Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 11 de novembro de 2019 Páx. 48337

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2019 pola que se modifica a Resolución do 6 de setembro do 2019 (Diario Oficial de Galicia número 198, do 17 de outubro) como consecuencia da renuncia á axuda dunha entidade.

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 11 da Orde do 12 de xuño de 2019 (DOG núm. 121, do 27 de xuño) pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de carácter sociosanitario, así como no artigo 14.6 da dita orde, no cal se establece o procedemento que cómpre seguir no caso de renuncia da subvención dalgunha das beneficiarias, publícanse as modificacións de axudas concedidas en virtude da dita orde.

Crédito orzamentario inicial: 478.000 €.

Para o ano 2019, 239.000 € con cargo á aplicación 5001.413A.481.21, co código de proxecto 201400027, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.

Para o ano 2020, 239.000 € con cargo á aplicación 5001.413A.481.21, co código de proxecto 201400027, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

No que se refire ás entidades que renuncian á axuda e aos novos beneficiarios, importes concedidos e finalidade da subvención: véxase o anexo.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2019

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Entidades que renuncian á subvención concedida na Resolución do 6 de setembro de 2019 (DOG núm. 198, do 17 de outubro)

Liña

Posto

Núm.

expediente

CIF

Entidade

Programa

Importe adxudicado (€)

B

12

SA803A-B5

G36925691

Asociación Gallega contra las Enfermedades Neuromusculares (Asem Galicia)

Programa de rehabilitación fisioterápica para persoas afectadas por enfermidades neuromusculares

14.867,99 €

Novas subvencións como consecuencia da renuncia

Liña

Posto

Núm.

expediente

CIF

Entidade

Programa

Importe adxudicado (€)

B

17

SA803A-B40

G36776920

Afaga Alzheimer

Programa de estimulación funcional para persoas con demencia

14.224,10 €

B

18

SA803A-B18

G27337278

Asociación de Dano Cerebral Sobrevido (Adace Lugo)

Autonomía persoal e recuperación funcional

5.312,35 €

B

19

SA803A-B37

G36105567

Asociación Bata (Baión, Asociación Tratamento do Autismo)

Programa de actividades para a mellora da inclusión social e visibilización das persoas cun trastorno do espectro autista grao 1/Asperger

2.995,98 €