A Axencia Galega de Innovación (Gain), dada a súa condición de organismo público de investigación tal e como recolle a Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, poderá contratar persoal investigador en réxime laboral mediante as modalidades contractuais recollidas na Lei 14/2011, do 1 de xuño, de ciencia, tecnoloxía e innovación.
Mediante a Resolución do 19 de xullo de 2019 (DOG núm. 141, do 26 de xullo), anunciouse a convocatoria de persoal investigador, conforme o establecido no Decreto 64/2016, do 26 de maio, polo que se regula o réxime de contratación de persoal investigador dotado cunha bolsa do ERC, no marco do programa para a xeración, captación, retención e recuperación de talento investigador en Galicia (programa Oportunius).
Finalizado o proceso de selección e de acordo co sinalado nos artigos 9 e seguintes da convocatoria, o órgano de selección elevou á Dirección da Axencia Galega de Innovación a proposta a favor do aspirante seleccionado.
Por todo iso, en virtude das atribucións do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, esta dirección
RESOLVE:
Primeiro. Contratar como persoal laboral da Axencia Galega de Innovación, na modalidade de investigador distinguido, a persoa que se indica no anexo.
Segundo. Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada perante a Presidencia da Axencia Galega de Innovación no prazo dun mes contado desde o seguinte ao da súa publicación.
Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2019
Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación
ANEXO
Dominio ERC de Ciencias da vida: Rubén Nogueiras Pozo (***4826**).