Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 12 de novembro de 2019 Páx. 48480

III. Outras disposicións

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade á concesión dos premios de investigación sobre VIH e/ou outras infeccións de transmisión sexual (ITS) 2019.

Mediante a Resolución do 26 de setembro de 2019 (DOG núm. 192, do 9 de outubro), aprobáronse e publicáronse as bases reguladoras dos premios de investigación sobre VIH e/ou outras infeccións de transmisión sexual (ITS) 2019.

O xurado destes premios fixo unha revisión bibliográfica dos artigos que cumpren cos requisitos recollidos nas bases reguladoras, avaliándoos segundo os criterios de selección establecidos, tal como se recolle no artigo 8 das referidas bases.

O 31 de outubro, o xurado reuniuse para poñer en común a avaliación dos artigos científicos e propor, no acordo de concesión, as dúas persoas galardoadas.

Ese mesmo día recibiuse a aceptación expresa das persoas propostas e a acreditación da súa vinculación a un centro ou institución galega incluído no ámbito de aplicación destas bases no momento da elaboración do artigo.

As ditas bases establecían no artigo 10 que a persoa titular da presidencia da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (Acis) ditará a resolución do premio, que será inapelable, e que se fará pública a través do Diario Oficial de Galicia e das páxinas web do Servizo Galego de Saúde www.sergas.es e da Acis www.acis.sergas.gal

Crédito orzamentario: catro mil cincocentos euros (4.500,00 €) con cargo á aplicación orzamentaria 2019-12.A1-411A-480.00/Proxecto 201800003 dos orzamentos do ano 2019 da Acis:

a) Primeiro premio cunha dotación de tres mil euros (3.000,00 €).

b) Segundo premio cunha dotación de mil cincocentos euros (1.500,00 €).

No que se refire ás persoas investigadoras premiadas, véxase o anexo.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2019

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

ANEXO

Persoas premiadas

Núm.

Persoas autoras

Título do artigo

Centro ou institución galega

Importe do premio

Antonio Ocampo Hermida

Lipid changes and tolerability in a cohort of adult HIV-infected patients who switched to rilpivirine/emtricitabine/tenofovir due to intolerance to previous combination ART: The PRO-STR study

Consulta de VIH do Servizo de Medicina Interna. Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Servizo Galego de Saúde

3.000,00 €

María Jesús Purriños Hermida

Direct, indirect and total effectiveness of bivalent HPV vaccine in women in Galicia, Spain

Servizo de Epidemioloxía da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade

1.500,00 €