Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Luns, 11 de novembro de 2019 Páx. 48446

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO de exposición pública do acordo de aprobación inicial do proxecto de expropiación urbanística polo procedemento de taxación conxunta.

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, comunícase que o Concello de Tomiño, en sesión plenaria do 31 de outubro de 2019, acordou aprobar inicialmente o proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta do inmoble con referencia catastral 8941002NG1484S0001SW, identificado no catálogo AC-007 co uso de equipamento sociocultural público e o resto da parcela como espazos libres e zonas verdes de sistema xeral, segundo a modificación puntual nº 8 do PXOM de Tomiño aprobada definitivamente o 5.12.2017.

Así mesmo, acordouse someter a información pública, por período dun mes, o referido proxecto, mediante a inserción de anuncios no taboleiro municipal, Diario Oficial de Galicia e nun xornal de maior circulación da provincia, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos, así como proceder á notificación individualizada con traslado literal da folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto, por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Nº de predio

Referencia catastral

Clasificación do solo

Superficie que se expropiará (m²)

Importe que se pagará (€)

Titular

DNI/NIF

1

8941002NG1484S0001SW

Urbano

434,00 m²

90.690,34

Abanca Corporación División Inmobiliaria, S.L.

B70193321

Tomiño, 4 de novembro de 2019

Sandra González Álvarez
Alcaldesa