Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 11 de novembro de 2019 Páx. 48445

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de exposición pública (expediente FG número 568).

Mediante a Resolución da Alcaldía número 4527, do 30 de outubro de 2019, acordouse aprobar inicialmente a modificación do estudo de detalle da parcela R-5 do SUP-3R, en Perillo (documento R.E. nº 12853, do 30.7.2019).

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 4 de novembro de 2019

Ángel García Seoane
Alcalde presidente