Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 14 de novembro de 2019 Páx. 48823

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Verín

EDICTO (F02 65/2018).

Neste órgano xudicial tramítase procedemento de familia, garda, custodia alimentos de fillo/as menor/es non matrimonial non consensuado 65/2018, seguido a instancia de Elisa María de Sousa Teixeira, contra Daniel Agostinho Pinto Luís, en situación de rebeldía procesual, sobre alimentos, garda e custodia de menores, nos cales se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Na vila de Verín o 24 de xullo de 2019.

Vistos por Purificación González López, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Verín e o seu partido, os presentes autos de procedemento de garda, custodia e alimentos 65/2018, seguido ante este xulgado por instancia de Elisa María de Sousa Teixeira, representada pola procuradora Sra. Taboada González e asistida pola letrada Florinda Fariñas Álvarez, fronte a Daniel Agostinho Pinto Luís, en situación procesual de rebeldía, sobre garda custodia e alimentos de fillos menores, coa intervención do Ministerio Fiscal.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta pola procuradora Sra. Taboada González en nome e representación de Elisa María de Sousa Teixeira fronte a Daniel Agostinho Pinto Luís, en situación procesual de rebeldía, e acordo as seguintes medidas:

1. Atribuír a garda e custodia dos fillos menores á nai Elisa María de Sousa Teixeira, sen prexuízo do exercicio conxunto da patria potestade para as decisións de interese extraordinario para os menores.

2. A fixación en concepto de alimentos aos menores a cargo do pai da cantidade de seiscentos euros mensuais (600 euros mensuais), que deberá facer efectiva por mensualidades anticipadas e dentro dos cinco primeiros días de cada mes, na conta designada pola nai. Así mesmo, o pai aboará o 50 % de todos os gastos extraordinarios que se produzan aos seus fillos e se reputen necesarios para a súa axeitada educación e saúde e non se encontren, neste último caso, cubertos polos correspondentes seguros médicos, así como os libros e material escolar dos menores. Non procede facer expresa imposición de custas».

E para que así conste e a súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Daniel Agostinho Pinto Luís, en ignorado paradoiro, expido, asino e selo o presente edicto.

Verín, 17 de outubro de 2019

A letrada da Administración de xustiza