Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 13 de novembro de 2019 Páx. 48630

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 4 de novembro de 2019 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/19, convocados pola Orde do 20 de maio de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 29 de maio).

A Orde do 20 de maio de 2019 (DOG do 29 de maio) pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico, correspondentes ao curso 2018/19, establece no seu artigo 14.2 que a persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo tribunal á persoa titular da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez realizadas as probas, publicadas as puntuacións provisionais obtidas polas persoas candidatas no portal educativo https://www.edu.xunta.gal, resoltas as reclamacións presentadas, vista a acta do tribunal coa proposta definitiva de adxudicación dos premios extraordinarios e a proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/19 ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Esta orde de adxudicación dos premios poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional

ANEXO

Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/19

Sol.

Apelidos e nome

Cód. centro

Centro estudos

Importe

19001190

Alario Pastoriza, Emilia

36019268

IES Gonzalo Torrente Ballester

750 €

19001103

Castelo Gajino, Celtia

36006641

CPR Plurilingüe Calasancio

750 €

19001403

Comesaña González, Noa

36019050

IES de Beade

750 €

19001285

Cuíña Moreira, Lucía

36006717

IES Sánchez Cantón

750 €

19001490

Fernández Sánchez, Leopoldo

15015561

CPR Manuel Peleteiro

750 €

19001270

Ferrer Muñiz, Andrea

36020143

IES de Poio

750 €

19001493

Freire Arias, Mario

15015561

CPR Manuel Peleteiro

750 €

19001238

Gómez Lomba, Claudia

36019244

IES A Sangriña

750 €

19001440

González Fernández, Carmen

15025682

IES Fraga do Eume

750 €

19001218

Graña Lobeira, Xavier

36020246

IES Illa de Ons

750 €

19001500

Lamela Vázquez, Cristina

15015561

CPR Manuel Peleteiro

750 €

19001221

Lorenzo Poncela, Ariadna

36006717

IES Sánchez Cantón

750 €

19001336

Martínez García, Luis

32015207

IES O Couto

750 €

19001307

Otero Gómez, Ibai

36019396

IES Francisco Asorey

750 €

19001282

Penabad Garrote, Noelia

15010137

CPR Ayala

750 €

19001105

Rodríguez Viñas, Pedro

36011181

CPR Plurilingüe Mariano

750 €

19001268

Soto Rey, Rosalía

15025712

IES Antonio Fraguas Fraguas

750 €

19001291

Tuñas Carballo, Mariña

15027940

IES As Insuas

750 €

19001180

Vázquez Velasco, Adrián

32008951

IES Ramón Otero Pedrayo

750 €

19001264

Vidal Villalba, Pedro

15006432

CPR Tirso de Molina

750 €