Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Martes, 5 de novembro de 2019 Páx. 47592

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle do ámbito 03 do ARI de Vite. Zona 03A: rúa de Carlos Maside. Zona 03B: rúa dos Irmandiños.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 10 de abril de 2019, adoptou o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente o estudo de detalle do ámbito 03 do ARI de Vite (zona 03A: rúa de Carlos Maside; zona 03B: rúa dos Irmandiños), coas condicións sinaladas no citado acordo.

A aprobación definitiva do estudo de detalle supón a delimitación espacial do ámbito da actuación, para os efectos do disposto polo artigo 24 do Real decreto lexislativo 7/2015, que habilita a ocupación do dominio público e das superficies comúns de uso privativo para a instalación de ascensores ou outros elementos que aseguren a accesibilidade universal, así como para a realización de obras ou instalacións que reduzan a demanda enerxética.

Este acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia e a normativa e ordenanzas publicaranse no Boletín Oficial da provincia.

Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da Lei do solo de Galicia, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do Regulamento da Lei do solo de Galicia, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co 65.4 da mesma lei.

Con data do 16 de setembro de 2019, preséntase un documento refundido que recolle as cuestións sinaladas no acordo de aprobación definitiva.

Contra o acordo da aprobación definitiva do citado estudo de detalle poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2019

O alcalde
P.D. (DEC/4742/2019, do 17 de xuño)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica