Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 11 de novembro de 2019 Páx. 48339

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2019 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 9 de maio de 2019, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se adxudican as axudas da Orde do 31 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2019.

A Orde do 31 de decembro de 2018 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro de 2019), conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria a través da Axencia Galega de Innovación (en diante, Gain), establece as bases reguladoras e a convocatoria das axudas de apoio á etapa predoutoral en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.

A Resolución do 9 de maio de 2019 (DOG núm. 95, do 21 de maio) adxudica as axudas ás entidades que contraten as persoas seleccionadas para unha praza do Programa de apoio á etapa de predoutoral que se relacionan no seu anexo III.

O artigo 19 da orde de convocatoria establece que, no caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicala á Secretaría Xeral de Universidades ou á Gain (segundo sexa o caso), e que se poderá adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza antes do 31 de outubro de 2019. O dito artigo tamén indica que as renuncias soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da lista de espera da modalidade e do órgano instrutor en que se produzan; e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo restante de aproveitamento da axuda.

En consecuencia, atendendo ás renuncias recibidas na Gain,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada pola entidade beneficiaria das axudas de apoio á etapa predoutoral da modalidade A correspondente á persoa seleccionada que se relaciona no anexo I.

Segundo. Adxudicar a axuda á entidades e persoas candidatas da lista de agarda da modalidade A que se relaciona no anexo II.

Terceiro. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas entre as entidades alleas ao SUG, segundo a renuncia e a nova incorporación, tal como se indica na seguinte táboa:

Modalidade A: 7 axudas.

Aplicación orzamentaria

Entidades

Nº de axudas

Crédito (en euros)

2019

2020

2021

2022

Total

09.A3.561A.480.0

Fundación Biomédica Galicia Sur

1

0,00

28.500,00

24.500,00

24.500,00

77.500,00

09.A3.561A.480.0

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

3

32.570,82

87.500,00

73.500,00

40.929,18

234.500,00

09.A3.561A.480.0

Fundación Profesor Novoa Santos

2

21.713,88

59.000,00

49.000,00

27.286,12

157.000,00

09.A3.561A.403.0

Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC

1

10.856,94

28.500,00

24.500,00

13.643,06

77.500,00

Total

7

65.141,64

203.500,00

171.500,00

106.358,36

546.500,00

Cuarto. Actualizar a lista de espera da modalidade A, que se inclúe como anexo III, para determinar posibles substitucións.

Quinto. A data de comezo do novo contrato será o día 1 de novembro de 2019 e a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo restante de aproveitamento da axuda.

Sexto. A entidade beneficiaria deberá remitir un escrito de aceptación á Gain no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e vinculará a persoa seleccionada ao seu organismo mediante a formalización do correspondente contrato.

Sétimo. O artigo 15 da orde de convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e, así mesmo, serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presentase esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Presidencia da Gain e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 de la Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2019

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria
e presidente da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Renuncia á axuda concedida

Modalidade A.

Núm. exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Data de renuncia

IN606A-2019/027

Fundación Biomédica Galicia Sur

Ruiz

Arribas

Marta

***0664**

3

Non asinou o contrato

ANEXO II

Axuda da lista de espera concedida

Modalidade A.

Núm. exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Puntuación

IN606A-2019/022

Fundación Biomédica Galicia Sur

Freiría

Martínez

Luis

***8383**

2

Ciencias

ANEXO III

Lista de espera

Modalidade A.

Núm. exp.

Entidade

1º apelido

2º apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Puntuación

IN606A-2019/023

Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC

Saco

Beiroa

Amaro

***9349**

3

9,0106

IN606A-2019/024

Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC

Villena

Rodríguez

Andrea

***4575**

3

8,8287

IN606A-2019/011

Fundación Profesor Novoa Santos

Lorenzo

Gómez

Irene

***7004**

3

8,6139