Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Mércores, 6 de novembro de 2019 Páx. 47762

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 201/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 201/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Ares González contra Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Refojo y González, S.L., Campiñas de Laíño, S.A. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2019.

Parte dispositiva.

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor da executante Ana María Ares González fronte a Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Refojo y González, S.L., Campiñas de Laíño, S.A. e Fogasa, parte executada.

De conformidade co disposto no artigo 280 da LXS e conforme o solicitado na demanda executiva, pola letrada da Administración de xustiza sinalarase data para vista do incidente.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da/das infracción/s cometida/s na resolución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza letrada da Administración de xustiza.

Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2019.

Presentando a traballadora Ana María Ares González exixindo o cumprimento polo empresario Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Refojo y González, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., da obriga de readmisión, e despachándose auto de execución de 17.10.2019, de conformidade co artigo 283 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que tenten valerse, e fixo o próximo día 25.11.2019 ás 11.30 horas para a celebración da comparecencia na Sala de Audiencias número 1 deste xulgado, sita en rúa Berlín, s/n, Polígono das Fontiñas, coas advertencias legais e facéndolles saber que debe de asistir cos medios de proba de que tenten valerse.

De non asistir a traballadora ou persoa que lle represente, teráselle por desistido na súa solicitude; se non o fixese o empresario ou o seu representante, celebrarase o acto sen a súa presenza. Así mesmo, acordo a citación da executa Fidel Derivados Cárnicos, S.L., por medio de edictos.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fidel Derivados Cárnicos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza