Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 6 de novembro de 2019 Páx. 47753

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (813/2019).

No procedemento de referencia ditouse a resolución con encabezamento e decisión, do teor literal seguinte:

«Sentenza número 813/2019.

Sra. maxistrada xuíza, Laura Guede Gallego.

En Ourense, 2 de xullo de 2019.

Vistos os presentes autos nº 1286/2018 sobre petición de alimentos, garda e custodia promovidos pola procuradora Sra. Saco, en nome e representación de Estefanny Lisselot Robles, dirixida pola letrada Sra. Soto fronte a Julián Contreras Zabala, que foi declarado en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

Decido:

Acordo a adopción das seguintes medidas reguladores da garda e custodia das menores LJCR e LCR, así como a súa pensión de alimentos:

1. Atribúese a garda e custodia das menores á nai, sendo a patria potestade compartida por ambos os proxenitores.

2. Atribúese a Julián Contreras Zabala o seguinte réxime de visitas:

O pai poderá ter na súa compañía as menores un mes durante os períodos vacacionais de verán en dous períodos de quince días non consecutivos, mediando entre ambos os períodos cando menos quince días. O pai deberá entregar e recoller as menores no domicilio da nai, recolléndoas ás 10.00 horas do primeiro día e reintegrándoas ás 20.00 horas do último. Entendéndose que os proxenitores chegarán a un acordo, en defecto do cal decidirá a nai nos anos impares e o pai nos pares. O pai deberá gozar do citado réxime de visitas na cidade domicilio das menores sen desprazar a estas forá do país sen autorización expresa da nai. A nai poderá comunicarse nos períodos vacacionais coas fillas por calquera método telemático (teléfono, correo electrónico, videoconferencia, etc.) ou por correo, cando o estime conveniente, en horas oportunas ao normal e cotián desenvolvemento da vida das menores.

3. En concepto de alimentos a favor das fillas en común establécese a obrigación do pai de aboar, dentro dos cinco días hábiles de cada mes e na conta que designe a nai, a suma de 500 euros (250 euros por filla), que serán anualmente actualizados en función das variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa na data 1 de xaneiro. Así mesmo, establécese a obrigación de aboar o 50 % dos gastos de material escolar que se xeran anualmente no mes de setembro e o 50 % dos gastos extraordinarios diferenciando entre os necesarios (aqueles sanitarios e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social) e os non necesarios, sendo necesario o previo consentimento para estes últimos e non para os primeiros. Entenderase prestada a súa conformidade, se requirido un proxenitor polo outro, de forma fidedigna, é dicir, que conste sen dúbida a recepción do requirimento, deixa transcorrer o prazo de dez días hábiles sen facer manifestación ningunha. No requirimento que realice o proxenitor que pretenda facer o gasto, deberá detallar o gasto concreto que precise o fillo, e achegar orzamento no que figure o nome do profesional que o expida.

4. Autorízase expresamente á nai para que poida saír ao estranxeiro coas menores sen necesidade de autorización paterna, podendo igualmente empadroar noutro domicilio as menores e escolarizalas e solicitar todo tipo de axudas sociais (bolsas, axudas de comedor, axudas de libro, banco de libros, axudas de material escolar) nos centros educativos sen necesidade de autorización paterna.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal. Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que, contra a presente resolución, cabe interpoñer, no prazo de 20 días desde a notificación, recurso de apelación (arts. 457 e ss da LAC) ante este tribunal.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas, deixando testemuño suficiente en autos.

Así o acorda, manda e firma SSª Dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Julián Contreras Zabala, esténdese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 15 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza