Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 14 de novembro de 2019 Páx. 48821

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (14/2019).

Eu, María del Carmen Vázquez Rodríguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no presente procedemento XVB 14/2019, seguido por instancia da comunidade de propietarios do Edificio Magdalena 21-23 Milladoiro, fronte á herdanza xacente de Carlos Andrés Barraza Nogueira, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza nº 136/2019.

Xuízo verbal nº 14/2019.

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales.

Demandante: comunidade de propietarios do Edificio Magdalena 21-23 do Milladoiro (Ames).

Avogada: Sra. Estévez Sánchez.

Procurador: Sr. Belmonte Pose.

Demandado: herdanza xacente de Carlos Andrés Bazarra Nogueira (en rebeldía procesual).

Obxecto: reclamación de cotas comunitarias.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2019.

Resolución:

Estimo integramente a demanda presentada pola comunidade de propietarios do edificio Magdalena nº 21-23 do Milladoiro (Ames) contra a herdanza xacente de Carlos Andrés Bazarra Nogueira, e condeno a esta a aboar á demandante a cantidade de 1.407,12 euros, incrementada cos xuros legais devindicados desde a data de interposición da demanda. Todo isto con imposición de custas á herdanza xacente condenada.

Notifíquese esta resolución ás partes coa indicación de que é firme e que contra ela non se poderá interpor recurso de apelación ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, ao tratarse de xuízo verbal, por razón da contía, xa que esta non supera os 3.000 euros (artigo 455 da LAC).

Líbrese testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro da herdanza xacente de Carlos Andrés Bazarra Nogueira, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza