Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 14 de novembro de 2019 Páx. 48870

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gondomar

ANUNCIO de información pública sobre o expediente de delimitación do ámbito do núcleo rural da Rochela nas parroquias de Vilaza e Chaín (expediente 1732/2018).

De conformidade co disposto no artigo 78.2a) da Lei do solo de Galicia, do 10 de febreiro, sometese a información pública o expediente de delimitación do ámbito do núcleo rural da Rochela nas parroquias de Vilaza e Chaín, deste termo municipal, subscrito pola arquitecta Delia Prado Figueroa e incoado por petición da concelleira de Urbanismo.

O expediente sométese a información pública polo prazo de dous meses, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá examinar no Negociado de Urbanismo do Departamento Municipal de Urbanismo e Medio Ambiente, das 8.30 ás 14.00 horas, e formular as alegacións e observacións que se consideren procedentes.

Gondomar, 29 de agosto de 2019

O alcalde
P.D. (Resolución do 5.7.2019)
Iria Lamas Salgueiro
Concelleira de Urbanismo