Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 5 de novembro de 2019 Páx. 47534

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

O tribunal nomeado pola Orde do 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 48, do 8 de marzo), modificado polas ordes do 12 de marzo de 2019 (DOG núm. 51, do 13 de marzo) e do 14 de marzo (DOG núm. 53, do 15 de marzo), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Publicar, de conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, e logo de efectuar a corrección, a cualificación dos aspirantes convocados ao terceiro exercicio do proceso selectivo.

Apelidos e nome

NIF

Cualificación

Campos Segura, María Carmen

***9213***

Apta

Luque Romero, Elisabet Ana

***2108***

Apta

Muñoz Quintana, Francisco Nicolás

***2480***

Apto

Sánchez López, Eva

***7741***

Apta

Para estes efectos tivéronse en conta os criterios de corrección, valoración e superación do terceiro exercicio aprobados polo tribunal o 9 de outubro de 2019, en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio, publicados no portal web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.gal) e que establecen:

– Que superarán o terceiro exercicio do proceso selectivo e obterán así a cualificación de apto os aspirantes que respondan correctamente un mínimo de quince (15) preguntas válidas (logo de facer as deducións por respostas incorrectas).

– Que as preguntas non contestadas non penalizarán nin recibirán puntuación.

Segundo. Publicar as cualificacións obtidas polos aspirantes presentados ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, no lugar onde se realizou a proba e no portal web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.gal).

De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Segundo o disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2019

Xosé Inacio Palomanes Rodríguez
Presidente do tribunal