Advertido erro na devandita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia nº 177, do 18 de setembro de 2019, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 40511 no anexo, onde di:
«Resolución do 4 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo polo que se aproba o acordo de xubilación obrigatoria para o persoal de administración e servizos laboral fixo da Universidade de Santiago de Compostela».
«Visto o texto do acordo polo que se aproba o acordo de xubilación obrigatoria para o persoal de administración e servizos laboral fixo da Universidade de Santiago de Compostela».
Debe dicir:
«Resolución do 4 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo polo que se aproba o acordo de xubilación obrigatoria do persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Santiago de Compostela».
«Visto o texto do acordo polo que se aproba o acordo de xubilación obrigatoria para o persoal de administración e servizos da Universidade de Santiago de Compostela».