo específico que analizase as delimitacións existentes e, ao mesmo tempo, servise para definir un contorno de protección homoxéneo para unha serie de bens inmobles que xa contan na actualidade coa declaración de ben de interese cultural pero non cun contorno de protección específico:

1. Catedral metropolitana de Santiago de Compostela: Lei do 22 de agosto de 1896 (GAC núm. 229, do 25 de agosto de1986).

2. Igrexa de San Francisco de Val de Deus: Lei do 26 de agosto de 1896.

3. Capela do Grande Hospital dos Reis Católicos de Santiago de Compostela: Lei do 30 de decembro de 1912 (GAC núm. 1, do 1 de xaneiro de 1913).

4. Pazo arcebispal de Santiago de Compostela ou Pazo de Xelmírez: Decreto do 3 de xuño de 1931 (GAC núm. 155, do 4 de xuño de 1931).

5. Hospital Real de Santiago: Decreto do 3 de xuño de 1931 (GAC núm. 155, do 4 de xuño de 1931).

6. Biblioteca Pública Ánxel Casal: artigo 60 da Lei 16/1985, do 25 de xullo, do patrimonio histórico español (BOE núm. 155, do 29 de xuño de 1985).

7. Museo das Peregrinacións e de Santiago: artigo 60 da Lei 16/1985, do 25 de xullo, do patrimonio histórico español (BOE núm. 155, do 29 de xuño de 1985).

Con esta premisa da coordinación na definición do contorno e de abranguer o ámbito dos bens declarados próximos, seguíronse as pautas das determinacións indicadas no documento da memoria do plan especial, cos seguintes criterios:

• A capacidade xenerativa de trama adscrita ao edificio.

• A percepción do espazo de contorno do edificio ou das fachadas.

• A visión próxima do edificio desde as rúas e espazos abertos concorrentes.

O Plan especial do conxunto histórico de Santiago define un contorno de protección para algún destes monumentos, que agora se amplía e se propón como contorno de protección dos bens de interese cultural citados, do mosteiro de San Martiño Pinario e dos monumentos que na actualidade carecen del tamén no plan especial.

Desenvolvendo os criterios para a súa definición citados, en concreto aplicáronse as seguintes consideracións:

• Inclusión do casarío que reforza a lectura da escala dos monumentos, estimando a súa relación directa e a posible afección no caso de transformación, deturpando ou mellorando a súa percepción e comprensión. A valoración é ambiental atendendo ás formas, volumes, materiais, imaxe exterior, cromatismo e aspectos de acabamento dos inmobles (edificios, muros, construción, xardíns e espazos baldeiros).

• Consideración de unidades parcelarias completas, procurando delimitar tamén agrupacións de inmobles, cuarteiróns completos, trazando a liña pola ringleira da fachada ou aliñación que os define, incorporando ou excluíndo pezas parcelarias e catastrais completas e íntegras.

• Recoñecemento dos inmobles que, por estaren destinados a museo ou biblioteca estatais, teñen a consideración legal de BIC e están rexistradas como tales.

• Valoración conxunta para todos os bens declarados que acolle.

• Incorporación do ámbito delimitado polo plan especial, que se estima en xeral axeitado agás polo seu vento leste, no cal debe ampliarse para incorporar a protección a San Martiño Pinario.

• Revisión e pequenos axustes do ámbito delimitado polo plan especial incorporando algúns predios previamente excluídos.

En aplicación destes criterios e premisas, proponse un contorno de protección que se recolle na planimetría que se xunta e cuxa descrición literal é a seguinte:

1. Comeza na esquina entre a travesa de Fonseca e a avenida de Raxoi, prosegue cara ao norte pola avenida e ascende ata a vivenda co núm. 15, onde atravesa pola medianeira entre esta vivenda e a do núm. 16 ata chegar á rúa da Trindade. Segue cara ao norte ata que chega ao xardín do antigo cemiterio de San Frutuoso.

2. Desde o cemiterio chega ao lateral sur da igrexa, envolvéndoa polo oeste ata saír á rúa das Hortas pola medianeira coa vivenda do núm. 1. Atravesa a rúa e entra entre as vivendas núm. 12 e 10, e continúa polas súas medianeiras ata as hortas, ocupando parcelas completas, ata á rúa das Carretas entre os núm. 11 e 13.

3. Continúa pola rúa das Carretas cara ao norte incorporando todas as vivendas situadas na marxe dereita desta rúa, e atravesa a costa de San Francisco ata chegar ao muro da horta deste edificio, e desde aquí segue pola rúa de Entrerríos cara ao norte incluíndo o muro e o interior das súas hortas.

4. Pola rúa de Entrerríos segue ata os xardíns de Manuel Feixoo, onde dobra para continuar polo perímetro do muro da horta do convento de San Francisco, deixando os xardíns de Manuel Feixoo á esquerda fóra do contorno.

5. Segue pola beira dos xardíns ata a rúa de Morón e continúa cara ao leste polo límite do muro do convento incluído no contorno de protección.

6. Ao final da rúa de Morón, no encontro entre a rúa dos Castiñeiros e a dos Pelamios, dobra cara ao norte para incluír as vivendas da rúa dos Castiñeiros. Despois vira e continúa pola Costa Nova de Abaixo, deixando dentro as vivendas á man dereita que forman o cuarteirón con forma triangular entre esta Costa Nova de Abaixo e a rúa dos Castiñeiros. No tramo final máis alto desta rúa, atravesa a man esquerda e entra pola medianeira entre as vivendas núm. 4 e 2, incorporando esta última ao ámbito de protección no espazo marcado pola avenida de Xoán XXIII, atravesa a avenida e xira cara ao sur, deixando á man esquerda e fóra a Facultade de Ciencias da Educación. Segue e xira pola Costa Nova de Arriba.

7. Ao final da Costa Nova de Arriba xira cara ao sur pola rúa dos Loureiros deixando no seu interior as vivendas situadas á man dereita neste sentido. Continúa ata a vivenda núm. 1, que fai esquina coa Costa Vella, e desde aquí atravesa a rúa ata a esquina da vivenda núm.13 da rúa do Hospitalillo. Segue por esta rúa e atravesa a rúa da Atalaia pola medianeira entre os núm. 13 e 11 do Hospitalillo.

8. Continúa cara á praza da Atalaia e abeira esta polas fachadas que a forman, deixando á súa marxe dereita o interior do contorno de protección do conxunto dos monumentos, pasa desde o final da praza á rúa de Santa Cristina e desde aquí á Algalia de Arriba, onde vira cara ao sur e continúa cara á praza de Cervantes.

9. Baixa pola Algalia de Arriba incluíndo a alarga con San Miguel dos Agros, chega á praza de Cervantes e xira cara á rúa da Acibecharía, entra pola medianeira entre os núm. 1 e 11 para saír á rúa de San Paio de Antealtares.

10. Agora continúa cara ao sur pola rúa de San Paio de Antealtares ata a praza de Feixoo, e desde aquí pola medianeira coa vivenda co núm. 1 sae á rúa de Fonte Sequelo, onde vira cara ao oeste cara á rúa de Xelmírez envolvendo no seu interior os inmobles situados á dereita do percorrido.

11. Na rúa de Xelmírez deixa no seu interior as vivendas cos núm. 27 e 25, entra pola medianeira entre esta e a núm. 23 e discorre crebada entre as rúas da Conga e de Xelmírez adaptándose aos fondos das parcelas. Volve á rúa de Xelmírez e pasa á rúa Nova, continúa cara ao sur incluíndo a Casa da Balconada, e desde aquí sae á rúa do Vilar entre os núm. 9 e 11.

12. Na rúa do Vilar atravesa entre os núm. 18 e 16 cara á da Raíña, por onde sae fronte á praza de Fonseca, incluíndo a praza e as vivendas con fachadas a ela e continúa pola rúa do Franco e a Travesa de Fonseca ata a avenida de Raxoi incluíndo o Pazo de Fonseca.

Delimitación gráfica

Referencias xeográficas da delimitación

Punto

Localización

UTM ETRS89 FUSO 29

X

Y

PMR

Punto central BIC

537.213

4.747.817

1

Norte

537.184

4.748.219

2

Leste

537.385

4.747.876

3

Sur

537.149

4.747.480

4

Oeste

536.937

4.748.069

ANEXO III

Relación de bens mobles

Obra

Autor/escola

Clase/técnica

Materia

Dimensións (cms)

Século/Ano

Localización

1.

Cristo crucificado

Descoñecido

Escultura

Madeira

policromada

90×220

XVIII

Antesala capela seminario

2.

Ecce Homo

Descoñecido

Pintura

Óleo sobre lenzo

73×88

XVIII

Antesala claustro oficinas

3.

Virxe do Socorro

Descoñecido

Pintura

Óleo sobre táboa

26×40

XVIII

Antesala claustro oficinas

4.

Campá leste

Descoñecido

Fundición

Bronce

86×79

1738

Campanario

5.

Campá norte

J. Liste

Fundición

Bronce

120×100

1876

Campanario

6.

Campá oeste

Descoñecido

Fundición

Bronce

77×63

XVIII

Campanario

7.

Campá sur

J. Cabrillo Mayor

Fundición

Bronce

110×100

XVIII

Campanario

8.

Cristo crucificado

A. Sanjurjo

Escultura

Madeira

XVIII-XIX

Capela seminario

9.

San Xoán Evanxelista (1)

A. Sanjurjo

Escultura

Madeira

XVIII-XIX

Capela seminario

10.

Virxe Dolorosa (1)

A. Sanjurjo

Escultura

Madeira

XVIII-XIX

Capela seminario

11.

Anxo coa cruz (2)

J. Ferreiro

Escultura

Madeira

XVIII-XIX

Capela seminario

12.

Anxo con libro e inscrición (2)

J. Ferreiro

Escultura

Madeira

XVIII-XIX

Capela seminario

13.

Sagrario

C. Lata Montoiro

Fundición

Bronce

158×66

XX

Capela seminario

14.

Encontro ????

Descoñecido

Pintura

Óleo sobre cobre

107×89

XVIII

Claustro oficinas

15.

Doorosa

Descoñecido

Pintura

Óleo sobre lenzo

70×83

XVIII

Claustro oficinas

16.

Cristo crucificado

Descoñecido

Pintura

Óleo sobre lenzo

140×229

XVIII

Claustro oficinas

17.

Inmaculada Concepción

Descoñecido

Pintura

Óleo sobre lenzo

128×150

XVIII

Claustro oficinas

18.

María Madanela

Descoñecido

Pintura

Óleo sobre lenzo

60×74

XVIII

Claustro oficinas

19.

Virxe do Socorro

Descoñecido

Pintura

Óleo sobre lenzo

100×120

XVIII

Claustro oficinas

20.

San Bernaldo

Descoñecido

Escultura

Madeira

policromada

50×123×40

XVIII

Claustro oficinas

21.

Encontro de San Bieito e Santa Escolástica

Descoñecido

Pintura

Óleo sobre lenzo

126×109

XVIII

Claustro oficinas

22.

San Bieito

Descoñecido

Pintura

Óleo sobre lenzo

192×190

XVII

Claustro oficinas

23.

Noli me tangere

Descoñecido

Pintura

Óleo sobre cobre

107×89

XVIII

Claustro oficinas

24.

Virxe do Socorro

Descoñecido

Pintura

Óleo sobre lenzo

140×190

XVII

Claustro oficinas

25.

Martirio de San Lourenzo

Descoñecido

Pintura

Óleo sobre lenzo

120×163

XVII

Claustro oficinas

26.

Escudo de San Martiño

Descoñecido

Escultura

Madeira

policromada

XVIII

Claustro procesións

27.

Escudo de España

Descoñecido

Escultura

Madeira

policromada

XVIII

Claustro procesións

28.

Escudo de Santiago

Descoñecido

Escultura

Madeira

policromada

XVIII

Claustro procesións

29.

Escudo da congregación de San Bieito

Descoñecido

Escultura

Madeira

policromada

XVIII

Claustro procesións

30.

O enterro de Cristo (3)

M. Magariños

Escultura

Madeira

215×76×10

1910

Igrexa

31.

O descendemento da cruz (3)

M. Magariños

Escultura

Madeira

215×76×10

1910

Igrexa

32.

A morte de Xesús (3)

M. Magariños

Escultura

Madeira

215×76×10

1910

Igrexa

33.

A crucifixión (3)

M. Magariños

Escultura

Madeira

215×76×10

1910

Igrexa

34.

Xesús despoxado das súas vestiduras (3)

M. Magariños

Escultura

Madeira

215×76×10

1910

Igrexa

35.

Terceira caída ao pé do calvario (3)

M. Magariños

Escultura

Madeira

215×76×10

1910

Igrexa

36.

Xesús consola as piadosas mulleres de Xerusalén (3)

M. Magariños

Escultura

Madeira

215×76×10

1910

Igrexa

37.

Segunda caída (3)

M. Magariños

Escultura

Madeira

215×76×10

1910

Igrexa

38.

A Verónica limpa o rostro de Xesús (3)

M. Magariños

Escultura

Madeira

215×76×10

1910

Igrexa

39.

Simón o Cirineo obrigado a levar a cruz (3)

M. Magariños

Escultura

Madeira

215×76×10

1910

Igrexa

40.

Encontro de Xesús coa súa nai acompañada de San Xoán (3)

M. Magariños

Escultura

Madeira

215×76×10

1910

Igrexa

41.

Primeira caída (3)

M. Magariños

Escultura

Madeira

215×76×10

1910

Igrexa

42.

Xesús carga coa cruz (3)

M. Magariños

Escultura

Madeira

215×76×10

1910

Igrexa

43.

Xesús conducido ante Pilatos para oír a súa sentenza (3)

M. Magariños

Escultura

Madeira

215×76×10

1910

Igrexa

44.

Cruz de altar

J. Pecul y Crespo

Ourivaría

Prata

42×20,5×13

Museo

45.

Retrato do cardeal Quiroga Palacios

A. Moragón

Pintura

Óleo sobre lenzo

49×82,5

1973

Museo

46.

Retrato do profesor López Ferreiro

E. Guerra

Debuxo

Carbón

sobre papel

111×75,5

1929

Museo

47.

Retrato do arcebispo Zacarías Martínez Núñez

G. Palencia

Pintura

Óleo sobre lenzo

163×122

1922

Museo

48.

Retrato de Amor Ruibal

X. Rodríguez Corredoyra

Pintura

Óleo sobre lenzo

169×143

1915

Museo

49.

Retrato de personaxe descoñecido

M. Tino Vázquez

Pintura

Óleo sobre lenzo

161,5×126

XX

Museo

50.

Retrato do cardeal José Martín de Herrera y de la Iglesia

M. Tino Vázquez

Pintura

Óleo sobre lenzo

157×110

1870-1952

Museo

51.

Retrato de Juan Lozano Torreira

Bouchet

Pintura

Óleo sobre lenzo

64,5×50

1852-1919

Museo

52.

Retrato de José Benito López Crespo

Bouchet

Pintura

Óleo sobre lenzo

64,5×50

1852-1919

Museo

53.

Retrato do Papa León XIII

J. M. Fenollera Ibáñez

Pintura

Óleo sobre lenzo

237×183

1902

Museo

54.

Retrato do cardeal Miguel Payá y Rico

Cao Cordido

Pintura

Óleo sobre lenzo

78×62

1889

Museo

55.

Retrato de Manuel Fernández Varela

José Salgado?

Pintura

Óleo sobre lenzo

73,5×59

1889

Museo

56.

Retrato dun dignatario eclesiástico

F. Álvarez Ruiz

Pintura

Óleo sobre lenzo

181×132

1889

Museo

57.

Retrato do cardeal Miguel Payá y Rico

Cao Cordido

Pintura

Óleo sobre lenzo

188×135

1880

Museo

58.

Retrato do arcebispo García Cuesta

D. Fierros

Pintura

Óleo sobre lenzo

198×144

1873

Museo

59.

Retrato de personaxe descoñecido

D. Fierros

Pintura

Óleo sobre lenzo

162×123

1858

Museo

60.

Retrato dun monxe

P. J. González Cid

Pintura

Óleo sobre lenzo

78×64

1852

Museo

61.

Retrato do arcebispo frei Rafael de Vélez

C. Miralbés

Pintura

Óleo sobre lenzo

88,5×75,5

1887

Museo

62.

Retrato do arcebispo frei Rafael de Vélez

P. J. González Cid

Pintura

Óleo sobre lenzo

185,5×130

1853

Museo

63.

Retrato do arcebispo frei Rafael de Vélez

J. J. Cancela del Río

Pintura

Óleo sobre lenzo

90×67

1850-1851

Museo

64.

Retrato do arcebispo Rafael de Vélez

P. J. González Cid

Pintura

Óleo sobre lenzo

75,5×64

1841

Museo

65.

Virxe do Socorro

Anónimo

Pintura

Óleo sobre lenzo

119×100

XVIII-XIX

Museo

66.

Virxe do Socorro

C. Coello

Pintura

Óleo sobre lenzo

242×142

1678-1681

Museo

67.

Condución (arqueta)

Material

arquitectónico

Granito

46×454×27

(28,5 diámetro)

XVIII

Museo

68.

Canalización

Material

arquitectónico

Granito

69×33×18,5

XVIII

Museo

69.

Fragmento de basea

Material

arquitectónico

Granito

50×47×32

XVIII

Museo

70.

Fragmento de doela de arco

Material

arquitectónico

Granito

42×90×38

XVIII

Museo

71.

Restos arqueolóxicos de época moderna

Material

arquitectónico

Granito

Variadas

XVIII

Museo

72.

Fragmento de doela do patio do antigo hospital de Acibecharía

Material

arquitectónico

Granito

53×62×19,5

XVI

Museo

73.

Fragmento de doela do patio do antigo hospital de Acibecharía

Material

arquitectónico

Granito

33×38×31

XVI

Museo

74.

Fragmento de ménsula

Material

arquitectónico

Granito

57,5×22×26

XVIII

Museo

75.

Fragmento de ménsula

Material

arquitectónico

Granito

110×25×30

XVIII

Museo

76.

Parella de alcachofas

T. Alonso (?)

Material

arquitectónico

Granito

28 /30×20×20

(Base 8×8)

XVIII

Museo

77.

Dous canzorros

Material

arquitectónico

Granito

86,5×20×34

XII

Museo

78.

Soporte do claustro medieval

Material

arquitectónico

Granito

105×45×34,5

XIII

Museo

79.

Capitel xeminado

Material

arquitectónico

Granito

41×52×29

XIV

Museo

80.

Basas tardogóticas

Material

arquitectónico

Granito

44×39×39

XVI

Museo

81.

Capitel tardogótico

Material

arquitectónico

Granito

43,5×39×39

XVI

Museo

82.

Capitel tardogótico

Material

arquitectónico

Granito

39×38×38

XVI

Museo

83.

Fragmentos de xamba

Material

arquitectónico

Granito

43×43×21

XVI

Museo

84.

Ara de altar

Material

arquitectónico

Mármore

23×21×7

1033 ?

Museo

85.

Lápida funeraria de Sancius Petri

Material

arquitectónico

Mármore

17×22×3,5

1048 ?

Museo

86.

Fragmento de anxo con mitra

Taller de Gambino

Material

arquitectónico

Granito

62×36×33,5

XVIII

Museo

87.

Fragmento de anxo con libro

Taller de Gambino

Material

arquitectónico

Granito

65,5×41,5×20,5

XVIII

Museo

88.

Anxo portador de lámpada

Taller de Ferreiro

Escultura

Madeira

policromada

130×75×30

Ca. 1800

Museo

89.

Anxo

Anónimo

Escultura

Madeira

policromada

33×48×16

XVIII

Museo

90.

San Toribio de Magroviejo

Anónimo

Escultura

Madeira

policromada

110×36×25

XIX

Museo

91.

Santiago Matamouros

Anónimo

Escultura

Madeira

policromada

39×31×31

XVIII

Museo

92.

San Rosendo

J. Ferreiro/P. Caamiña

Escultura

Madeira

policromada

1770-1780

Museo

93.

San Roque

Anónimo

Escultura

Madeira

policromada

68,5×27×26

XVIII

Museo

94.

San Pedro de Mezonzo

J. Ferreiro/P. Caamiña

Escultura

Madeira policromada

1770-1780

Museo

95.

Santo bispo

Escola de Ferreiro

Escultura

Madeira policromada

100×46,5×28

XVIII

Museo

96.

San Martíiño bispo

Descoñecido

Escultura

Madeira policromada

82,5×40×28

XVIII

Museo

97.

San Francisco Xavier

Descoñecido

Escultura

Madeira policromada

107×37×28,5

XVIII

Museo

98.

San Felipe Neri

Descoñecido

Escultura

Madeira policromada

87x 35,5×27,5

1725-1735

Museo

99.

San Antonio de Padua

Descoñecido

Escultura

Madeira policromada

74×27×26

XVIII

Museo

100.

Virxe de Nosa Señora do Socorro

Descoñecido

Escultura

Madeira policromada

55×36×23

XIX

Museo

101.

San Xoán

Descoñecido

Escultura

Madeira policromada

186×70x 40

XX

Museo

102.

Bautismo de Cristo

J. Ferreiro

Escultura

27,5×22

XVIII

Museo

103.

Epifanía

Obradoiro inglés

Escultura

Alabastro policromado

37×25×6,5

XV

Museo

104.

Caixa

Descoñecido

Ourivaría

Prata

1,5×3,6×8,8

XIX

Museo

105.

Cruz de altar

Descoñecido

Ourivaría

Prata dourada, cristal de roca e madeira dourada

55,5×25

(cruz 33,3×25)

XVI

Composta: XIX

Museo

106.

Cruz de altar

A. Campos Guevara

Ourivaría

Prata, prata dourada, latón e madeira

77×37,5

(cruz 22,5×21,2)

XVII

Museo

107.

Cruz procesional

Descoñecido

Ourivaría

Prata e prata dourada

58×38

Nudo: XVII

Cruz: XVIII

Museo

108.

Cruz de guión

Descoñecido

Ourivaría

Prata

37×17

XVIII

Museo

109.

Cruz de altar

Descoñecido

Ourivaría

Prata e prata dourada

64,5×22

1772

Museo

110.

Cruz relicario

L.F París

Ourivaría

Broce dourado e cristal

42×18

XVIII

Museo

111.

Custodia

Salamanca (?)

Ourivaría

Prata dourada

53×27,5 (sol)×20

1716

Museo

112.

Custodia

M.García Crespo (?)

Ourivaría

Prata e prata dourada

71×33 (sol)×22,5

XVIII

Museo

113.

Custodia

D. A. de Castro

(Ferrol)

Ourivaría

Prata, prata dourada e pedra ornamental

70×31 (sol)×23

XIX

Museo

114.

Custodia

Santiago de C. (?)

Ourivaría

Prata e prata dourada

67×30 (sol)×21

XIX

Museo

115.

Custodia

E. Rey Villaverde

Ourivaría

Prata e prata dourada

53,5×24,5

1894

Museo

116.

Hostiario

Santiago de C.

Ourivaría

Prata

4,5×13,8

XIX

Museo

117.

Relicario

Santiago de C.

Ourivaría

Prata, cristal de roca e esmaltes

26×12

1718

Museo

118.

Relicario

Santiago de C.

Ourivaría

Prata dourada

23×9,5×9,3

1738

Museo

119.

Relicario

Descoñecido

Ourivaría

Prata

31×16,2 (sol)×10,5

XVIII

Museo

120.

Relicario

Descoñecido

Ourivaría

Prata

14×4,5

XVIII

Museo

121.

Relicario

A. Piedra y Rodríguez

(Santiago de C.)

Ourivaría

Prata

27,5×11,5 (sol)×9,5

XVIII

Museo

122.

Relicario

Descoñecido

Ourivaría

Prata

15×7,4 (sol)×4,6

XIX

Museo

123.

Relicario

Descoñecido

Ourivaría

Prata e cristal

21,5×12,5

XIX

Museo

124.

Relicario

Descoñecido

Ourivaría

Latón e cristal

45,5×12,8×6

XIX

Museo

125.

Casula

Española

Indumentaria

-

XVI

Museo

126.

Casula

Española

Indumentaria

-

XVI

Museo

127.

San Martiño partindo a capa co pobre

F. Leiro

Escultura

Madeira

policromada

1991

Oratorio San Filipe Neri

128.

Reixas de portas exteriores

Descoñecido

Forxa

Ferro fundido

86×230

XVIII

Oratorio San Filipe Neri

129.

Sagrario

Descoñecido

Escultura

Madeira e marfil

130×76×33

XX

Oratorio. claustro oficinas

130.

Divina Pastora

M. Magariños

Escultura

Madeira policromada

1910

XX

Oratorio. claustro oficinas

131.

Restos arqueolóxicos

Material

arquitectónico

Granito

Variadas

XVI

Parede N.

mosteiro

132.

Restos arqueolóxicos

Material

arquitectónico

Granito

Variadas

XVI

Paredes ITC

133.

Restos arqueolóxicos

Material

arquitectónico

Granito

Variadas

XVI

Paredes ITC

134.

Cruz

M. Paz

Escultura

Granito

2010

XXI

Portaría

135.

A morte de San Xosé

Flamenga

Pintura

Óleo sobre lenzo

109×140

XVIII

Sancristía

136.

O obradoiro de Nazaret

Anónimo

Pintura

Óleo sobre lenzo

77×99,5

XVIII

Sancristía

137.

A fuxida a Exipto

Anónimo

Pintura

Óleo sobre lenzo

77×100

XVIII

Sancristía

138.

A dúbida de San Xosé

Anónimo

Pintura

Óleo sobre lenzo

77×99,5

XVIII

Sancristía

139.

Os desposorios da Virxe

Anónimo

Pintura

Óleo sobre lenzo

77×99,5

XVIII

Sancristía

140.

Santo Apóstolo

P. A. Vidal

Pintura

Óleo sobre táboa

27,5×22

XIX

Sancristía

141.

Virxe

P. A. Vidal

Pintura

Óleo sobre táboa

27,5×22

XIX

Sancristía

142.

Santo Apóstolo

P. A. Vidal

Pintura

Óleo sobre táboa

27,5×22

XIX

Sancristía

143.

Santo Apóstolo

P. A. Vidal

Pintura

Óleo sobre táboa

27,5×22

XIX

Sancristía

144.

Santo Apóstolo

P. A. Vidal

Pintura

Óleo sobre táboa

27,5×22

XIX

Sancristía

145.

Virxe

P. A. Vidal

Pintura

Óleo sobre táboa

27,5×22

XIX

Sancristía

146.

Santo Apóstolo

P. A. Vidal

Pintura

Óleo sobre táboa

27,5×22

XIX

Sancristía

147.

A súplica de Marcodoqueo a Ester para que interveña fronte a Asuero para impedir a matanza dos xudeus (4)

Flamenga

Pintura

Óleo sobre cobre

52,5×70

XVII

Sancristía

148.

O xuízo de Salomón (4)

Flamenga

Pintura

Óleo sobre cobre

52,5×70

XVII

Sancristía

149.

A caída do maná (4)

Flamenga

Pintura

Óleo sobre cobre

52,5×70

XVII

Sancristía

150.

A crucifixión (4)

Flamenga

Pintura

Óleo sobre cobre

37×45

XVII

Sancristía

151.

Ecce Homo (4)

Flamenga

Pintura

Óleo sobre cobre

52,5×70

XVII

Sancristía

152.

Cristo ante Herodes (4)

Flamenga

Pintura

Óleo sobre cobre

37×45

XVII

Sancristía

153.

Prendemento de Xesús en Getsemaní (4)

Flamenga

Pintura

Óleo sobre cobre

37×45

XVII

Sancristía

154.

A entrada de Xesús en Xerusalén (4)

Flamenga

Pintura

Óleo sobre cobre

52,5×70

XVII

Sancristía

155.

A Sagrada Familia con San Xoán (4)

Flamenga

Pintura

Óleo sobre cobre

37×45

XVII

Sancristía

156.

A matanza dos inocentes (4)

Flamenga

Pintura

Óleo sobre cobre

52,5×70

XVII

Sancristía

157.

Circuncisión (4)

Flamenga

Pintura

Óleo sobre cobre

37×45

XVII

Sancristía

158.

Epifanía (4)

Flamenga

Pintura

Óleo sobre cobre

37×45

XVII

Sancristía

159.

A adoración dos pastores (4)

Flamenga

Pintura

Óleo sobre cobre

37×45

XVII

Sancristía

160.

A adoración dos pastores (4)

Flamenga

Pintura

Óleo sobre cobre

52,5×70

XVII

Sancristía

161.

Visitación (4)

Flamenga

Pintura

Óleo sobre cobre

37×45

XVII

Sancristía

162.

Apoteose de San Bieito

Anónimo

Pintura

Óleo sobre lenzo

275×193

XVIII

Sancristía

163.

Apoteose de Santa Escolástica

Anónimo

Pintura

Óleo sobre lenzo

164×193

XVIII

Sancristía

164.

Santa Helena

Anónimo

Pintura

Óleo sobre lenzo

274×193,4

XVIII

Sancristía

165.

Evanxelista San Xoán (2)

J. Ferreiro/P. Caamiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Sancristía

166.

Evanxelista San Mateo (2)

J. Ferreiro/P. Caamiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Sancristía

167.

Evanxelista San Marcos (2)

J. Ferreiro/P. Caamiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Sancristía

168.

Evanxelista San Lucas (2)

J. Ferreiro/P. Caamiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Sancristía

169.

Fe (2)

J. Ferreiro/P. Caamiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Sancristía

170.

Esperanza (2)

J. Ferreiro/P. Caamiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Sancristía

171.

Caridade (2)

J. Ferreiro/P. Caamiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Sancristía

172.

Fortaleza (2)

J. Ferreiro/P. Caamiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Sancristía

173.

Xustiza (2)

J. Ferreiro/P. Caamiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Sancristía

174.

Temperanza (2)

J. Ferreiro/P. Caamiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Sancristía

175.

Prudencia (2)

J. Ferreiro/P. Caamiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Sancristía

176.

San Tomé de Aquino

Descoñecido

Escultura

Madeira

60×120

XVII

Sancristía capela seminario

177.

Calvario

Descoñecido

Escultura

Madeira

90×35

XVIII

Sancristía capela seminario

178.

Terceira caída ao pé do calvario

M. Landeira Bolaño

Pintura

Óleo sobre táboa

268×141

1768-1772 ?

Statio

179.

Escudo da congregación de San Bieito de Valladolid

M. Landeira Bolaño

Pintura

Óleo sobre táboa

256×125

1768-1772

Statio

180.

Igrexa triunfante

M. Landeira Bolaño

Pintura

Óleo sobre táboa

256×125

1768-1772

Statio

181.

Reliquia de San Clemente

Descoñecido

Escultura

Cera policromada

180×75×40

XVIII

Statio

182.

Anxos portando Arma Christi (2)

J. Ferreiro/P. Caamiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Statio

183.

Anxos portando Arma Christi (2)

J. Ferreiro/P. Caamiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Statio

184.

Anxos portando Arma Christi (2)

J. Ferreiro/P. Caamiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Statio

185.

Anxos portando Arma Christi (2)

J. Ferreiro/P. Caamiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Statio

186.

Anxos portando Arma Christi (2)

J. Ferreiro/P. Caamiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Statio

187.

Anxos portando Arma Christi (2)

J. Ferreiro/P. Caamiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Statio

188.

Anxos portando Arma Christi (2)

J. Ferreiro/P. Caamiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Statio

189.

Anxos portando Arma Christi (2)

J. Ferreiro/P. Caamiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Statio

190.

Anxos portando Arma Christi (2)

J. Ferreiro/P. Caamiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Statio

191.

Anxos portando Arma Christi (2)

J. Ferreiro/P. Caamiña

Escultura

Madeira

policromada

-

1772

Statio

192.

Sen título

I. Basallo

Escultura

Madeira

policromada

1990-1991

Tullas

(1)

Os elementos sinalados forman parte dun conxunto de calvario procedente da antesanscristía ou Statio

(2)

Elementos procedentes do antigo monumento do Xoves Santo

(3)

Via crucis da igrexa

(4)

Procedentes da gabeteira da sancristía

ANEXO IV

Plan director de conservación do monumento

Segundo o previsto no artigo 22.2.f) da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia, a declaración de ben de interese cultural poderá incorporar as eventuais directrices para posteriores intervencións nos bens inmobles.

Dada a complexidade e a dimensión do monumento, así como a súa posición no conxunto histórico e a relación mutua con outros monumentos e o tecido urbano, estímase que, tal e como prevé o artigo 90.2.a) da Lei 5/2016, para a definición destas intervencións será precisa a redacción dun plan director de conservación, previsto para os monumentos de maior tamaño e de maior complexidade e singularidade.

Este plan director deberá incluír, ademais dos documentos descritivos e inventarios polo miúdo de todas as partes integrantes, a prioridade e xerarquización das intervencións de conservación e restauración necesarias e as actividades de investigación e valorización do monumento, así como a posibilidade e viabilidade de manter os usos existentes e incorporar outros novos.

As determinacións do plan director, que deberá ser sometido á autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, poderá incluír previsións ou determinacións diferentes das que estableza o planeamento vixente.

Neste aspecto cómpre indicar que o artigo 35.5 da Lei 5/2016, establece que a declaración de interese cultural obrigará o Concello a incorporalo ao seu planeamento urbanístico xeral e a establecer as determinacións específicas para o seu réxime de protección e conservación.

O artigo 90 devandito, nos seus números 4 e 5, establece que mentres non se desenvolva o plan director só será posible realizar actuacións de investigación, de mantemento ou parciais de conservación, de consolidación, de restauración ou de reestruturación puntual co obxecto de adecuación funcional para potenciar os usos existentes e mellorar as condicións de seguridade funcional, accesibilidade e salubridade que non precisen da rehabilitación integral do monumento, e non se autorizarán obras de ampliación ou rehabilitación de carácter integral se non consta a autorización previa do documento.

ANEXO V

Réxime de protección e salvagarda provisional

Réxime xeral.

A incoación para declarar ben de interese cultural como monumento do mosteiro de San Martiño Pinario, na praza da Inmaculada no concello de Santiago de Compostela, determinará a aplicación inmediata, aínda que provisional, do réxime de protección previsto na presente lei para os bens xa declarados, segundo o artigo 17.4 e 17.5 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (LPCG) e complementariamente co establecido na Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español (LPHE).

Natureza, categoría e nivel de protección.

• Natureza: ben inmoble.

• Categoría: monumento.

• Patrimonio específico: patrimonio arquitectónico.

• Tipoloxía: arquitectura relixiosa.

• Outros intereses: artístico, histórico, arqueolóxico, científico e técnico, documental, bibliográfico e museolóxico.

• Nivel de protección: integral.

Dereitos e obrigas.

• Autorización: as intervencións que se pretendan realizar no ben ou no seu contorno de protección terán que ser autorizadas pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, coas excepcións que se establecen na Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. Tamén será precisa a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para as intervencións sobre os bens mobles catalogados e as partes integrantes do inmoble.

• Conservación: as persoas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e, en xeral, as titulares de dereitos reais sobre o inmoble están obrigadas a conservalos, mantelos e custodialos debidamente e a evitar a súa perda, destrución ou deterioración.

• Acceso: as persoas físicas e xurídicas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e demais titulares de dereitos reais están obrigadas a permitir o acceso ao persoal habilitado para a función inspectora nos termos previstos no capítulo I do título X; ao persoal investigador acreditado pola Administración e ao persoal técnico designado pola Administración para a realización dos informes necesarios.

• Comunicación: as persoas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e, en xeral, os titulares de dereitos reais están obrigadas a comunicar á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural calquera dano ou prexuízo que sufrisen e que afecte de forma significativa o seu valor cultural.

• Visita pública: as persoas propietarias, posuidoras, arrendatarias e, en xeral, titulares de dereitos reais sobre o ben permitirán a súa visita pública gratuíta un número mínimo de catro días ao mes durante, polo menos, catro horas ao día, que serán definidos previamente.

• Tanteo e retracto: calquera pretensión de transmisión onerosa da propiedade ou de calquera dereito real de desfrute dos bens de interese cultural deberá ser notificada, de forma que faga fe á consellería competente en materia de patrimonio cultural con indicación do prezo e das condicións en que se propoña realizar aquela.

En todo caso, na comunicación da transmisión deberá acreditarse tamén a identidade da persoa adquirente.

• Uso: en calquera caso a protección do ben implica que as intervencións que se pretenda realizar terán que ser autorizadas pola consellería competente en materia de patrimonio cultural e que a súa utilización quedará subordinada a que non se poñan en perigo os valores que aconsellan a súa protección.

• Traslado de bens mobles: quen promova o traslado de bens mobles catalogados deberá realizar unha comunicación previa á consellaría competente en materia de patrimonio cultural. A comunicación conterá a información relativa á orixe e ao destino dos bens mobles catalogados e ao motivo e tempo de desprazamento, así como ás condicións de conservación, seguridade, transporte e aseguramento.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural poderá ditar en calquera momento as instrucións precisas para garantir a salvagarda do ben no seu traslado e localización e adoptará as medidas necesarias para paralizar o seu desprazamento cando se aprecie a existencia de riscos para a súa conservación e protección.

• Exportación de bens mobles: así mesmo, a súa protección está sometida ao que se establece nos artigos 5 e 6 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español en materia de exportación.

missing image file
missing image file