Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 5 de novembro de 2019 Páx. 47533

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 29 de outubro de 2019 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

Mediante Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

E por Orde da Consellería de Facenda do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) procedeuse ao nomeamento do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo.

Por circunstancias sobrevidas, procédese á modificación da composición do dito tribunal cualificador, polo que esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia de Juan Morillo Fernández como presidente titular do dito tribunal e nomear no seu lugar a Javier Páez González, persoal funcionario do corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de telecomunicación.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda